Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Noticias

Xornada Informativa "MARKETING NO TURISMO RURAL" 10/03/2010


Xornada Informativa "MARKETING NO TURISMO RURAL"
Dita xornada enmarcase no proxecto LugO2, cofinanciado con fondos europeos FEDER nun 70%, na actuación "Profesionalización do turismo rural medioambiental"
Na Casa da Cultura do Concello de Becerreá (Rúa Eulogio Rosón, s/n - Becerreá).
Data do evento: mércores, día 10 de marzo de 2010, ás 16:00 horas, a duración estimada da xornada é dunhas tres horas.
A participación nesta xornada é totalmente gratuita. Prégase a confirmación da asistencia a este curso, enviando un correo electrónico á dirección lugo2@deputacionlugo.org, co nome da empresa e dos asistentes que acudirán á mesma,  ou  chamando ó número de teléfono 982 26 00 46.

 

Co obxectivo de profesionalizar o turismo rural nos concellos, a Deputación de Lugo está a levar a cabo o proxecto de profesinalización do turismo rural, no marco do Proxecto europeo medioambiental LugO2, que busca potenciar o verdadeiro desenvolvemento do turismo rural dos municipios incluidos nos espazos naturais protexidos da nosa provincia.
Un dos obxectivos dese traballo é o fortalecemento e a consolidación do capital humano que integra aos axentes que participan nas actividades do turismo rural. Por iso celebrarase unha xornada formativa de "Marketing no Turismo Rural" no concello de Becerreá, na Casa da Cultura. Dita xornada está dirixida aos xestores de establecementos turísticos e a futuros profesionais do sector, estruturada en tres eixes ternáticos
1.       As novas tecnoloxías aplicadas ao turismo rural. Definiranse estratexias, ferramentas e mecanismos de promoción a través de novas tecnoloxías, susceptibles de sor aproveitadas por estas empresas turísticas para promoción.
2.       A valorización dos recursos enclóxenos do territorio como soporte promocional. Trataranse as diferentes estratexias de valorización e interpretación dos recursos naturais e patrimoniais dun territorio a través da presentación de mecanismos e ferramentas de difusión especificas para cada unhas das Reservas da Biosfera da provincia de Lugo.
3.       A xestión medioambiental como elemento diferencial de calidade. Exporanse unha serie de directrices de boas prácticas a realizar no sector hostaleiro así como os diferentes requisitos e características dos certificados de calidade, tanto turística como medioambiental.

 

files/lugo2_.png  

Servizos

Novas Destacadas
Volver    
[Xunta de Galicia]