Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Noticias

Vacinación Antirrábica e de Desparasitación 2010


BANDO
Don Manuel Martínez Núñez, Alcalde-Presidente do Concello de Becerreá.
FAI SABER:
Que o Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo, vai proceder a facer unha Campaña Voluntaria de Vacinación Antirrábica e de Desparasitación contra o quiste hidatídico, neste termo municipal.
A campaña de vacinación farase casa por casa, toda vez que está prohibida a concentración de cans.
A OMS (Organización Mundial da Saúde) promove a organización de continuas campañas masivas de vacinación de cans.
Igualmente, co motivo da publicación no DOG (n° 92, 14-05-08) do Decreto 94/2008, polo que se establece o pasaporte e cartilla sanitaria para os cans, gatos e furóns na Comunidade Autónoma de Galicia, comunícase a tódolos interesados que as cartillas emitidas con anterioridade á entrada en vigor deste Decreto manterán a súa validez ata a súa perda ou deterioración, ou ata que o animal vaia desprazarse a outro estado membro da Unión Europea, tendo que ser substituídas nestes casos polo modelo de pasaporte aprobado.
No caso de que o animal NON TEÑA CARTILLA SANITARIA, e teña que ser vacinado oul desparasitado, necesitará a expedición dun pasaporte, para o cal debe estar identificado cun microchip. SE O ANIMAL XA TEN POSTO O MICROCHIP os veterinarios so lle expedirán o pasaporte pero SE NON ESTÁ IDENTIFICADO terán que poñerlle o microchip e expedirlle o pasaporte.
Os prezos dos servizos indicados a continuación NON SON A SUMA TOTAL do que os veterinarios lles van a cobrar aos propietarios dos cans (depende das necesidades de cada animal en concreto):
-    Vacina rabia e tratamento antiparasitario contra a hidatidose: 15 €
-    Emisión nova cartilla-pasaporte: 2 €
-    Implantación do microchip con crédito Alta Regiac: 33 €
-    Expedición crédito Regiac Cambio Titularidade: 10 €
-    Expedición crédito Regiac para microchip asumido: 15 €
-    Certificado Veterinario Oficial segundo normativa de cans potencialmente perigosos: 30 €
O calendario de vacinación será o seguinte: 
- 20 XULLO: BECERREÁ, OUSELLE. 
- 21 XULLO: LIBER, VILACHÁ, PANDO. 
- 22 XULLO: VILAMANE, QUINTÁ DE CANCELADA, SEVANE. 
- 23 XULLO: CRUZUL, AGÜEIRA, OUSÓN. 
- 26 XULLO: FURCO. 
- 27 XULLO: FONTARÓN, O CEREIXAL, PENAMAIOR, CASCALLÁ, CADOALLA.
- 28 XULLO: VILOUTA, TORTES, FERREIROS DE VALBOA, ARMESTO.
- 29 XULLO: GUILFREI. 
Todos aqueles que non estén na lista de anos anteriores e desexen vacunar este ano, póñanse en contacto coas veterinarias:
MARÍA: 655 77 84 79
MONTSE: 699 21 10 18
O que faise público para xeral coñecemento.
Becerreá, 9 de xullo de 2010.
O Alcalde-Presidente,

 

 

POR SEGURIDADE: FÁGASE  USO DO BOZO

 

 

files/veterinarios_bcr_.jpg  

Servizos

Novas Destacadas
Volver    
[Xunta de Galicia]