Noticias
Vacinación Antirrábica 2009
Don Manuel Martínez Núñez, Alcalde-Presidente do Concello de Becerreá.
FAI SABER:
Que o Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo, vai proceder a facer unha Campaña Voluntaria de Vacinación Antirrábica e de Desparasitación contra o quiste hidatídico, neste termo municipal.
A campaña de vacinación farase casa por casa, toda vez que está prohibida a concentración de cans.
A OMS (Organización Mundial da Saúde) promove a organización de continuas campañas masivas de vacinación de caus.
Igualmente, co motivo da publicación no DOG (n° 92, 14-05-08) do Decreto 94/2008, polo que se establece o pasaporte e cartilla sanitaria para os cans, gatos e furóns na Comunidade Autónoma de Galicia, comunícase a tódolos interesados que as cartillas emitidas con anterioridade á entrada en vigor deste Decreto manterán a súa validez ata a súa perda ou deterioración, ou ata que o animal vaia desprazarse a outro estado membro da Unión Europea, tendo que ser substituídas nestes casos polo modelo de pasaporte aprobado.
No caso de que o animal NON TEÑA CARTILLA SANITARIA, e teña que ser vacinado oul desparasitado, necesitará a expedición dun pasaporte, para o cal debe estar identificado cun microchip. SE O ANIMAL XA TEN POSTO O MICROCHIP os veterinarios so lle expedirán o pasaporte pero SE NON ESTÁ IDENTIFICADO terán que poñerlle o microchip e expedirlle o pasaporte.
Os prezos destes servizos son:
- Vacina rabia e tratamento antiparasitario contra a hidatidose: 15€
- Emisión nova cartilla-pasaporte: 2€
- Implantación do microchip con crédito Alta Regiac: 33€
- Expedición crédito Regiac Cambio Titularidade: 10€
- Expedición crédito Regiac para microchip asumido: 15€
- Certificado Veterinario Oficial segundo normativa de cans potencialmente perigosos: 30€
O calendario de vacinación será o seguinte:
- LUNS, 6 XULLO: BECERREÁ, OUSELLE, LIBER.
- MARTES, 7 XULLO: VILACHÁ, VEIGA, PANDO.
- MÉRCORES, 8 XULLO: VILAMANE, SEVANE, QUINTÁ DE CANCELADA.
- XOVES, 9 XULLO: AGÜEIRA, CRUZUL,GUILLÉN, MORCELLE, OUSÓN.
- VERNES, 10 XULLO: FURCO.
- LUNS, 13 XULLO: PENAMAIOR, CASCALLÁ, CADOALLA, O CEREIXAL E FONTARÓN.
- MARTES, 14 XULLO: FERREIROS DE VALBOA, TORTES, ARMESTO, VILOUTA
- MÉRCORES, 15 XULLO: GUILFREI.
POR SEGURIDADE: FÁGASE USO DO BOZO.
Teléfono das Veterinarias:
MARÍA-655 77 84 79
MONTSE- 699 21 10 18
O que faise público para xeral coñecemento.
Becerreá, 29 de xuño de 2009.
O Alcalde-Presidente,
|