Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Noticias

TELEVISIÓN DIXITAL TERRESTRE (TDT)


O repetidor do Cereixal xa envía o sinal de TDT ao 80% do municipio de Becerreá, polo que, os veciños que o desexen xa poden sintonizar nos seus receptores ata vinte e cinco canais.

O repetidor do Cereixal empezou a reenviar o sinal dixital o pasado xoves. Ata o momento, a emisión está en probas, polo que poden rexistrarse problemas puntuais.

Os veciños que reciben o sinal desde este repetidor xa poden sintonizar as novas canles.

O Concello de Becerreá xestionou coa Consellería de Presidencia a cobertura de TDT. Nestes momentos estase estudando o modo de dar servizo ás zonas que aínda non reciben o sinal. Será necesario habilitar reemisores secundarios para asegurar a cobertura do cento por cento da poboación.

 

¿Que é a TDT?

A Televisión Dixital Terrestre (TDT) é o resultado da aplicación da tecnoloxía dixital ao sinal de televisión, para logo transmitila por medio de ondas hercianas terrestres, é dicir, aquelas que se transmiten pola atmosfera sen necesidade de cable ou satélite e recíbense por medio de antenas UHF convencionais.

O estándar utilizado en España para a transmisión de TDT, do mesmo xeito que en máis de 110 países ao longo do mundo, entre os que se atopan todos os da Unión Europea, é o DVB-T (Dixital Vídeo Broadcasting - Terrestrial).

DVB-T utiliza a modulación COFDM a cal ofrece un sinal robusta así como tamén proporciona protección contra os ecos producidos polos múltiples camiños que toma o sinal na súa propagación, permitindo reutilizar as mesmas frecuencias en antenas veciñas.

A TDT está chamada a substituír, debido ás súas múltiples vantaxes, á Televisión Analóxica Terrestre, que é a que se estivo recibindo ata agora na maioría dos fogares españois. Isto producirase tras a data de cesamento das emisións en tecnoloxía analóxica, fixada en España o 3 de abril de 2010.

Vantaxes da Televisión Dixital

Estas son algunhas das vantaxes da Televisión Dixital fronte á Analóxica:

- Máis canles.

- Mellor calidade de imaxe e son.

- Máis servizos.

¿Que se necesita para poder recibir a TDT?

Para recibir a TDT en casa hai que seguir estes tres sinxelos pasos:

1. Comprobar se xa ten cobertura na súa zona.

A cobertura da TDT vaise a ir incrementando progresivamente ata alcanzar, antes do cesamento das emisións analóxicas do 3 de abril de 2010, os obxectivos fixados no Plan Técnico Nacional da Televisión Dixital Terrestre, aprobado por Real Decreto 944/2005 de 29 de xullo, e que se corresponden co 96% da poboación española para as cadeas privadas e o 98% para as públicas.

Para comprobar se a súa localidade xa dispón de cobertura TDT pode consultar o apartado correspondente da nosa páxina web ou consultar a un instalador de telecomunicacións autorizado da súa zona.

2. Adaptar a antena xa sexa individual ou colectiva.

Para recibir o sinal da TDT pode seguir utilizando a antena UHF convencional, individual ou colectiva, que viña utilizando para recibir a televisión analóxica terrestre. Con todo, é necesario realizar unha serie de adaptacións na súa instalación, que deben ser realizadas por un instalador de telecomunicacións autorizado. As modificacións a realizar dependerán do estado da mesma. Polo xeral estas consistirán na instalación duns módulos amplificadores de sinal para as frecuencias da TDT.

3. Dispor dun equipo receptor de TDT.

Este sintonizador permitiralle recibir o sinal dixital no seu fogar, xa sexa a través dun dispositivo externo conectado directamente ao seu televisor, ou ben a través dun televisor que dispoña dun receptor integrado.

Bando TDT

 

 

Servizos

Novas Destacadas
Volver    
[Xunta de Galicia]