Noticias
RAMPA DE ACCESO A GÓMEZ JIMÉNEZ Y PAVIMENTACIÓN ENTORNO IGLESIA

MEMORIA DA OBRA: "RAMPA DE ACCESO A GÓMEZ JIMÉNEZ Y PAVIMENTACIÓN ENTORNO IGLESIA PARROQUIAL DE BECERREÁ"
1.- OBXECTO DE PROXECTO.
A rúa Gómez Jiménez contaba cunha rampla existente, executada en formigón, de 1 m de anchura. Xunto á mesma existe unha escaleira tamén de formigón. Ampliouse a anchura da rampla, pavimentouse a escaleira e rellano de acceso con baldosa hidráulica e substituíuse a varanda existente, así como a recollida de augas pluviais procedentes da edificación situada á dereita da rampla e a pavimentación do tramo situado a continuación da mesma con aglomerado.
En canto á contorna da igrexa, o pavimento presentaba un estado moi deteriorado, polo que se procedeu á súa renovación, así como á substitución das rexillas existentes por outras de fundición.
2.- LOCALIZACIÓN DAS OBRAS.
As obras realizadas atópanse no Concello de Becerreá, concretamente a capitalidade municipal, na rúa Gómez Jiménez e contorna igrexa parroquial de Becerreá.
3.- DESCRICIÓN DAS OBRAS.
As unidades de obra que se executaron son as que a continuación se indican:
RAMPLA DE ACCESO A GÓMEZ JIMÉNEZ:
- Retirada de varanda existente e traslado a lugar de provisión indicada pola empresa promotora.
- Corte mecánico de firme, demolición de pavimento, apertura de gabia e colocación de condución para pluviais de PVC SN4 de 200 mm de diámetro.
- Demolición de tramo de escaleira de 50 cm de anchura para ampliación de rampla e demolición de rampla existente.
- Apertura de caixa para execución de nova rampla.
- Construción de arquetas de formigón en masa de 40x40 cm de superficie interior para conexión pluviais, segundo localización definida en plano de planta.
- Reposición de afirmado e pavimentación mediante 15 cm de zahorra artificial e 15 cm de formigón en rampla e zona de colocación de condución.
- Pavimentación de rellano e banzos con baldosa hidráulica modelo municipal.
- Colocación de varanda de aceiro inoxidable.
- Pavimentación calzada con 4 cm de aglomerado en quente tipo D-12.
- Adaptación de rexistros existentes á nova rasante de pavimento.
- Mestura bituminosa en quente, tipo S-12 para regularización, en capa de 2 cm de espesor medio, sobre rega de adherencia cunha dotación de 0,50 kg/m2 de ECR-2.
- Mestura bituminosa en quente, tipo D-1 2, en capa de 4 cm de espesor, sobre rega de adherencia cunha dotación de 0,50 kg/m2 de ECR-2.
- Adaptación de sumidoiros e rexistros á rasante de pavimento.
PAVIMENTACIÓN CONTORNA IGREXA PARROQUIAL DE BECERREÁ:
- Demolición de pavimento existente.
- Apertura de caixa e preparación da plataforma para aloxamento do firme.
- Afirmado e pavimentación mediante 10 cm de zahorra artificial, 12 cm de formigón e baldosa hidráulica modelo municipal.
- Substitución de rejilla existente en mal estado por rejilla de fundición, de 4 cm de espesor.
- Retirada e recolocación de bordillo existente en acceso a igrexa.
4.- RESUMO DE ORZAMENTOS.
O orzamento de execución material das obras ascende á cantidade de DEZASETE MIL CINCOCENTOS NOVENTA E TRES EUROS CON VINTE E CATRO CÉNTIMOS (17.593,24 €).
O orzamento de execución por contrata, resultante de aplicar ao de execución material as porcentaxes regulamentarias, arroxa a cantidade de VINTE E CATRO MIL DOUSCENTOS OITENTA E CINCO EUROS CON SETENTA CÉNTIMOS (24.285,70 €).
EXECUTÁRONSE OBRAS CORRESPONDENTES AO PROXECTO DE REFERENCIA:
RAMPLA DE ACCESO A GÓMEZ JIMÉNEZ........................................................5.433,22 €
PAVIMENTACIÓN CONTORNA IGREXA PARROQUIAL .....................................12.011,49 €
OBRAS ACCESORIAS....................................................................................148,53 €
Orzamento de Execución Material .............................................................17.593,24 €
13% de Gastos Xerais ..............................................................................2.287,12 €
6% de Beneficio Industrial ....................................................................... 1.055,59 €
Orzamento total de Execución ..................................................................20.935, 95 €
I.V.A.: 16% .............................................................................................3.349,75 €
Orzamento de Execución por contrata ........................................................24.285,70 €
5- FINANCIAMENTO: achega da Deputación Provincial de Lugo por acordo da Xunta de Goberno desa Deputación de data 30 de abril de 2010; 16.999,99 € e achega Municipal; 7.285,71 €).
|