Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Noticias

Publicacións no BOP-DOGA xaneiro-febreiro 2009


ANUNCIO DE ADXUDICACIÓN DEFINITIVA DE CONTRATO DE SERVIZOS

VIXIANCIA SANITARIA DAS AUGAS DE CONSUMO HUMANO DO CONCELLO DE BECERREÁ

En cumprimiento do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a adxudicación definitiva do contrato que a continuación se sinala:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Becerreá.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: De servizos.

b) Descripción do obxecto: "VIXIANCIA SANITARIA DAS AUGAS DE CONSUMO HUMANO DO CONCELLO DE BECERREÁ".

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, procedemento negociado sen publicidade, multiplicidade de criterios de adxudicación.

4. Tipo de licitación: 9.000 euros, máis 1.440 euros correspondentes ó IVE facendo un total de 10.440 euros IVE INCLUÍDO, polos catro anos de vixencia do contrato.

5. Adxudicación provisional: Acordo da Xunta de Goberno Local de data 30 de outubro de 2008.

6. Adxudicación definitiva: Acordo da Xunta de Goberno Local.

a) Data: 10 de decembro de 2008.

b) Contratista: AQUALIA GESTIÓN INTEGRAL DEL AGUA, S.A.

c) Nacionalidade: Española.

d) Importe de adxudicación: 9.000 euros, máis 1.440 euros correspondentes ó IVE facendo un total de 10.440 euros IVE INCLUÍDO, polos catro anos de vixencia do contrato e melloras.

e) Prazo de execución: Catro anos.

En Becerreá, 10 de decembro de 2008.- O Alcalde, ilexible.

Anuncio no BOP do 02/01/2009

Información pública

Elevado a definitivo, por non terse presentado reclamacións, e así dispoñelo o acordo plenario de data 30 de outubro de 2008 a medio da presente, publícase o devandito acordo en cumprimento do disposto nos artigos 49 e 70 da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.
"4.- Expediente de modificación da ordenanza reguladora do prezo público pola prestación de servizos e a realización de actividades do Centro Social de Becerreá.
Déuse conta da proposición da Alcaldía que resultou do seguinte tenor literal:
"Visto que o artigo 5 da ordenanza reguladora do prezo público pola prestación de servizos e actividades do Centro de Servizos Sociais Municipal relativo á cuantia das tarifas polo prezo público epigrafiado na redacción dada ó mesmo en virtude da modificación da ordenanza correspondente aprobada en sesión plenaria de data 29 de setembro de 1999, non tivo modificación dende a data de referencia, sendo que a programación de actividades que desenvolve o Centro sufriu unha importante ampliación, así como a necesidade de dotar de maior claridade ó texto, inclusive no referente á expresión das cuantías en euros e a conveniencia de diferenciar os usuarios en función do dato do empadroamento no Concello de Becerreá ou non, aconsellan a nova redacción da ordenanza de referencia e en concreto dos seguintes artigos: Artigo 1.- Concepto, Art. 2.- Obrigados ao pago e artigo 5.- Contía.
Tampouco podemos esquencer que conforme ó establecido no artigo 44 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais o importe dos prezos púbicos deberá cubrir como mínimo o custe do servizo prestado ou da actividade realizada, sendo que segundo os datos obrantes no negociado de contabilidade do Concello de Becerreá resulta que a actividade de ximnasia de mantemento no primeiro trimestre orixinou uns ingresos de 120,02 euros e uns gastos derivados do pago da correspondente factura de 850 euros. No mesmo trimestre o aerobic generou ingresos por valor de 165 euros e uns gastos de 969,81 euros e os bailes de salón 156,26 euros e uns gastos de 1.392, no segundo trimestre. O IPC acumulado dende o mes de xaneiro do 2000 ata a data actual acada un 35,01%, que aplicado ós prezos existentes supón un incremento de algo máis dun euro.
Visto o establecido no artigo 49 da Lei 7/1985 de 18 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local relativo ó procedemento de aprobación das ordenanzas locais PROPOÑO o Pleno do Concello a adopción do seguinte ACORDO:
PRIMEIRO: Aprobación da modificación da ordenanza reguladora do prezo público pola prestación de servizos e actividades do Centro de Servizos Sociais Municipal nos seguintes termos:
Artigo 1.- Concepto.
De conformidade co previsto no artigo 127, en relación co 41 ambos do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, este Concello establece o prezo público pola prestación de servizos e actividades do Centro Social de Becerreá, entendendo por tales, servizos, actividades, cursos, excursións e outros análogos. En todo o non previsto nesta ordenanza será de aplicación o disposto no Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e demáis disposicións aplicables á materia.
Art. 2.- Obrigados ao pago.
Están suxeitos ao pago dos prezos públicos establecidos e regulados na presente ordenanza as persoas físicas receptoras dos correspondentes servizos ou participantes nas actividades de que se trate.
Artigo 5.- Contía.
Os servizos, actividades, cursos ou excursións que se cofinanciarán mediante cobro dos prezos públicos regulados nesta ordenanza, serán os seguintes con arreglo á tarifa que se expresa:

SERVIZOS, ACTIVIDADES,
CURSOS OU EXCURSIÓNS
PREZO
Ximnasia de mantemento 5 euros/mes
Aerobic 5 euros/mes
Bailes de salón 5 euros/mes
Festas do Centro 3 euros/persoa
Excursións ás praias 4 euros/persoa

Para os usuarios do Centro que non estean empadronados no Concello de Becerreá, o importe das tarifas sufrirá un incremento do 100%.
A inclusión de novos servizos, actividades, cursos ou excursións ou outras actividades análogas a cofinanciar con prezos públicos, farase por acordo da Xunta de Goberno Local a proposta do Director/a do Centro de Servizos Sociais. Nese mesmo acordo se establecerá o prezo público que lle corresponda segundo a proposta do Director/a do Centro de Servizos Sociais formulada con base nos custes do servizo, actividade, curso, excursión ou análogos e a estimación de asistentes.
SEGUNDO.- Expoñer ó público o expediente polo prazo de trinta días hábiles, a efectos de exame e reclamacións de conformidade co establecido polo artigo 49 da Lei 7/1985 de 18 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.
TERCEIRO.- Que no suposto de non presentarse reclamacións se considerará definitivamente aprobada a ordenanza de referencia que entrará en vigor unha vez publicada integramente no BOP de Lugo."
Toma a palabra o señor Alcalde explicando os termos da proposición presentada.
Sen suscitarse debate, o asunto sométese a votación. O Pleno do Concello, en votación ordinaria e por unanimidade acorda aprobar a proposición epigrafiada resolvéndoa nos seus propios termos.
En Becerreá, a 22 de decembro de 2008.- O Alcalde, ilexible.

Anuncio no BOP do 07/01/2009

Información pública

Aprobados pola Xunta de Goberno Local de data 31 de decembro de 2008 os padróns que de seguido se relacionan, expóñense ao público polo prazo de quince días hábiles contados dende o seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia de Lugo:
- Taxa polo subministro de agua 4º trimestre/2008.
- Taxa pola recollida de lixo 4º trimestre/2008.
- Taxa por prestación do servizo de rede de sumidoiros e depuración 4º trimestre/2008.
Recurso: Contra o acordo da aprobación dos padróns poderá interporse recurso de reposición.
Prazo de presentación do recurso: Un mes contado dende o día inmediato seguinte ó do término do período de exposición ó público dos padróns.
Órgano ante o que se recorre: Xunta de Goberno Local do Concello de Becerreá.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formulen poderán interporse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción.
ANUNCIO DE COBRANZA .
Para o cobro dos mesmos, os recibos seranlles cargados nas contas bancarias respectivas, e fíxase como período de cobro voluntario o prazo de tres meses, contados a partir do período de exposición pública. Finalizado o exercicio pasarase o seu cobro pola vía de constrinximento, cos recargos previstos no artigo 28 da Lei 58/2003 de 17 de decembro, Lei Xeral Tributaria, a través de Servizo Provincial de Recadación da Deputación Provincial de Lugo.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ó público dos padróns e anuncio de cobranza, ten o carácter de notificación colectiva, ó amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria.
Becerreá, 2 de xaneiro de 2009.- O Alcalde, ilexible.

Anuncio no BOP do 19/01/2009

Anuncio.

No BOP de Lugo número 278, do 2 de decembro de 2008, publícanse integramente a convocatoria e as bases para a selección de persoal laboral fixo para un posto de traballo de director do Centro de Servizos Sociais do Concello de Becerreá mediante oposición libre, aprobadas por resolución da Alcaldía do 20 de novembro de 2008.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria faranse públicos no BOP de Lugo ou no taboleiro de anuncios do Concello.
Becerreá, 15 de decembro de 2008.
O alcalde

Anuncio no DOGA do 20/01/2009

Anuncio de adxudicación provisional de contrato de obras

1. Entidade adxudicataria: Concello de Becerreá.
2. Obxecto do contrato: "Afirmado e pavimentación diversas rúas en Becerreá".
a) Tipo de contrato: Obras.
b) Descripción do obxecto: "Afirmado e pavimentación diversas rúas en Becerreá".
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: Ordinaria, procedemento aberto, multiplicidade de criterios de adxudicación
4. Tipo de licitación: 398.926, 87 euros, IVE incluído, valor estimado 343.902,48 euros máis 55.024,39 euros correpondentes ao IVE.
5. Adjudicación provisional:
a) Data: Xunta de Goberno Local de data 8 de decembro de 2008.
b) Contratista: ASOGAL CONSTRUCCIONES, S.L
c) Nacionalidade: Española.
d) Importe de adxudicación: 398.926, 87 euros, IVE incluído.
Contra a adxudicación provisional efectuada a favor de ASOGAL CONSTRUCCIONES S.L, por acordo da Xunta de Goberno Local en sesión de data 08 de xaneiro de 2009, pódese interpor recurso especial de revisión de conformidade co disposto no artigo 37 LCSP no prazo de 10 días hábiles desde o día seguinte a aquél en que se publique o mismo nun diario oficial ou perfil do contratante conforme ao sinalado no artigo 135 LCSP.
En Becerreá, a 9 de xaneiro de 2009.- O Alcalde, Manuel Martínez Núñez.

Anuncio no BOP do 27/01/2009

ANUNCIO DE INFORMACIÓN PÚBLICA

A Xunta de Goberno Local do Concello de Becerreá, en sesión de 21 de xaneiro de 2009 adoptou o seguinte acordo:

Primero.- Aprobar o proxecto de obras denominado "renovación cubierta polideportivo de Becerreá" elaborado pola arquitecta técnica dona Ana Mera Arias, colexiada número 411 cun orzamento de execución por contrata de 92.509,93 euros.

Segundo.- Someter o devandito proxecto ó trámite de información pública por un período mínimo de vinte días hábiles mediante a publicación de anuncios no BOP, para os efectos da presentación de alegacións. De non formularse reclamacións en tempo hábil, esta aprobación será elevada a definitiva sen máis trámite, segundo o disposto no artigo 75 da Lei 30/92, del 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común."

Se fai público para xeral coñecemento e a fin de que calquera interesado poida presentar alegacións e reclamacións.

Becerreá, 22 de xaneiro de 2009.- O Alcalde, ilexible.

Anuncio no BOP do 29/01/2009

ANUNCIO DE INFORMACIÓN PÚBLICA

A Xunta de Goberno Local do Concello de Becerreá, en sesión de 21 de xaneiro de 2009 adoptou o seguinte acordo:

Primero.- Aprobar o proxecto de obras denominado "proxecto de pavimentación da carretera de acceso a Ermida e na carretera de Cruzul-Ouson-Guillén en Becerreá (Lugo)" elaborado polo enxeñeiro de camiños don David Castro Valdívia, colexiado número 18.670, cun orzamento de execución por contrata de 226.175,81 euros.

Segundo.- Someter o devandito proxecto ó trámite de información pública por un período mínimo de vinte días hábiles mediante a publicación de anuncios no BOP, para os efectos da presentación de alegacións. De non formularse reclamacións en tempo hábil, esta aprobación será elevada a definitiva sen máis trámite, segundo o disposto no artigo 75 da Lei 30/92, del 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común."

Se fai público para xeral coñecemento e a fin de que calquera interesado poida presentar alegacións e reclamacións.

Becerreá, 22 de xaneiro de 2009.- O Alcalde, ilexible.

Anuncio no BOP do 29/01/2009

 

ANUNCIO DE INFORMACIÓN PÚBLICA

A Xunta de Goberno Local do Concello de Becerreá, en sesión de 21 de xaneiro de 2009 adoptou o seguinte acordo:

Primero.- Aprobar o proxecto de obras denominado "pavimentación na carretera de acceso a Regosmil, acceso a Cantiz e na rúa Ronda de Outeiro-A Preira en Becerreá (Lugo)" elaborado pola enxeñeira técnica agrícola dona Marta López Cepeda, colexiada número 793 cun orzamento de execución por contrata de 186.900,99 euros.

Segundo.- Someter o devandito proxecto ó trámite de información pública por un período mínimo de vinte días hábiles mediante a publicación de anuncios no BOP, para os efectos da presentación de alegacións. De non formularse reclamacións en tempo hábil, esta aprobación será elevada a definitiva sen máis trámite, segundo o disposto no artigo 75 da Lei 30/92, del 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común."

Se fai público para xeral coñecemento e a fin de que calquera interesado poida presentar alegacións e reclamacións.

Becerreá, 22 de xaneiro de 2009.- O Alcalde, ilexible.

Anuncio no BOP do 29/01/2009

 

ANUNCIO DE INFORMACIÓN PÚBLICA

A Xunta de Goberno Local do Concello de Becerreá, en sesión de 21 de xaneiro de 2009 adoptou o seguinte acordo:

Primero.- Aprobar o proxecto de obras denominado "proxecto de reposición de servizos e beirarrúas na rúa de As Penas, Becerreá (Lugo)" elaborado polo enxeñeiro de camiños don David Castro Valdívia, colexiado número 18.670, cun orzamento de execución por contrata de 72.103,27 euros.

Segundo.- Someter o devandito proxecto ó trámite de información pública por un período mínimo de vinte días hábiles mediante a publicación de anuncios no BOP, para os efectos da presentación de alegacións. De non formularse reclamacións en tempo hábil, esta aprobación será elevada a definitiva sen máis trámite, segundo o disposto no artigo 75 da Lei 30/92, del 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común."

Se fai público para xeral coñecemento e a fin de que calquera interesado poida presentar alegacións e reclamacións.

Becerreá, 22 de xaneiro de 2009.- O Alcalde, ilexible.

Anuncio no BOP do 29/01/2009

Edicto

Aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación o orzamento xeral para o exercicio económico do 2009, a plantilla de persoal e a relación de postos de traballo para o devandito exercicio, en cumprimento do disposto no artigo 169.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, e disposicións concordantes, exponse ó público na Secretaría deste Concello, por plazo de 15 días hábiles que empezarán a contarse dende o seguinte ó da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, a fin de que durante o mesmo poidan formularse reclamacións que deberán ser dirixidas ó Sr. Alcalde-Presidente.

Anuncio no BOP do 02/02/2009

Anuncio

Modificación da base 3ª das aprobadas para a selección de persoal laboral fixo para un posto de traballo de director/a do Centro de Servizos Sociais do Concello de Becerreá (Boletín Oficial da Provincia de Lugo número 278 de 2 de decembro).
Por Decreto da Alcaldía de data 26 de xaneiro de 2009 resolveuse:
PRIMEIRO.- ESTIMAR o recurso de reposición promovido por dona María José Fernández Barreiro, Presidenta do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia contra a Resolución da Alcaldía de data 20 de novembro de 2008, de convocatoria e aprobación das bases para a selección de persoal laboral fixo para un posto de traballo de director/a do Centro de Servizos Sociais do Concello de Becerreá, resolvendo a nova redacción do apartado e) da base terceira das aprobadas por Resolución da Alcaldía de data 20 de novembro de 2008, nos seguintes termos: e) Posuir a titulación de diplomado/a universitario/a en traballo social, asistente social, educación social, maxisterio ou equivalente, entendéndose incluidos os habilitados polo CESG, nos termos da Lei 1/2001, de 22 de xaneiro, como profesionais que, por atoparse nalgún dos supostos previstos na disposicón transitoria segunda da citada Lei, e previa a antedita habilitación, terían dererito a exercer como educadores sociais, aportando a correspondente certificación expedida polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro se deberá de estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación.
SEGUNDO.- Notifica-la presente resolución ao Colexio de Educadores e Educadoras Sociais de Galicia e publica-la modificación acordada no Boletín Oficial da Provincia de Lugo con carácter previo á publicación dos extractos da convocatoria no DOGA e no BOE.
En Becerreá, a 26 de xaneiro de 2009.- O Alcalde, Manuel Martínez Núñez.

Anuncio no BOP do 10/02/2009

Anuncio.

Modificación da base 3ª das aprobadas para a selección de persoal laboral fixo para un posto de traballo de director/a do Centro de Servizos Sociais do concello de Becerreá (BOP nº 278, do 2 de decembro).


Por decreto da Alcaldía do 26 de xaneiro de 2009 resolveuse:

Primeiro.-Estimar o recurso de reposición promovido por María José Fernández Barreiro, presidenta do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia, contra a Resolución da Alcaldía do 20 de novembro de 2008, de convocatoria e aprobación das bases para a selección de persoal laboral fixo para un posto de traballo de director/a do Centro de Servizos Sociais do concello de Becerreá, resolvendo a nova redacción da alínea e) da base terceira das aprobadas por Resolución da Alcaldía do 20 de novembro de 2008, nos seguintes termos: e) Posuír a titulación de diplomado/a universitario/a en traballo social, asistente social, educación social, maxisterio ou equivalente, entendéndose incluídos os habilitados polo CESG, nos termos da Lei 1/2001, do 22 de xaneiro, como profesionais que, por atopárense nalgún dos supostos previstos na disposición transitoria segunda da citada lei, e logo da antedita habilitación, teñan dereito a exercer como educadores sociais, achegando a correspondente certificación expedida polo Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación.


Segundo.-Notificar esta resolución ao Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia e publicar a modificación acordada no BOP de Lugo con carácter previo á publicación dos extractos da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e no BOE.


Becerreá, 26 de xaneiro de 2009.

Manuel Martínez Núñez
Alcalde

Anuncio no DOGA 23/02/2009

Orzamento para o exercicio 2009, a plantilla e a relación de postos de traballo.

Anuncio no BOP do 28/02/2009

 

Servizos

Novas Destacadas
Volver    
[Xunta de Galicia]