Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Noticias

Publicacións no BOP-DOGA maio-xuño 2009


O Pleno do Concello por acordo adoptado na sesión extraordinaria, do día 22 de xaneiro de 2009, acordou a aprobación definitiva do Estudo de Detalle referido á mazá situada na esquina Avenida Instituto-Rúa Carlos III, promovido por Elba Josefina Méndez Freijo e redactado polo arquitecto Miguel Cortés Rivera, e visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, co obxecto de reordenar os volumes edificables na mazá de vivenda unifamiliar en ringleira para desenvolver as Normas Subsidiarias de Planeamento do Concello de Becereá aprobadas por acordo da Comisión Provincial de Urbanismo de Lugo en sesión de 28 de abril de 1995.

En cumprimento do disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, publícase a continuación o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do Estudo de Detalle definitivamente aprobados.

Memoria do Estudo de Detalle:

 

Índice de Planos:

01-Situación.

02-Manza de actuación: plantas.

03-Estado actual: alzados.

04-Estado reformado: alzados

Así mesmo, faise constar que, con data 23 de abril de 2009, remitiuse á Consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio dous exemplares do Estudo de Detalle aprobado definitivamente con tódolos planos e documentos que o integran, debidamente dilixenciados polo Secretario do Concello.

Contra o Acordo do Pleno, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, ante o Pleno deste Concello de Becerreá, de conformidade cos artigos 116 e 117 de Lei de Réxime Xurídico e Procedemento Administrativo Común, ou recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei da Xurisdición Contencioso-Administrativa.

Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producira a súa desestimación por silencio.

Todo iso sen prexuízo de que poida exercitar calquera outro recurso que estime pertinente.

Becerreá, 24 de abril de 2009.

O Alcalde,

Anuncio publicado no BOP Núm. 098 - Martes, 02 de maio de 2009

INFORMACIÓN PÚBLICA

Elevado a definitivo por non terse presentado reclamacións, e así dispoñelo o acordo de aprobación provisoria de data 26 de febreiro de 2009 da ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE INSPECCIÓN ACÚSTICA EN LOCAIS E ESTABLECEMENTOS, a medio da presente, publícase o devandito acordo na súa parte dispositiva e o texto íntegro da ordenanza en cumprimento co disposto no artigo 17.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

"Resultando preciso emprega-los recursos económicos que establece o artigo 2.1.b) do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, entre os que se encontra o referido tributo, tramitouse o expediente administrativo para a aprobación da referida  Ordenanza.

Vistos os informes da Secretaría-Intervención e demáis que figuran no expediente, acórdase o seguinte:

Aprobar, provisoriamente, a imposición e ordenación coa aprobación da ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de inspección acústica en locales e establecementos.

1.                  Expoñer ó público o presente acordo provisional e novo texto da Ordenanza afectada polo prazo de 30 días hábiles, tal como perceptúa o artigo 17.1 e 2 da mencionado Texto Refundido.

2.                  Elevar a definitivo, este acordo se non se presentasen reclamacións ó mesmo e continua-lo expediente ata súa conclusión, de conformidade co procedemento presvisto no artigo 17.4 e 5 do repetido Texto Refundido.

3.               A referida Ordenanza fiscal entrará en vigor a partires do día seguinte ó da súa publicación íntegra no BOP e terá efectos a partires do mesmo día.

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE INSPECCIÓN ACÚSTICA EN LOCAIS E ESTABLECEMENTOS

"Artigo 1. OBXECTO

É obxecto da presente Ordenanza a regulación da Taxa correspondente á prestación do servizo municipal de "Medición de Ruídos e vibracións en locais e establecementos", ben se efectúe o mesmo a través dos servizos municipais como a través de empresas mediante contrato de servizos.

Artigo 2. FEITO IMPONILE

1. Constitúe o feito impoñible da presente taxa a prestación polos Servizos Municipais, ben directamente ou a través de contratista intermedio, do servizo de inspección consistentes en medición de ruídos en locais ou establecementos públicos ao obxecto de verificar o cumprimento por estes da normativa vixente sobre control de ruídos e vibracións.

2. O procedemento e sistema de medición efectuarase de conformidade coa lexislación vixente na materia.

Artigo 3. OBRIGACIÓN DE CONTRIBUÍR

A obrigación de contribuír nace coa prestación do servizo de control de ruídos en locais e establecementos e prodúcese coa efectiva realización da medición polo Concello, ben directamente ou a través de contratista.

Artigo 4. SUXEITO PASIVO

É suxeito pasivo da presente taxa a persoa natural ou xurídica que insta a prestación do servizo, a este efecto considerarase que insta o servizo:

a).- No caso de inspeccións efectuada a instancia de terceiros ou lindeiros:

1. O denunciante se tras a medición non pode acreditarse o incumprimento polo denunciado da normativa sobre ruídos.

2. O titular da licenza do local obxecto de medición no caso de que esta acredite o incumprimento da normativa sobre nivel de ruídos ou illamento acústico.

b).- Inspeccións efectuadas de oficio polo Concello:

No caso de medicións efectuadas de oficio polo Concello, o obrigado ao pago será:

1. O Concello se tras a medición non pode acreditarse o incumprimento polo denunciado da normativa sobre ruídos.

2. O titular da licenza do local obxecto de medición no caso de que esta acredite o incumprimento da normativa sobre nivel de ruídos ou illamento acústico.

c).- Medición a instancia do titular da licenza de actividade correspondente ao local de medición.

No caso de medicións a instancia dos titulares da licenza das actividades que se desenvolvan no local obxecto de medición o obrigado ao pago será o solicitante da mesma.

Artigo 5. DEPÓSITO PREVIO

1. Nos casos previstos nos apartados a) e c) do artigo anterior será esixido o depósito da Taxa na tesourería municipal ou entidades bancarias colaboradoras por parte do interesado con carácter previo á realización da medición correspondente.

2. Non obstante o Concello, naqueles casos nos que se entendan que inciden circunstancias de interese xeral, á vista da denuncia presentada, poderá asumir a inspección e oficio sen esixir o depósito previo, sen que por iso perda a súa condición de suxeito pasivo obrigado ao pago da taxa o denunciante se da medición efectuada despréndese a non xustificación da causa alegada.

Artigo 6. COTA TRIBUTARIA

O importe da presente taxa establécese na contía de 600 € por medición.

Artigo 7. NORMAS DE XESTIÓN

En todo o non previsto na presente ordenanza será de aplicación a normativa vixente en materia de xestión tributaria municipal e en concreto o Texto Refundido da lei Reguladora das Facendas Locais, a Lei Xeral Tributaria, Regulamento Xeral de Recadación e demais disposicións aplicables á materia

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza, aprobada polo Pleno do Concello de Becerreá con data 26 de febreiro de 2009, entrará en vigor no momento da súa publicación integra no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir da mesma data permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa."

O que se fai público facendo constar que contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, de conformidade co establecido no artígo 23 da Lei da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, poderase interpor recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses que comenzarán a contarse a partires do día seguinte ó da súa publicación no BOP. Todo isto sen prexuizo da interposicón de calquera outro recurso que se considere oportuno.

Becerreá 22 de abril de 2009.

O Alcalde

Anuncio publicado no BOP Núm. 099 - Martes, 04 de maio de 2009

INFORMACIÓN PÚBLICA

Elevado a definitivo por non terse presentado reclamacións, e así dispoñelo o acordo de aprobación provisoria de data 26 de febreiro de 2009 de modificación da Ordenanza Fiscal reguladora da taxa polos documentos que expidan ou de que entendan as administracións ou autoridades locais a instancia de parte, a medio da presente, publícase o devandito acordo na súa parte dispositiva e o texto íntegro da modificación da ordenanza en cumprimento do disposto no artigo 17.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

"Resultando preciso emprega-los recursos económicos que establece o artigo 2.1.b) do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, entre os que se encontra o referido tributo, tramitouse o expediente administrativo para a aprobación da modificación da mencionada  Ordenanza.

Vistos os informes da Secretaría-Intervención e demáis que figuran no expediente, acórdase o seguinte:

PRIMEIRO.- Aprobar, provisoriamente, a modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa polos documentos que expidan ou de que entendan as administracións ou autoridades locais a instancia de parte, segundo á Memoria que encabeza o expediente, en consonancia co disposto no artigo 16 do citado Texto Refundido e nos seguintes termos:

ARTIGO 6.- Tarifas

EPIGRAFE 1.-ANTECEDENTES, CERTIFICADOS E INFORMES:

2. Certificacións ou informes de empadroamento, residencia, convivencia e outros extremos relativos ó padrón de habitantes do ano en curso: 1€.

Quedan exentos os que se incorporen a expedientes relativos ós servizos sociais municipais, solicitude de becas e expedientes relativos á nacionalidade e estranxería.

3. Certificacións ou informes de empadroamento, residencia, convivencia e outros extremos relativos a datos obrantes en padróns de habitantes anteriores: 3 €.

EPIGRAFE 2.-DOCUMENTOS RELATIVOS A SERVICIOS DE URBANISMO Y VIAS PÚBLICAS:

10.             Instrumentos de planeamento ou para a execución do planeamento de iniciativa particular: custe dos anuncios que sexa preceptivo publicar en diarios oficiais ou xornais.

EPIGRAFE 6.-COPIAS DE DOCUMENTOS.

4. Por copia de documentos en formato digital, 6 €.

SEGUNDO.- Expoñer ó público o presente acordo provisional e novo texto da Ordenanza afectada polo prazo de 30 días hábiles, tal como perceptúa o artigo 17.1 e 2 da mencionado Texto Refundido.

TERCEIRO.- Elevar a definitivo, este acordo se non se presentasen reclamacións ó mesmo e continua-lo expediente ata súa conclusión, de conformidade co procedemento presvisto no artigo 17.4 e 5 do repetido Texto Refundido.

CUARTO.- A referida Ordenanza fiscal modificada entrará en vigor a partires do día seguinte ó da súa publicación íntegra no BOP e terá efectos a partires do mesmo día."

O que se fai público facendo constar que contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, de conformidade co establecido no artígo 23 da Lei da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, poderase interpor recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses que comenzarán a contarse a partires do día seguinte ó da súa publicación no BOP. Todo isto sen prexuizo da interposicón de calquera outro recurso que se considere oportuno.

Becerreá 22 de abril de 2009.

O Alcalde

Anuncio publicado no BOP Núm. 099 - Martes, 04 de maio de 2009

INFORMACIÓN PÚBLICA

Dacordo co disposto no art. 169 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais ó que se remite o artigo 177 do mesmo texto, e no artigo 20.1 en relación co 38.2 do Real Decreto 500/90, de 20 de abril, ponse en coñecemento que na Secretaría-Intervención deste Concello atópase exposto ó público o expediente número 02/09, de modificación de créditos; crédito extraordinario e suplemento de crédito así como modificación do anexo das invesións do Orzamento do ano 2009.

Os interesados lexítimos segundo o disposto polo art. 170 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e polos motivos fixados no número dous do mesmo, poderán  presentar reclamacións conforme ós seguintes trámites:

a) Prazo de exposición e admisión de reclamacións: 15 días hábiles a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

b) Oficina de presentación: Rexistro Xeral.

c) Órgano ante o que se reclama: Pleno do Concello de Becerreá.

Becerreá, a 4 de maio de 2009.

O Alclade,

Asdo.: Don Manuel Martínez Núñez.

Anuncio publicado no BOP Núm. 106 - Martes, 12 de maio de 2009

INFORMACIÓN PÚBLICA.

 Aprobada provisoriamente polo Pleno deste Concello a modificación da ordenanza reguladora da TAXA POLO OUTORGAMENTO DA LICENZA DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS, o referido acordo de modificación e a respectiva ordenanza expóñense ó público polo prazo de 30 días hábiles, dentro dos que os interesados poderán examina-lo expediente e presenta-las reclamacións que estimen oportunas, que deberán ser dirxidas ó Sr. Alcalde-Presidente da Corporación.

Becerreá, 4 de maio de 2009.

O Alcalde,

Anuncio publicado no BOP Núm. 109 - Martes, 15 de maio de 2009

EDICTO

Don Angel Fernández Rivero, solicitou desta Alcaldía licenza municipal para proxecto de ampliación de explotación de vacuno (CEA:27.006.00190): Balsa de purín, que se situará en Foncova-Fontarón-Becerreá. Cumprindo o disposto no parágrafo 3, do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación do presente edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

Becerreá, 5 de maio de 2009.

O Alcalde,

Anuncio publicado no BOP Núm. 111 - Luns, 18 de maio de 2009

Anuncio.

O Pleno do Concello, por acordo adoptado na sesión extraordinaria do día 22 de xaneiro de 2009, acordou a aprobación definitiva do estudo de detalle referido ao cuarteirón situado na esquina avenida Instituto-rúa Carlos III, promovido por Elba Josefina Méndez Freijo, redactado polo arquitecto Miguel Cortés Rivera e visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, co obxecto de reordenar os volumes edificables no cuarteirón de vivenda unifamiliar en ringleira, para desenvolver as normas subsidiarias de planeamento do concello de Becerreá, aprobadas por acordo da Comisión Provincial de Urbanismo de Lugo en sesión do 28 de abril de 1995.
En cumprimento do disposto no artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, con data do 23 de abril de 2009, remitíronse á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio dous exemplares do estudo de detalle aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que o integran, debidamente dilixenciados polo secretario do concello.
Así mesmo, de acordo co sinalado no artigo 92.2º da citada lei, faise público o anuncio de aprobación definitiva no BOP de Lugo.
Contra o acordo do Pleno, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente ou recurso de reposición potestativo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Pleno do Concello de Becerreá, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei de réxime xurídico e procedemento administrativo común, ou recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.
Becerreá, 24 de abril de 2009.
O alcalde

Anuncio publicado no DOGA Núm. 96 - martes, 19 de maio de 2009

ANUNCIO DE INFORMACIÓN PÚBLICA

A Xunta de Goberno Local do Concello de Becerreá, en sesión de 13 de maio de 2009 adoptou o seguinte acordo:

"Primero.- Aprobar o proxecto de obras denominado "Pavimentación y dotación de servicios calle Trascal" elaborado polo Enxeñeiro de Camiños Don David Castro Valdívia, colexiado número 18.670, cun orzamento de execución por contrata de 61.164,64 €.

Segundo.- Someter o devandito proxecto ó trámite de información pública por un período mínimo de vinte días hábiles mediante a publicación de anuncios no BOP, para os efectos da presentación de alegacións. De non formularse reclamacións en tempo hábil, esta aprobación será elevada a definitiva sen máis trámite, segundo o disposto no artigo 75 da Lei 30/92, del 26 de noviembre, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común."

Se fai público para xeral coñecemento e a fin de que calquera interesado poida presentar alegacións e reclamacións.

Becerreá, 15 de maio de 2009.

O Alcalde

EDICTO

Don Angel Fernández Rivero, solicitou desta Alcaldía licenza municipal para proxecto de ampliación de explotación de vacuno (CEA:27.006.00190): Balsa de purín, que se situará en Foncova-Fontarón-Becerreá. Cumprindo o disposto no parágrafo 3, do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación do presente edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

Becerreá, 5 de maio de 2009.

O Alcalde,

Anuncio publicado no DOGA Núm. 103 - Xoves, 28 de maio de 2009

Información pública

Formulada, rendida e informada pola Comisión Especial de Contas deste Concello, a conta anual, así como o estado e anexo ás mesmas, correspondentes ó exercicio 2008, e que son os enumerados na regra 86 da Orde EHA/4042/2004, de 23 de novembro, pola que se aproba a instrucción do modelo simplificado de contabilidade local, exponse polo prazo de quince días hábiles, contados a partires do seguinte ó da publicación deste edicto no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Durante o mesmo os interesados lexitimados, poderán examinala e formula-las reclamacións, reparos e alegacións que estimen pertinentes, no prazo de exposición e nos oito días seguintes, de conformidade

co disposto no artigo 116, da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.

Becerreá, 25 de maio de 2009.- O Alcalde- Presidente, ilexible.

Anuncio publicado no BOP Núm. 122 - Sábado, 30 de Mayo de 2009

INFORMACIÓN PÚBLICA

Dacordo co disposto no art. 169.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais ó que se remite o art. 177 do mesmo, e no art. 20.3 en relación co art. 38.2 do Real Decreto 500/90, de 20 de abril, faise público para xeral coñecemento, que esta Corporación Municipal en sesión plenaria celebrada o día 30 de abril, adoptou o acordo de aprobación definitiva ó non presentarense reclamacións contra o expediente de modificación de créditos 2/2009, de crédito extraordinario e suplemento de créditos con modificación do anexo de inversións dentro do vixente Orzamento Municipal.

Coas modificacións aprobadas o resumo por capítulos dos créditos do Orzamento de Gastos, é o seguiente:

Capítulos

Consignación antes deste expediente euros (partiendo de previsión inicial).

Aumento suplemento de crédito euros.

Total consignación resultante euros.

1.-Gtos. Personal

702.631

 

702.631

2.-Gtos. Bens

607.075

17.344,47

624.419,47

3.-Gtos. Financieiros

15.000

 

15.000

4.-Transf. Ctes.

38.066

 

38.066

6.-Inversións reais

701.004

9.133,13

710.137,13

7.-Transf. Capital

-

 

-

8.-Activos financieiros

-

 

-

9.-Pasivos financieiros

59.000

 

59.000

Suma Totais

2.122.776 €

26.477,60

2.149.253,60 €

Becerreá, 3 de xuño de 2009

O Alcalde,

 

Don Manuel Martínez Núñez

Anuncio publicado no BOP Núm. 131 - Mercores, 10 de xuño de 2009.

ANUNCIO DE LICITACIÓN DE CONTRATO DE DE SERVIZOS.

Acordo adoptado en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local de data do 10 de xuño de 2009.

1)   Entidade adxudicadora: datos xeris e datos para a obtención da información

a)   Organismo: Concello de Becerreá.

b)   Dependencia que tramita o expediente: Secretaría-Intervención.

c)   Obtención de documentación e información:

o    Dependencia: Negociado de Asuntos Xerais.

o    Domicilio: Praza do Concello s/n

o    Localidade e Código Postal: 27640 Becerreá.

o    Teléfono: 982 360 004

o    Fax  982 360 518

o    Correo electrónico: concellodebecerrea@telefonica.net

o    Dirección en internet del perfil den contratante: www.concellodebecerrea.com

o    Fecha límite de obtención de documentación e información: fin prazo de presentación de ofertas.

2)   Obxecto do contrato:

o    Tipo: de servizos.

o    Descripción: "Transporte de escolares ao IES e CEIP de Becerreá e aos usuarios do Centro de Servizos Sociais".

o    División por lotes; no.

o    Lugar de execución/entrega: Concello de Becerreá.

o    Prazo de execución: 4 anos

o    Prorroga; se admite.

o    CPV: 60112000-6           

3)   Tramitación e procedemento:

o    Tramitación: ordinaria.

o    Procedemento aberto.

o    Criterios de adxudicación: cláusula 12  do P.C.A.P. (mellor prezo e medios persoais e materiais postos a disposición do servizo)

4)   Orzamento base de licitación: 79.829,35 € máis 7% de IVE. Importe total 85.417,40 € polos catro anos de vixencia do contrato.

5)   Garantías: garantía provisional, non se exise; garantía definitiva dun 5% do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

6)   Requisitos específicos do contratista: figuran no prego.

7)   Presentación de ofertas: 

o    Data límite de presentación: Dentro do prazo de quice días naturais (15) a contar do seguinte o da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, antes das 14:00 horas. Cando o derradeiro día do fin do prazo coincida con sábado, domingo ou festivo, se entenderá que remata o primeiro día hábil seguinte.

o    Modalidade de presentación; no Rexistro do Concello de Becerreá. Presentación por correo nos termos previstos no do P.C.A.P.

o    Lugar de presentación: Rexistro de entrada do Concello de Becerreá.

o    Praza do Concello s/n 27640 Becerreá.

o    concellodebecerrea@telefonica.net

o    Documentación que se debe presentar: se detalla na cláusula 9 dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

o    Prazo no que o licitador debe manter a oferta: Tres meses.

8)         Apertura das ofertas:

  • Casa Consistorial do Concello de Becerreá:
  • Praza do Concello s/n
  • 27640.- Becerreá
  • Data e hora: o primeiro luns seguiente ó de finalización del prazo para a presentación de ofertas, ás dez horas.

9)   Os gastos de publicación dos anuncios previstos no expediente, serán por conta do contratista adxudicatario.

En Becerreá, 10 de xuño de 2009

O Alcalde,

Anuncio publicado no BOP Núm. 142 - Martes, 23 de Junio de 2009 (PAG. 2, R. 03490)

 

INFORMACIÓN PÚBLICA

Elevado a definitivo por non terse presentado reclamacións, e así dispoñelo o acordo de aprobación provisoria de data 30 de abril de 2009 de modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa polo outorgamento da licenza de apertura de establecementos, a medio da presente, publícase o devandito acordo na súa parte dispositiva e o texto íntegro da modificación da ordenanza en cumprimento do disposto no artigo 17.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

"Resultando preciso emprega-los recursos económicos que establece o artigo 2.1.b) do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, entre os que se encontra o referido tributo, tramitouse o expediente administrativo para a aprobación da modificación da mencionada  Ordenanza.

Vistos os informes da Secretaría-Intervención e demáis que figuran no expediente, acórdase o seguinte:

PRIMEIRO.- Aprobar, provisoriamente, a modificación da ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLO OUTORGAMENTO DA LICENZA DE APERTURA DE ESTABLECEMENTOS, segundo á Memoria que encabeza o expediente, en consonancia co disposto no artigo 16 do citado Texto Refundido e nos seguintes termos:

"ARTIGO 1.-

Modifícase o artigo 6 da referida ordenanza que queda redactado como segue:

ARTIGO 6.- CUOTA TRIBUTARIA

1.-   As licenzas de apertura previstas no artigo 2 que non teñan sinalada cuota especial, será o 100% da base impoñible prevista no artigo 5.1 da presente ordenanza.

2.-   Nos supostos do artigo 5.2 a cuota tributaria liquidarase mediante a aplicación á base impoñible, constituída pola superficie realmente adicada ó exercicio da actividade expresada en metros cadrados, de la siguiente tarifa:

Superficie

Actividades inócuas

Actividades non inócuas

Ata 25 m2

100€

150€

De 26 a 100m2

150€

200€

De101a 200m2

250€

350€

De 201a 400m2

400€

600€

máis de 400 m2

600€

900€

3.-   Para cambios de titularidade cesión ou traspaso de negocio a cantidade a aboar será de 100€.

4.-    Enténdese por actividades inócuas as que tradicionalmente se viñan tramitando con este carácter. Entenderase por actividades non inócuas as sometidas á tramitación prevista no Regulamento Xeral de Policía de Espectáculos e Actividades Recreativas e normativa autonómica que o completa, as sometidas a evaluación de incidencia ambiental e outras actividades, distintas das anteriores, que viñan sendo tramitadas como molestas, insalubres, nocivas ou perigosas, pero que se atopan excluídas por disposición legal expresa do novo Decreto 133/2008 de 12 de xuño. En caso de dúbida sobre as non incluídas e se se considera que merecen a cualificación de molestas, insalubres, nocivas e perigosas consorte ás definicións do artigo 13 da Lei 10/ 1995 de Protección Ambiental de Galicia, de conformidade co artigo 2.2 se someterán á decisión da Consellería de Medio Ambiente sobre necesidade ou non de avaliación.

5.-   Se na tramitación do procedemento de outorgamento de licenza de apertura tivesen que efectuarse comprobacións técnicas contempladas na lexislación vixente na materia de protección contra a contaminación acústica, os custos da asistencia técnica a contratar serán a cargo do interesado. Igualmente serán a costa do solicitante o pago dos anuncios e edictos que se evacúen na tramitación do expediente.

Artigo 2.-

Modifícase o artigo 8 da Ordenanza fiscal referida que queda redactado como segue:

Artigo 8.- DEVENGO

1. A obriga de contribuir nacerá no momento de outorgarse a licenza solicitada; desde que o local ou establecimiento donde vaia desenvolverse a actividade se utilice ou estea en funcionamiento sen terse obtido a preceptiva licenza, e desde que se produza algunha das circunstancias das establecidas nesta Ordenanza e que constitúen o feito imponible da taxa de referencia.

2. Unha vez concedida, no seu caso, a licenza provisional, notificarase ó interesado a liquidación da taxa, debendo éste proceder ó seu pagamento nos prazos e formas establecidos na mesma, sen prexuizo da liquidación que corresponda e se practique no momento de adoptarse a resolución administrativa de concesión de licenza definitiva."

SEGUNDO.- Expoñer ó público o presente acordo provisional e novo texto da Ordenanza afectada polo prazo de 30 días hábiles, tal como perceptúa o artigo 17.1 e 2 da mencionado Texto Refundido.

TERCEIRO.- Elevar a definitivo, este acordo se non se presentasen reclamacións ó mesmo e continua-lo expediente ata súa conclusión, de conformidade co procedemento presvisto no artigo 17.4 e 5 do repetido Texto Refundido.

CUARTO.- A referida Ordenanza fiscal modificada entrará en vigor a partires do día seguinte ó da súa publicación íntegra no BOP e terá efectos a partires do mesmo día."

O que se fai público facendo constar que contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, de conformidade co establecido no artígo 23 da Lei da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, poderase interpor recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses que comenzarán a contarse a partires do día seguinte ó da súa publicación no BOP. Todo isto sen prexuizo da interposición de calquera outro recurso que se considere oportuno.

Becerreá 22 de xuño de 2009.

O Alcalde

Anuncio publicado no BOP Núm. 148 - Martes, 30 de xuño de 2009 ((PAG. 4, R. 03614) .

 

 

Servizos

Novas Destacadas
Volver    
[Xunta de Galicia]