Noticias
Proxecto Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local
Solicitudes de financiamento con cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local, creado por Real Decreto Lei 13/2009, de 26 de outubro, (BOE de 27/10/09). Proxectos de obra a incluír con cargo a este Fondo, aprobados por acordo da Xunta de Goberno Local de data 27 de xaneiro de 2010:
"CONSTRUCIÓN DE REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA A Vilar DE CANCELADA":
- Orzamento de 133.787,57 € sen IVE, alcanzando o importe do IVE aplicable, 21.406,01 €, facendo un total de 155.193,58 IVE incluído, prazo de execución de catro meses e número de traballadores que se consideran necesarios para a execución das obras, seis.
- Data prevista de adxudicación desta obra, a do próximo 12/05/10.
- Procedemento negociado sen publicidade tendo en conta que o seu valor estimado é inferior a 200.000 €.
- Data prevista de inicio da execución desta obra, a do próximo 31/05/10 e de fin de execución, o 30/09/10.
- Importe da redacción do proxecto correspondente á obra "Construción de rede de abastecemento de auga a Vilar de Cancelada" alcanza o importe de 4.497,06 € sen IVE, sendo o tipo do imposto o 16% e alcanzando o importe total con IVE, 5.216,59 €.
- Importe da dirección da obra correspondente á de "Construción de rede de abastecemento de auga a Vilar de Cancelada", alcanza o importe de 4.497,05 € sen IVE, sendo o tipo do imposto o 16% e alcanzando o importe total con IVE, 5.216,58 €.
"MELLORA DE REDES DE DISTRIBUCIÓN DE AUGA EN VILACHÁ":
- Orzamento de 48.084,12 € sen IVE, alcanzando o importe do IVE aplicable, 7.693,46 €, facendo un total de 55.777,58 IVE incluído, prazo de execución de catro meses e número de traballadores que se consideran necesarios para a execución das obras, catro.
- Data prevista de adxudicación desta obra, a do próximo 26/03/10.
- Procedemento de adxudicación, o de contrato menor tendo en conta que o seu importe, sen IVE, é inferior a 50.000 €.
- Data prevista de inicio da execución desta obra, a do próximo 15/04/10 e de fin de execución, o 14/08/10.
- Importe da redacción do proxecto correspondente á obra "Mellora de redes de distribución de auga en Vilachá" alcanza o importe de 1.616,28 € sen IVE, sendo o tipo do imposto o 16% e alcanzando o importe total con IVE, 1.874,88 €.
- Importe da dirección da obra correspondente á de "Mellora de redes de distribución de auga en Vilachá", alcanza o importe de 1.616,28 € sen IVE, sendo o tipo do imposto o 16% e alcanzando o importe total con IVE, 1.874,88 €.
"MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NO BARRIO DE SOUTO":
- Orzamento de 58.028,13 € sen IVE, alcanzando o importe do IVE aplicable, 9.284,50 €, facendo un total de 67.312,63 IVE incluído, prazo de execución de dous meses e número de traballadores que se consideran necesarios para a execución das obras, catro.
- Data prevista de adxudicación desta obra, a do próximo 12/05/10.
- Procedemento negociado sen publicidade tendo en conta que o seu valor estimado é inferior a 200.000 €.
-Data prevista de inicio da execución desta obra, a do próximo 31/05/10 e de fin de execución, o 30/07/10.
-Importe da redacción do proxecto correspondente á obra "Mellora da seguridade viaria no barrio de Souto" alcanza o importe de 1.950,53 € sen IVE, sendo o tipo do imposto o 16% e alcanzando o importe total con IVE, 2.262,61 €.
- Importe da dirección da obra correspondente á de "Mellora da seguridade viaria no barrio de Souto" alcanza o importe de 1.950,53 € sen IVE, sendo o tipo do imposto o 16% e alcanzando o importe total con IVE, 2.262,61 €.
"MELLORA DE INFRAESTRUTURAS DE TELECOMUNICACIÓNS, SANEAMENTO E EFICIENCIA ENERXÉTICA TRAVESÍA DO MERCADO E FEIRA VELLA":
- Orzamento de 46.178,38 € sen IVE, alcanzando o importe do IVE aplicable, 7.388,54 €, facendo un total de 53.566,92 IVE incluído, prazo de execución de tres meses e número de traballadores que se consideran necesarios para a execución das obras, catro.
- Data prevista de adxudicación desta obra, a do próximo 26/03/10.
- Procedemento de adxudicación, o de contrato menor tendo en conta que o seu importe, sen IVE, é inferior a 50.000 €.
Data prevista de inicio da execución desta obra, a do próximo 15/04/10 e de fin de execución, o 14/07/10.
-Importe da redacción do proxecto correspondente á obra "Mellora de infraestruturas de telecomunicacións, saneamento e eficiencia enerxética Travesía do Mercado e Feira Vella" alcanza o importe de 1.552,22 € sen IVE, sendo o tipo do imposto o 16% e alcanzando o importe total con IVE, 1.800,58 €.
-Importe da dirección da obra "Mellora de infraestruturas de telecomunicacións, saneamento e eficiencia enerxética Travesía do Mercado e Feira Vella" alcanza o importe de 1.552,21 € sen IVE, sendo o tipo do imposto o 16% e alcanzando o importe total con IVE, 1.800,56 €.
Proxectos en el Perfil do Contratante.
|