Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Noticias

ITV Vehículos Lixeiros Xullo 2009


Don Manuel Martínez Núñez, Alcalde-Presidente do Concello de Becerreá
FAI SABER:
Os vindeiros días 6, 7, 8, 9, 10, 13 e 14 de xullo 2009, terá lugar a Inspección Técnica para Vehículos Lixeiros (non se pasará a inspección a vehículos con carga nin tara superior a 6.000 kg, tamén están excluídos os autobuses, as motos e os ciclomotores) no campo da feira. Co horario de 9:00 a 13:30 h e de 15:30 a 18 h, durante os días que se relacionan, excepto o último día de traballo que o horario será de 9:00 a 13:30 h.
Asignarase día e hora de atención ao público, directamente no campo da feira dende o primeiro día de chegada á Vila (dita Unidade Móbil, chegará na tarde do día 3) ou chamando ao teléfono: 609107306.
En Becerreá, 2 de xuño de 2009.
O Alcalde-Presidente,

Don Manuel Martínez Núñez

 

 

Servizos

Novas Destacadas
Volver    
[Xunta de Galicia]