Noticias
ITV febreiro 2012

Don Manuel Martínez Núñez, Alcalde-Presidente do Concello de Becerreá
FAI SABER:
Os vindeiros días 6, 7, 8, 9, 10, 13 e 14 de febreiro de 2012, terá lugar a Inspección Técnica para VEHÍCULOS LIXEIROS (masa menor ou igual a 3.500 kg e sen carga) e VEHÍCULOS AGRÍCOLAS (non se pasará a inspección a: autobuses e vehículos con anchura superior a 2 metros) no campo da feira. Co horario de 9:00 a 13:30 h e de 15:30 a 18:00 h, durante os días que se relacionan, excepto o día 14 no que o horario será de 9:00 a 13:30 h.
Para solicitar cita previa no teléfono: 881920976.
En Becerreá, 2 de xaneiro de 2012.
O Alcalde-Presidente,
Don Manuel Martínez Núñez
|