Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Noticias

Exposición 'Elas sempre están'


A exposición 'Elas sempre están'

Na Casa da Cultura do Concello de Becerreá desde o día 2 ao día 16 de xullo de 2010
A exposición 'Elas sempre están', organizada pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Igualdade, pasará por 23 concellos galegos durante todo o 2010, cun período de dúas semanas en cada un deles. As datas para a exhibición desta exposición na Casa da Cultura do Concello de Becerreá serán desde o día 2 ao día 16 de xullo de 2010.

Homenaxe á muller rural

A exposición, é unha homenaxe á muller rural. Conta con 15 fotografías da artista italiana Elisa Gianni e cun poema da galega Lucía Aldao.
As imaxes son 15 retratos de mulleres en diferentes paisaxes e situacións da vida cotiá, naturais e sen artificios; e unhas mans que evocan ás mans do pasado e do presente, que traballan arreo para contribuír ao sustento de Galicia. A poetisa galega Lucía Aldao plasma sobre o papel a tenrura e admiración que sente por todas esas mulleres anónimas.
Na exposición 'Elas sempre están', a poética da imaxe e da palabra únense para facer visible a gran valía das mulleres do rural galego. Son mulleres que seguen facendo o mesmo traballo desde tempos inmemoriables e por outra banda, mulleres abertas, que saben adaptarse aos novos tempos, e que van asumindo sen medo e sen complexos roles que eran tradicionalmente masculinos.

DESCARGAR CARTEL INFORMATIVO

files/elass.jpg  

Servizos

Novas Destacadas
Volver    
[Xunta de Galicia]