Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Noticias

Equipo Sintonizador de TDT


Axudas colectivos en risco de exclusión
REQUISITOS PARA SOLICITAR UN EQUIPO SINTONIZADOR DE TDT
Pertencer a polo menos un dos colectivos beneficiarios do Plan:
  • Ter 65 anos ou máis e unha dependencia recoñecida de grao II ou III (nivel II ou I)
  • Ter un grao de discapacidade do 33% ou superior, constando como unha das súas discapacidades algunha de tipo auditivo ou visual
  • Ter máis de 80 anos e vivir só, ou ben acompañado doutra persoa tamén maior de 80 anos
  • Non ser beneficiario deste Plan de Actuacións de Apoio a través de Asociacións ou Comunidades Autónomas
ONDE DIRIXIRSE
Se cre que cumpre todos estes requisitos, debe acudir á Xefatura Provincial de Inspección de Telecomunicacións da súa provincia de residencia (consultar direccións) coa seguinte documentación:
DOCUMENTACIÓN NECESARIA
  • Formulario de Solicitude de entrega de equipo sintonizador para colectivos con risco de exclusión no proceso de transición á televisión dixital terrestre (TDT) asinado polo beneficiario.Solicitude sintonizador. Formato PDF
  • Documento Nacional de Identidade do beneficiario.
  • Documento no que conste o domicilio do beneficiario: DNI, ou na súa falta unha factura de auga, gas, electricidade, certificado de empadroamento, imposto ou taxa estatal, autonómico ou municipal.
  • Orixinal e copia do documento que acredite a pertenza do beneficiario a un dos colectivos beneficiarios do plan.
  • Grao de dependencia: documento acreditativo correspondente emitido pola Comunidade Autónoma.
  • Grao de discapacidade: documento acreditativo da condición de persoa con discapacidade visual ou auditiva e documento acreditativo dun grao de discapacidade total igual ou superior ao 33% emitido pola Comunidade Autónoma correspondente.
  • Persoa maior de 80 anos que vive soa: non é necesario presentar ningún documento adicional, e unicamente é preciso asinar o formulario de solicitude en que se manifesta esta situación.
Se non lle é posible desprazarse e debe ir alguén en representación súa, a documentación que deberá achegar será a seguinte:
  • Formulario de Solicitude de entrega de equipo sintonizador para colectivos con risco de exclusión no proceso de transición á televisión dixital terrestre (TDT) asinado polo representante Solicitude sintonizador. Formato PDF
  • Orixinal ou fotocopia compulsada do Documento Nacional de Identidade do beneficiario
  • Documento no que conste o domicilio do beneficiario: DNI, ou na súa falta unha factura de auga, gas, electricidade, certificado de empadroamento, imposto ou taxa estatal, autonómico ou municipal.
  • Orixinal e copia do documento que acredite a pertenza do beneficiario a un dos colectivos beneficiarios do plan
  • Autorización asinada para a recollida do equipo polo representante. Autorización. Formato PDF
  • Documento Nacional de Identidade do representante
ONDE PODE OBTER MÁIS INFORMACIÓN
Para máis información, pode contactar no telefóno 901 2010 04.
Centro de Servizos Sociais do Concello de Becerreá. Teléfono de contacto da Traballadora Social: 982 360 304

 

files/logoTDTCabecera.png  

Servizos

Novas Destacadas
Volver    
[Xunta de Galicia]