Noticias
Cursos de Formación Continua Agroforestal aprobados para o 2010

Cursos de Formación Continua Agroforestal aprobados para o 2010 que impartirá o Centro de formación e experimentación agroforestal de Becerreá
SOLICITUDE
A formación continua pretende darlle resposta ás necesidades dos profesionais, entidades, asociacións e poboación relacionada co sector primario. É unha oferta formativa de calidade que se imparte a grupos reducidos con contidos prácticos, actuais e adaptados ás súas necesidades. Vai dirixida aos profesionais dos distintos subsectores do sector primario, aos futuros profesionais do sector e aos habitantes do medio rural.
Con estas accións formativas incentívase no medio rural a modernización e a adaptación das explotacións agrarias, favorécese a incorporación dos mozos e das mozas ao sector primario e profesionalízanse os traballadores do sector.
A temática que se estuda vai dirixida a temas específicos de interese sectorial (vacún de leite e de carne, viticultura e enoloxía, maquinaria agrícola, agricultura ecolóxica, etc.)
Para máis información, póñase en contacto coa oficina agraria comarcal ou centro de formación relacionado co curso.
Centro de formación e experimentación agroforestal de Becerreá
Penamaior-27695 Becerreá (Lugo)
Tel.: 982 161 203
Fax: 982 161 203
Oficina Agraria Comarcal de Becerreá
Rúa Bolaño Mendo s/n. Edificio San Xoán (antiga escola fogar).
27640 - Becerreá
Tel : 982-889237
Fax: 982-889237
Estas actividades formativas están cofinanciadas polo FEADER.
|