Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Noticias

Curso en hixiene alimentaria e manipulación de alimentos 2010


ACCIÓN FORMATIVA

"CURSO EN HIXIENE ALIMENTARIA E MANIPULACIÓN DE ALIMENTOS", con expedición do certificado oficial de manipulador de alimentos requerido pola administración sanitaria segundo o Decreto 290/2003 vixente na actualidade.

DURACIÓN DA ACCIÓN FORMATIVA.

O curso terá unha duración de 3 horas lectivas, as cales se adaptarán o horario proposto polos demandantes.

METODOLOXÍA DIDÁCTICA A EMPREGAR.

-O curso constará dunha parte expositiva, na cal se expoñeran os requisitos mínimos teóricos recollidos no Anexo I do Decreto 290/2003

-Dunha parte práctica, a cal consistirá na resolución en grupo de cuestións e casos plantexados, a través da cal se pretende a fixación de conocimentos e a resolución de posibles dúbidas.

MEDIOS DIDÁCTICOS.

A impartición da formación levarase a cabo mediante:

-A exposición de diapositivas en Power Point, mediante uso dun ordenador portatil e cañon retroproxector, para deste xeito facer máis ameno o curso e que os participantes poidan entender os conceptos teóricos plantexados.

-Ademáis entregarase un Manual teórico-práctico, no cal os alumnos poderán levar a cabo a resolución das cuestións plantexadas así como seguir as explicación do docente.

Nº MÍNIMO DE ALUMNOS POR GRUPO.

Para poder levar a cabo dita actividade será necesario que, polo menos, asistan 8-10 persoas como mínimo.

ORGANIZACIÓN DA ACCIÓN FORMATIVA.

En canto a organización de dita acción formativa, SANEA encargarase de tódolos medios necesarios para levar a cabo dita acción (así como da elaboración dos certificados e expedición dos carnés), salvo o referente a aula de impartición, a cal será posta polo Concello.

CUSTO DA ACCIÓN FORMATIVA

O custo será de 30 Euros por persoa participante.

INFORMACIÓN E INSCRIPCIÓNS:
Sanea 981 886 924

 

files/Cartel_manipulador_alimentos_2010.jpg  

Servizos

Novas Destacadas
Volver    
[Xunta de Galicia]