Noticias
Convocatoria sesión ordinaria do Pleno 21/01/2010
D. MANUEL MARTINEZ NUÑEZ, Alcalde-Presidente do Concello de Becerreá.
FAI SABER
Que o vindeiro 21 de xaneiro de 2010 as vinte horas, na Casa do Concello celebrarase sesión ordinaria do Pleno municipal.
O que se fai público para xeral coñecemento ós efectos prevenidos polo artigo 81.1 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
Becerreá, 18 de xaneiro de 2010
O Alcalde-Presidente
Don Manuel Martínez Núñez
CONVOCATORIA DO PLENO DO CONCELLO
De conformidade co acordo plenario de data 29 de outubro de 2009 que modificou o de 5 de xullo de 2007 polo que se establece o réxime de sesións do Pleno da Corporación e no exercico das competencias que me confire a vixente Lexislación sobre o Réxime Local, pola presente, RESOLVO:
Primeiro.- Convocar sesión ordinaria do Pleno Municipal a celebrar, en primeira convocatoria, o vindeiro día 21 DE XANEIRO ÁS VINTE HORAS, no salón de sesións da Casa Consistorial. De non existir quorum suficiente para a celebración da sesión en primeira convocatoria os señores concelleiros entenderanse convocados, sen necesidade de nova convocatoria, para celebrar a sesión a mesma hora dous días despois, en segunda convocatoria.
Segundo.- Fixar a orde do día que de seguido se indica:
ORDE DO DIA
A.-PARTE RESOLUTIVA
1.- Aprobación da acta da sesión plenaria anterior de data 20 de novembro de 2009.
2.- Aprobación inicial do Orzamento Municipal para o ano 2009, Bases de Execución, Cadro de Persoal, Relación de Postos de Traballo e retribucións do persoal ó servizo do Concello de Becerreá.
3.- Expediente de recoñecemento de créditos 1/2010.
4.- Proposición da Alcaldía relativa á terminación, arranxo e cesión por parte da Xunta de Galicia ao Concello de Becerreá da Avenida de Quiroga e prolongación a Vilar de Ousón.
B.- PARTE ADICADA O CONTROL
5.- Asuntos de urxencia.
6.-Dar conta das resolucións da Alcaldía.
7.-Rogos.
8.-Preguntas.
Becerreá 18 de xaneiro de 2010.
O Alcalde-Presidente
|