Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Noticias

Convocatoria Pleno 25-05-17


Asunto: Convocatoria Pleno 25-05-17

DECRETO

De conformidade co acordo plenario de data 22 de xuño de 2015 polo que se establece o réxime de sesións do pleno da Corporación, modificado por acordo plenario de data 26 de xaneiro do ano 2017 e no exercico das competencias que me confire a vixente lexislación sobre o réxime local, pola presente, resolvo:

PRIMEIRO.- Convocar sesión ordinaria do pleno municipal a celebrar, en primeira convocatoria, o vindeiro día 25 de maio de 2017 ás vinte horas, no salón de sesións da casa consistorial. De non existir quorum suficiente para a celebración da sesión en primeira convocatoria os señores concelleiros entenderanse convocados, sen necesidade de nova convocatoria, para celebrar sesión á mesma hora dous días despois, en segunda convocatoria.

SEGUNDO.- Fixar  a orde do día que de seguido se  indica:

 

ORDE DO DIA

A.-PARTE RESOLUTIVA

1.- Aprobación, se procede, da actas da sesión plenaria anterior, extraordinarias de 26 de xaneiro de 2017.

2.- Dación en conta ao Pleno da actualización do informe de intervención de avaliación do cumprimento do obxectivo de estabilidade, da regla de gasto e do límite de débeda emitido en relación ao Orzamento para o ano 2016 en cumprimento do previsto no artigo 16 da Orde HAP/2105/2012, de 1 de outubro (obrigas trimestrais de suministro de información de Entidades Locais 4º trimestre exercicio 2016).

3.- Dación en conta ao Pleno da aprobación da liquidación do Orzamento do ano 2016.

4.- Expediente de modificación de créditos 2/2017 de suplemento de crédito con modificación do anexo de inversións, segundo que se tramita con cargo ao Remanente de Tesourería para gastos xerais resultante da liquidación do orzamento de 2016 aprobada por resolución da Alcaldía de data 31 de marzo de 2017.

5. Proposición da Alcaldía relativa ás iniciativas de WWF: Cidades libres de CO2.

B.- PARTE ADICADA O CONTROL.

6.- Asuntos de urxencia.

7.-Dar conta das resolucións da alcaldía.

8.-Rogos.

9.-Preguntas.

files/Pleno_escudo________________________________________________.jpg  

Servizos

Novas Destacadas
Volver    
[Xunta de Galicia]