Noticias
Convocatoria Pleno 22/07/2010
D. MANUEL MARTÍNEZ NÚÑEZ, Alcalde-Presidente do Concello de Becerreá.
FAI SABER
Que o vindeiro 22 de xullo de 2010 as vinte horas, na Casa do Concello celebrarase sesión ordinaria do Pleno municipal.
O que se fai público para xeral coñecemento ós efectos prevenidos polo artigo 81.1 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
Becerreá, 19 de xullo de 2010
O Alcalde-Presidente
Don Manuel Martínez Núñez
CONVOCATORIA DO PLENO DO CONCELLO
De conformidade co acordo plenario de data 29 de outubro de 2009 que modificou o de 5 de xullo de 2007 polo que se establece o réxime de sesións do Pleno da Corporación e no exercico das competencias que me confire a vixente Lexislación sobre o Réxime Local, pola presente, RESOLVO:
Primeiro.- Convocar sesión ordinaria do Pleno Municipal a celebrar, en primeira convocatoria, o vindeiro día 22 DE XULLO DE 2010 ÁS VINTE HORAS, no salón de sesións da Casa Consistorial. De non existir quorum suficiente para a celebración da sesión en primeira convocatoria os señores concelleiros entenderanse convocados, sen necesidade de nova convocatoria, para celebrar a sesión a mesma hora dous días despois, en segunda convocatoria.
Segundo.- Fixar a orde do día que de seguido se indica:
ORDE DO DIA
A.-PARTE RESOLUTIVA
1.- Aprobación da acta da sesión plenaria anterior de data 30 de xuño de 2010.
2.- Aprobación da Conta Xeral do Orzamento do exercicio 2009, estados anuais e anexos ás mesmas.
3.- Aprobación da Conta de Recadación en periodo voluntario, exercicio 2009.
4.- Dación en conta das Contas de Recadación rendidas polo Servizo Provincial de Recadación da Deputación Provincial de Lugo do exercicio 2009.
5.- Proposición da Alcaldía relativa á aplicación do Real Decreto Ley 8/2010 de 20 de maio, polo que se adoptan medidas extraordinarias para a reducción do déficit público. Modificación da relación de postos de traballo. Modificación de retribucións de cargos electos.
6.- Rectificación do inventario municipal de bens a 31 de decembro de 2009.
7.- Recoñecemento de Créditos 2/2010.
8.- Suplemento de créditos segundo que se financia con cargo ao remanente de tesourería para gastos xerais e modificación do anexo de inversións.
9.- Aprobación provisional da Ordenanza Reguladora da Venda Ambulante do Concello de Becerreá.
10.- Dación en conta da Resolución de delegación da Alcaldía por vacacións de data 8 de xullo de 2010.
B.- PARTE ADICADA O CONTROL
11.- Asuntos de urxencia.
12.-Dar conta das resolucións da Alcaldía.
13.-Rogos.
14.-Preguntas.
Becerreá 19 de xullo de 2010.
O Alcalde-Presidente
|