Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Noticias

Convocatoria Pleno 20/01/2012


D. MANUEL MARTINEZ NUÑEZ, Alcalde-Presidente do Concello de Becerreá.
FAI SABER
Que o vindeiro 20 DE XANEIRO DE 2012 as vinte horas, na Casa do Concello celebrarase sesión ordinaria do Pleno municipal.
O que se fai público para xeral coñecemento ós efectos prevenidos polo artigo 81.1 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
Becerreá, 17 de xaneiro de 2012
O Alcalde-Presidente

Don Manuel Martínez Núñez


CONVOCATORIA DO PLENO DO CONCELLO

De conformidade co acordo plenario de data 30 de xuño de 2011 polo que se establece o réxime de sesións do Pleno da Corporación e no exercico das competencias que me confire a vixente Lexislación sobre o Réxime Local, pola presente, RESOLVO:
Primeiro.- Convocar sesión ordinaria do Pleno Municipal a celebrar, en primeira convocatoria, o vindeiro día 20 DE XANERIO DE 2012 ÁS VINTE HORAS, no salón de sesións da Casa Consistorial. De non existir quorum suficiente para a celebración da sesión en primeira convocatoria os señores concelleiros entenderanse convocados, sen necesidade de nova convocatoria, para celebrar a sesión a mesma hora dous días despois, en segunda convocatoria.
Segundo.- Fixar  a orde do día que de seguido se  indica:
ORDE DO DIA
A.-PARTE RESOLUTIVA
1.- Aprobación da acta da sesións plenaria anterior ordinaria de data 17 de novembro de 2011.
2- Contrato de servizos para a prestación do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas do Concello de Becerreá: clasificación de  ofertas.
3.- Modificación da Ordenanza reguladora dos ficheiros de carácter persoal do Concello de Becerreá.
4.- Recoñecemento extraxudicial de créditos 1/2012.
5.- Aprobación inicial do Orzamento Municipal para o ano 2012, Bases de Execución, Cadro de Persoal, Relación de Postos de Traballo e retribucións do persoal ó servizo do Concello de Becerreá.
6.- Modificación do acordo adoptado con data 30 de xuño de 2011 relativo á determinación dos membros da Corporación con adicación exclusiva e a súa retribunción.
7.- Proposición da Alcaldía relativa á ampliación e establecemento do servizo de inspección técnica de vehículos en Becerreá.
8.- Proposición da Alcaldía relativa á recuperación do servizo de intervención de armas en Becerreá.
9.- Proposición da Alcaldía relativa á realización de obras de acondicionamento e mellora no mercado gandeiro.
10.- Moción presentada polo Grupo Municipal Popular relativa á colocación de paso de peóns en Rúa Carlos III e Avenida de Madrid.
B.- PARTE ADICADA O CONTROL
11.- Asuntos de urxencia.
12.-Dar conta das resolucións da Alcaldía.
13.-Rogos.
14.-Preguntas.
Becerreá 17 de xaneiro de 2012.
O Alcalde-Presidente,


Asdo. Don Manuel Martínez Núñez
files/Pleno_escudo______________.jpg  

Servizos

Novas Destacadas
Volver    
[Xunta de Galicia]