Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Noticias

Comunicación inicio procedemento AAE do PXOM


Comunicación de inicio do procedemento de AAE

Plan xeral de ordenación municipal Concello de Becerreá (Lugo)

CLAVE: 2010AAE0146

En cumprimento da disposición transitoria primeira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de medidas de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, todos os plans en tramitación que non alcanzasen a aprobación inicial á data de 21 de abril de 2010 deberán adaptarse plenamente a ela. A tales efectos, o Concello remite unha addenda ao documento de inicio presentado o 22 de setembro de 2008, dando cumprimento ao establecido no artigo 84.4 da LOUG en relación ao contido de anteproxecto de planeamento ou documento de inicio para a tramitación do PXOM.

A addenda, presentada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o 10 de agosto de 2010, inclúe un estudo detallado do medio rural e análise do modelo de asentamento poboacional, así como a descrición e avaliación do sistema de núcleos proposto. A documentación relativa ao contido, e obxectivos, propostas e alternativas, avaliación do desenvolvemento previsible, efectos ambientais previsibles e que se prevexa poidan ter sobre os elementos estratéxicos do territorio, a planificación sectorial e territorial implicada e as normas aplicables, enténdese por parte da Secretaría Xeral da devandita Consellería os contidos no Documento de Inicio de 2008 como válidos.

Polo tanto, a través da presente, comunicase formalmente o inicio do procedemento de AAE do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Becerreá, deixando sen validez o Documento de referencia emitido o 12 de xaneiro de 2009.

Conforme establece a Lei 9/2006, para a elaboración do DR é preciso contar coa opinión das autoridades con responsabilidades que poidan ser afectadas, así como das organizacións e outros axentes interesados. Comunícar a tales efectos que está exposta na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas unha copia da documentación presentada para o seu exame, e para que, durante 30 días naturais, se formulen as observacións pertinentes que deban ser consideradas á hora da elaboración do DR. Este documento establecerá as pautas e criterios a ter en conta no proceso de AAE.

 

 

Servizos

Novas Destacadas
Volver    
[Xunta de Galicia]