Noticias
Bandos: cortes subministro auga e piscina Complexo Rivera
Bando: cortes subministro auga
Don Manuel Martínez Núñez Alcalde-Presidente do Concello de Becerreá.
FAI SABER:
Que o vindeiro martes día 30 de xuño de 2009 a partires das oito horas da maña, haberá posibles cortes no subministro da auga municipal por mor da substitución da tubería de fibrocemento (uralita) averiada na rúa Eulogio Rosón.
Esta falla de subministro será máis acentuada na devandita rúa, na Avda. de Sarria e no Barrancón, ademáis das vivendas situadas nos pisos máis altos dos edificios da Vila.
O que se lles comunica, para que adoiten as medidas oportunas.
Becerreá 22 de xuño de 2009
O Alcalde
Bando: piscina Complexo Rivera
Don Manuel Martínez Núñez Alcalde-Presidente do Concello de Becerreá.
FAI SABER:
Ante a imposibilidade de disfrutar este ano das novas piscinas municipais, e co fin de que os veciños do Concello non teñan que desplazarse a outros limítrofes para o uso e disfrute das piscinas este Concello poñerá de forma gratuíta dende o 1 de xullo ao 31 de agosto de 2009 as piscinas do Complexo Rivera.
Para o cal deberán facer unha petición previa no CENTRO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE BECERREÁ sito na Feira Vella. Teléfono de Contacto do Centro Social: 982 360 704.
Becerreá 22 de xuño de 2009
O Alcalde
|