Noticias
Bando: "Xuntos polo Nadal"
Don Manuel Martínez Núñez, Alcalde-Presidente do Concello de Becerreá
FAI SABER:
Que a Dirección Xeral de Acción Social organiza o Programa "Xuntos polo Nadal", dirixido a persoas maiores que, valéndose por si mesmas e contando con escasos recursos económicos, non teñan con quen pasar este Nadal.
Este programa, totalmente gratuíto, vaise desenvolver dende o día 23 de decembro de 2008 ata o 1 de xaneiro de 2009, con aloxamento en habitacións dobres na Residencia de tempo libre do Carballiño (Ourense), dependente da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.
A información do programa e os modelos de solicitude:
* Centro de servizos sociais do Concello de Becerreá, no Centro de Servizos Sociais Feira Vella s/n Tel.: 982 360 704
* Delegación Provincial da Igualdade e do Benestar de Lugo. Edif. Admtvo. Ronda da Muralla, 70.27071. Tel.: 982 294 202 / 294 203
* No teléfono gratuito: 900 333 666
As solicitudes, debidamente cumprimentadas e asinadas xunto coa fotocopia compulsada do DNI do solicitante e do cónxuxe, de selo caso, e certificado de convivencia actualizado dos solicitantes, presentaranse ata o 21 de novembro na Delegación Provincial da Igualdade e do Benestar.
Becerreá, 30 de outubro de 2008.
O Alcalde-Presidente,
Don Manuel Martínez Núñez
Cartel informativo.
|