Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Noticias

Bando: servizo de podoloxía gratuíto


Don Manuel Martínez Núñez, Alcalde-Presidente do Concello de Becerreá

FAI SABER:

Que a Concellería de servizos sociais e muller do Concello de Becerreá pon en marcha un servizo de podoloxía gratuíto para persoas maiores de 65 anos.

O servizo outorgado a cada paciente será unha quiropodia, que inclúe:

-        Corte de uñas

-        Limado de uñas engrosadas

-        Tratamento de uñas encarnadas

-        Eliminación de hiperqueratoses (durezas), helomas (callos, ollos de galo...)

-        Tratamento de micoses (fungos nas uñas ou na pel)

O día de atención será o segundo sábado de cada mes, con horario dende as 10 da mañá ata as 14 horas do mediodía, comenzando o sábado 15 de novembro de 2008.

Para levar unha orde, as citas daranse previas ao día de antención e atenderase un máximo de 10 persoas por xornada, POR RIGUROSO ORDE DE ANOTACIÓN.

Para máis información e para anotarse no servizo no Centro de Servizos Sociais Feira Vella s/n Tel.: 982 360 704

Becerreá, 3 de novembro de 2008.

O Alcalde-Presidente,

 

 

Don Manuel Martínez Núñez

 

Servizos

Novas Destacadas
Volver    
[Xunta de Galicia]