Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Noticias

AXUDAS PROGRAMA LEADER


A Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares Courel convocou as AXUDAS PROGRAMA LEADER

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE AXUDA.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día de publicación da convocatoria no blog da asociación (http://gdr5ancarescourel.blogspot.com), e rematará o día 1 de setembro de 2013.

BENEFICIARIOS.

Poderán ser beneficiarios/as destas axudas calquer persoa física ou xurídica que promova un proxecto no ámbito de actuación do GDR-5 "Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares - Courel", tales como os seguintes, mentres cumpran os requisitos marcados no apartado 2.1 das bases.

- PERSOAS FÍSICAS

- PERSOAS XURÍDICAS DE CARÁCTER PRIVADO:

SOCIEDADE LABORAL

SOCIEDADE MERCANTIL

SOCIEDADE CIVIL

SOCIEDADES AGRARIAS DE TRANSFORMACIÓN

COOPERATIVAS

ASOCIACIÓNS

FUNDACIÓNS

OUTROS/AS

- AS ENTIDADES PÚBLICAS DE CARÁCTER LOCAL OU COMARCAL: CONCELLOS, MANCOMUNIDADES, CONSORCIOS E ENTIDADES DEPENDENTES DAS ANTERIORES.

- AS COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN E AS SÚAS MANCOMUNIDADES.

Os/as promotores/as non precisan formar parte do GDR para obter financiamento do programa LEADER.

REQUERIMENTOS PARA SER BENEFICIARIOS/AS.

* REQUERIMENTOS XERAIS.

Os/as beneficiarios/as dos proxectos elixibles deberán curmprir os seguintes requerimentos xerais:

a)       Estar ao corrente no cumprimento das obrigas tirbutarias coa Administración Xeral do Estado, coa Seguridade Social, e non ter pendente de pagamento débeda por ningún concepto coa Comunidade Autónoma de Galicia. Este requisito exceptúase para as entidades públicas locais.

b)       Non estar incurso en ningún dos supostos previstos nos parágrafos 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007do 13 de xuño de Subvencións de Galicia (LSG).

c)       Cumprir os demais requisitos que, en función da tipoloxía dos proxectos, se especifican para cada medida. En ningún caso se concederán axudas a empresas en cirse, de acordo coa definición establecida para estas no artigo 1, apartado 7 do Regulamento (CE) nº 800/2008 (Regulamento xeral de exención por categorías).

No marco das medias amparadas no Regulamento xeral de exención por categorías, non se concederán axuda a favor de empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente logo dunha decisión previa da Comsiión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

* REQUERIMENTOS ADICIONAIS.

Os/as beneficiarios/as que presenten proxectos elixibles enmarcados nas medidas 4.1.1. e 4.1.3. terás os seguintes requerimentos adicionais:

MEDIDA 4.1.1. Dinamización do Sector Agrario e forestal:

Cumprir o requisito de PEME, nos termos regulados na Recomendación da Comisión do 6 de maio de 2003, sobre definición de mircroempresas, pequenas e medianas empresas (2003/361/CE):

-Empregar a menos de 250 persoas.

-Ter un volume de neogico anual que non exceda

de 50 millóns de euros ou que o balnzo xeral anual

non exceda de 43 millóns de euros.

-Cumprir o criterio de autonomía nos termos previstos na lexislación vixente.

O cumprimento desta condición exceptúase para as entidades públicas locais, e para os/as promotores/as de proxectos de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías.

No sector da transformación e comercialización de produtos agrarios, cando a transformación e/ou comercialización dea lugar a un produto incluído no anexo I do Tratado, poderán ser beneficiarias as empreas intermedias. Teñen a consideración de empresas intermedias as que empregan a menos de 750 persoas e teñen un volume de negocios anual inferior a 200 millóns de euros.

No sector da transformación e comercialización de produtos forestais a condición de beneficiario restrínxese ás microempresas. De acordo co anexo I do Regulamento Xeral de exención por categorías, teñen a consideración de microempresas aquelas empresas que ocupan a menos de 10 empregados e cun volume anual ou un balanzo xeral anual que non supera os 2 millóns de euros.

MEDIDA 4.1.3. DIVERSIFICACIÓN DA ECONOMÍA RURAL E MELLORA DA CALIDADE DE VIDA

Cumprir o requisito de PEME, tal como se define no apartado anterior.

O cumprimento desta condición exceptúase para as entidades públicas locais e para os/as beneficiarios/as das axudas a proxectos non produtivos.

No caso de proxectos de diversificación das explotacións agrarias cara actividades non agrarias, os/as beneficiarios/as serán exclusivamente os membros dunha unidade familiar ligada a unha explotación agraria, entendendo como tales as persoas físicas ou xurídicas ou grupo de persoas físicas ou xurídicas, con excepción dos/as traballadores/as agrarios/as. Nos casos nos que un membro da unidade familiar da explotación sexa unha persoa xurídica ou un grupo de persoas xurídicas, ese membro debe exercer unha actividade agraria na explotación no momento que se presente a solicitude de axuda.

LUGAR E FORMA DE PRESENTAR A SOLICITUDE DE AXUDA.

Os/as promotores/as deberán presentar, por rexistro de entrada, nas oficinas de atención ao público do GDR-5 "Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel" a documentación que de seguido se relaciona:

1.       Solicitude de axuda por triplicado, segundo modelo normalizado que estará ao dispor dos/as interesados/as nas oficinas do GDR-5 "Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel" e no seguinte enderezo electrónico: http//:gdr5ancarescourel.blogspot.com.

2.       Documentación (orixinal para compulsar):

a.       Documentación acreditativa da personalidade do/a solicitante (NIF, DNI, CIF). De ser o caso, documentación acreditativa da personalidade do/a representante e da acreditación da representación.

b.       Declaración censal tributaria (modelo 036 ou 037), ou compromiso de comunicar o inicio da actividade á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) cando o proxecto supoña o inicio dunha actividade empresarial, ou certificación expedida pola Axencia Tributaria en que consten as epígrafes do IAE en que está dado/a de alta o/a promotor/a.

c.       Tratándose de persoas xurídicas, escritura de constitución e dos estatutos sociais, debidamente inscritos no rexistro correspondente.

d.       Documentación acreditativa do requisito de PEME ou de empresa intermedia, de ser o caso: últimas contas depositadas no rexistro correspondente e última memoria anual de actividades aprobada pola entidade, na que figure o número de persoas empregadas do último exercicio pechado, o volume de negocio e o balance anual.

e.       No caso de que o proxecto supoña a creación ou mantemento de emprego debe achegarse Informe da Vida Laboral da empresa emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, referido ao ano inmediatamente anterior ao da presentación da solicitude así como os recibos de pagamento dos autónomos da empresa.

f.       Declaración doutras axudas concedidas e/ou solicitadas a outras entidades públicas e/ou privadas para o mesmo proxecto, con referencia, de ser o caso, ás axudas de mínimis, segundo o modelo.

g.       Resumo do proxecto en documento normalizado (modelo). Se se estima conveniente, poderá achegarse unha memoria descritiva do proxecto referida á situación de partida, obxectivos perseguidos, metodoloxía de traballo, e outras explicacións necesarias para a súa comprensión, tendo en conta que esta documentación se vai tomar como referencia para valorar o cumprimento dos requisitos dos proxectos e para a súa baremación.

h.       Orzamento de gastos necesarios para a execución do proxecto desagregado por partidas, con indicación, de ser o caso, daquelas que supoñan unha achega en especie, segundo documento normalizado.

i.        Cando o importe do gasto subvencionable supere a contía dos 30.000 € en obra civil ou dos 12.000 € en subministración de bens de equipamento ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, deberanse xuntar, como mínimo, tres ofertas de diferentes proveedores con carácter previo á contratación do compromiso, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten. A elección entre as ofertas presentadas realizarse de acordo cos criterios de eficacia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis ventaxosa. (Según modelo). As entidades públicas de carácter local ou comarcal, na medida en que están suxeitas á Lei 30/2007 do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, poderán documentar a elección da oferta máis vantaxosa xunto coa primeira solicitude de pagamento, achegando unha certificación das proposicións ou ofertas recibidas para a contratación de que se trate, xunto coa resolución o acordo de adxudicación definitiva.

j.        Para proxectos produtivos, plan de empresa, coa xustificación da súa viabilidade económica e financeira para un período mínimo de 5 anos; e para proxectos non produtivos, plan de xestión, segundo os documentos normalizados (modelo).

k.       De ser o caso, documentación acreditativa de que o IVE é efectivamente soportado polo beneficiario e non recuperable.

l.        No suposto de investimentos no sector agrario, código de explotación agraria, e copia do libro de explotación onde se reflexe este.

m. Certificación        da entidade financeira onde conste a identificación da conta bancaria da que sexa titular o promotor e na que desexa que se lle abone a axuda.

n.       Calquera outra documentación ou información que o/a interesado/a considere interesante para a análise do proxecto.

Os modelos normalizados necesarios para a presentación da documentación referida, estarán ao dispor dos interesados na sede do GDR-5 "Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel". As formas de contacto coa Asociación serán as seguintes:

Enderezo: Rúa Bolaño Mendo s/n. Edificio S. Xoán, 4º andar. /27640/- Becerreá.

Telf./Fax: 982 360 824

Telf. Móbil: 606 035 964

Enderezo correo electrónico: gdr5ancarescourel@gmail.com

Espazo blog: http://gdr5ancarescourel.blogspot.com

O GDR-5 "Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel" reservarase  o dereito de solicitar a documentación que considere oportuna aos/ás promotores/as en aras de aclarar cuestións puntuais relativas aos proxectos ou asegurarse do correcto cumprimento das normativas que lles sexan de aplicación.

Documentación LEADER 2007-2013 GDR-5:

Tríptico informativo

Convocatoria de axudas e Baremo

Réxime de axudas LEADER

Modificación ao rex. axudas

1-Modelo SOLICITUDE de Axuda
2-Modelo RESUMO e PLAN EMPRESA (só produtivos)
2-Modelo PLAN XESTION (só non produtivos)
3-Modelo DECLARACION Outras Axudas
4-Modelo ORZAMENTO
5-Modelo COMPARACION OFERTAS

 

ENLACES:

Blog da asociación.

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

files/Leader_gdr5__.jpg  

Servizos

Novas Destacadas
Volver    
[Xunta de Galicia]