Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Noticias

Aux. administrativos: anuncio do tribunal e primeiro exame


ANUNCIO

Con data 23 de xuño de 2011, dictouse Decreto da Alcaldía do seguinte teor literal:

 

"DECRETO.- En Becerreá a 23 de xuño de 2011.

Visto o disposto nas bases para a selección de persoal funcionario para cubrir en propiedade dúas prazas de auxiliar administrativo, aprobadas por Resolución da Alcaldía de data 29/12/2008, publicadas no BOP de Lugo núm. 009 do 13/01/2009 e modificación das bases por Resolución da Alcaldía de data 28/08/2009 publicada no BOP de Lugo núm. 208 do 10/09/2009.

Visto o disposto na Resolución da Alcaldía de data de 20 de outubro de 2010 publicada no BOP de Lugo número 252 de data 3 de novembro.

No exercicio das competencias que me confire a vixente lexislación sobre réxime local, RESOLVO,

PRIMEIRO.- O Tribunal calificador encargado da valoración dos méritos para a selección de persoal funcionario para cubrir en propiedade dúas prazas de auxiliar administrativo do Concello de Becerreá, estará composto por:

PRESIDENTE

Titular: Don Marco Antonio García-Gabilán Sangil. Secretario-Interventor do Concello de O Corgo.

Suplente: Don Julio González Casanova, Secretario-Interventor do Concello de Friol.

SECRETARIO

Titular: Dona Ana María Rivas García, Secretaria-Interventora do Concello de Becerreá

Suplente: Dona Mónica Vázquez Fandiño, Secretaria-Interventora do Concello de Monterroso.

1 VOCAL

Titular: Don Manuel Castiñeira Castiñeira, Secretario-Interventor asesor dos Concellos da Deputación Provincial de Lugo.

Suplente: Don José Luis Vázquez Méndez, Secretario-Interventor dos Concellos de Guntín e Portomarín.

2 VOCAL

Titular: Dona Pilar Pérez López, xefa do Negociado de Contabilidade do Concello de Becerreá

Suplente: Dona Mónica Gimenez López, letrada asesora do Servizo de Cooperación e Asistencia aos Concellos da Deputación Provincial de Lugo.

3 VOCAL

Titular: Dona Angeles Rivas Vázquez, xefa de Sección de Contabilidade e Contas da  Deputación Provincial de Lugo.

Suplente: Dona Ana  Sampedro Millares, Secretaria-Interventora do Concello de Castroverde.

Igualmente cónvocase ao Tribunal para a súa constitución o vindeiro dia 20 de setembro ás 11:00 horas.

A Resolución contida neste resolvo que é de trámite dentro do proceso selectivo, faise pública en cumprimento do disposto nas bases da convocatoria, non procedendo contra a mesma recurso algún sen prexuizo do establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992 de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común sobre abstención e recusación. Non obstante os/as interesados/as poderán presenta-las alegacións que estimen convenientes para a súa consideración na resolución que poña fin ó procedemento, conforme ó disposto no artigo 107 da Lei 30/1992.

SEGUNDO: Convocar en único chamamento ós/ás aspirantes admitidos/as para que comparezcan o vindeiro día 13 de outubro de 2011 as 11:00 horas aos efectos de realización do primerio exame que terá lugar no edificio do CEIP San Xoán de Becerreá.

Ordénao e asínao o Sr. Alcalde-Presidente. Ante mín. A Secretaria."

Becerreá, 23 de xuño de 2011.

O Alcalde,

Anuncio publicado no BOP de Lugo Núm. 152 - Martes, 5 de xullo de 2011

Lista definitiva admitidos e excluídos: auxiliar administrativo
Bases selección: Auxiliares Administrativos

files/SELECCION_PERSOAL_ESCUDO_________________________.jpg  

Servizos

Novas Destacadas
Volver    
[Xunta de Galicia]