Noticias
Alerta prazos

Desde o Servizo de emprego e desenvolvemento local do Concello de Becerreá, ponse en coñecemento dos interesados potencias de varias liñas de axuda que teñen o prazo de presentación de solicitude próximo a rematar.
CONSELLERÍA DE TRABALLO
Corrección de erros.-Orde do 5 de agosto de 2008 pola que se establece o procedemento de aboamento de cotas á seguridade Social a traballadores traballadoras que percibisen a prestación por desemprego na súa modalidade de pagamento único e se procede á convocatoria das correspondentes axudas.
Modifícase o prazo presentación de solicitudes ata o 15 de outubro
Enlaces relacionados:
Orde do 5 de agosto de 2008 pola que se establece o procedemento de aboamento de cotas á Seguridade Social a traballadores e traballadoras que percibisen a prestación por desemprego na súa modalidade de pagamento único e se procede á convocatoria das correspondentes axudas
CONSELLERÍA DE TRABALLO
Convocatoria de axudas en materia de traballo en igualdade das mulleres de Galicia.
Obxecto: Axudas dirixidas ao fomento da implantación de plans de igualdade, para a eliminación da infrarrepresentación feminina e para o fomento de plans de programación do tempo na cidade en pequenas e medianas empresas (Pemes).
Liñas:
Liña I: axudas para a implantación de plans de igualdade nos termos e nos ámbitos definidos na Lei 2/2007 de traballo en igualdade das mulleres de Galicia tanto de xeito voluntario como en cumprimento da obriga establecida nun convenio colectivo de ámbito superior á empresa, polo tanto, non será de aplicación ás empresas coa obriga legal de implantar plans de igualdade, segundo o establecido no artigo 45.2º da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo.
Liña II: axudas para actuacións tendentes á eliminación da infrarrepresentación feminina nos ámbitos laborais ocupados predominantemente por homes.
Liña III: axudas para o fomento de plans de programación do tempo na cidade.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 15 de outubro de 2008
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Axudas destinadas a proxectos de mellora da xestión ambiental das explotacións porcinas.
Obxecto: promover o desenvolvemento de sistemas innovadores de xestión de xurros procedentes das explotacións porcinas, respectuosos e compatibles coa protección do ambiente, que eviten consumos ineficientes de enerxía, que prevexan un enfoque integral de valorización e desenvolvemento de melloras técnicas dispoñibles na aplicación de xurros ao campo.
Beneficiarios: asociacións, organizacións e agrupacións de titulares de explotacións porcinas e outras figuras equivalentes, incluídas as agrupacións de defensa sanitaria, cooperativas, e sociedades agrarias de transformación, integradas na súa maioría por explotacións de porcino, que presenten un proxecto conxunto de xestión de xurros.
Actividades subvencionables:
a) Compra ou arrendamento con opción de compra de maquinaria e equipamento necesario para a preservación e mellora da contorna natural na xestión de xurros das explotacións porcinas, ata o valor de mercado de devandita maquinaria ou equipamento.
b) Custos xerais relacionados cos gastos indicados na letra anterior, como os honorarios de asesores, os estudos de viabilidade ou a adquisición de patentes e licenzas.
Prazo: ata o 24/10/2008
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES
Axudas a empresas de transporte público de viaxeiros para a adquisición de vehículos accesibles
Actuacións subvencionables e beneficiarios: adquisición de vehículos destinados ao transporte interurbano colectivo e de capacidade superior a nove prazas, incluído o condutor, que reúnan as seguintes condicións:
a) Que estean adaptados para o seu uso por persoas con mobilidade reducida.
b) Os vehículos deberán ser adquiridos durante o ano 2008.
Poderán ser beneficiarios da subvención, sen prexuízo de reunir os demais requisitos previstos nesta orde, as empresas prestadoras de servizos de transporte público regular permanente de viaxeiros de uso xeral suxeitas a concesión administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 7 de novembro de 2008, incluído.
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA
Ábrese o prazo de presentación de solicitudes para que os traballadores autónomos poidan tramitar as axudas para a compra de ordenadores persoais
Beneficiarios: Traballadores por conta propia dados de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos, agás comerciantes retallistas.
Contía da axuda: 45% do investimento subvencionable, cun límite de 350 euros por solicitante.
Prazo de presentación de solicitudes: Ano 2008: ata o 10 de novembro de 2008
Enlaces relacionados:
Orde do 26 de xuño de 2008 pola que se convoca o proceso de selección de entidades colaboradoras con esta consellería, para a xestión de subvencións destinadas a que os traballadores autónomos accedan á sociedade da información, e pola que se aproban as bases reguladoras das devanditas subvencións (procedemento administrativo IN533A)
Subvencións para o fomento do uso das deducións fiscais e das bonificacións na cotización á Seguridade Social por actividades de investigación, desenvolvemento e innovación
1.- Estas subvencións destinaranse a atender os gastos derivados das seguintes actividades: Modalidade A.-Solicitude de informes motivados de carácter vinculante do Ministerio de Industria Turismo e Comercio, ou organismo adscrito a este, relativos ao cumprimento dos requisitos científicos e tecnolóxicos, para os efectos de cualificar as actividades como I+D+I e aplicar a dedución fiscal por actividades de investigación e desenvolvemento e innovación tecnolóxica. As solicitudes destes informes motivados deben ir acompañados dun certificado de actividade de I+D+I emitido por unha entidade acreditada pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) para a emisión destes certificados. Modalidade B.-Solicitude de acordos previos de valoración dos gastos e investimentos correspondentes a proxectos de I+D+I ante o Ministerio de Economía e Facenda. Modalidade C.-Realización de accións destinadas a adquirir a sistemática de uso das deducións fiscais por actividades de I+D+I e a capacidade de autoliquidación destas actividades. Modalidade D.-Solicitude de informes motivados de carácter vinculante do Ministerio de Industria Turismo e Comercio, ou organismo adscrito a este, relativo ao cumprimento dos requisitos científicos e tecnolóxicos do persoal investigador, para os efectos de aplicar as correspondentes bonificacións na cotización á Seguridade Social. As solicitudes destes informes motivados deben ir acompañados dun certificado de actividade de I+D+I emitido por unha entidade acreditada pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) para a emisión destes certificados.
2.- Consideraranse como gastos subvencionables os seguintes:
Modalidade A:
A-1. Os gastos externos de consultoría necesarios para informe motivado, de ser o caso. A-2. Os gastos da certificación emitida por unha entidade acreditada pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) para a emisión destes certificados.
Modalidade B:
B-1. Os gastos de consultoría externa necesarios para a preparación e presentación da solicitude de acordos previos de valoración.
Modalidade C:
C-1. Os gastos externos de consultoría, de ser o caso.
C-2. Os gastos de persoal interno da empresa necesarios para o emprego as deducións fiscais (certificación de proxectos, solicitudes de informes motivados, etc.). Este persoal deberá ter relación laboral contractual coa empresa beneficiaria da subvención.
Modalidade D:
D-1. Os gastos externos de consultoría para a preparación da solicitude de informe motivado, de ser o caso.
D-2. Os gastos da certificación emitida por unha entidade acreditada pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) para a emisión destes certificados.
3.- Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 14 de novembro de 2008
CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL:
Orde do 24 de outubro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás entidades recoñecidas como agrupacións de defensa sanitaria gandeiras de Galicia (ADSG) e se convocan para o ano 2009
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 1 de decembro de 2008
|