Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Noticias

ALERTA DE AXUDAS XUÑO 2009


CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO:

Axudas para a concesión de subvencións á promoción, produción e edición do libro galego, no que se refire á materialización dos grandes proxectos editoriais

Obxecto: axudas á produción editorial para apoiar a promoción e produción do libro galego, na edición tradicional e nos novos soportes, no que atinxe á realización dos grandes proxectos editoriais

Beneficiarios: entidades que acrediten a súa condición de editoras e que cumpran o previsto no artigo 8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 01/07/2009

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL:

Axudas á bonificación de custos financeiros de préstamos formalizados para a disposición dos importes dos pagamentos de axudas ás explotacións leiteiras galegas

Obxecto: axudas de minimis, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a bonificar os xuros dos préstamos que subscriban os titulares de explotacións gandeiras que teñan asignadas cantidades de referencia para a produción de leite o 31 de marzo de 2009

Beneficiarios: os produtores de leite que cumpran as seguintes condicións:
a) Que sexan titular de cantidade de referencia para a produción de leite o 31 de marzo de 2009.

b) Que solicitasen a axuda do réxime de pagamento único e pagamento adicional no sector lácteo para o ano 2009.

c) Que formalicen, como máis tarde o 31 de xullo de 2009, un préstamo con algunha das entidades colaboradoras por unha contía igual ou inferior ao 90 por cento das cantidades solicitadas na campaña 2009 das axudas do réxime de pagamento único e do pagamento adicional no sector lácteo.

 Prazo de presentación de solicitudes: A Consellería do Medio Rural, a través do Fogga, no prazo de 15 días seguintes á entrada en vigor desta orde, remitirá de oficio aos interesados/beneficiarios o documento de recoñecemento de cumprimento das condicións para a presentación das solicitudes de axuda financeira previstas nesta orde, así como o importe máximo do préstamo que se pode solicitar.

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, MEDIO RURAL E MARIÑO:

Orde ARM/1414/2009, de 20 de maio, pola que se modifica a Orde APA/1234/2005, de 22 de abril, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas destinadas ao fomento de actividades de formación profesional náutico-pesqueira

Enlaces relacionados:

Orde APA/1234/2005, de 22 de abril, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas destinadas ao fomento de actividades de formación profesional náutico-pesqueira

MINISTERIO DE FOMENTO:

Orde FOM/1387/2009, de 14 de maIo, pola que se convocan axudas a transportistas autónomos por estrada que abandonen a actividade

Obxecto: axudas a transportistas autónomos por estrada que abandonen a actividade

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 12/06/2009

Enlaces relacionados: Orde FOM/2218/2008, de 23 de xullo, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas a transportistas autónomos por estrada que abandonen a actividade

 MINISTERIO DE TRABAJO E INMIGRACIÓN

Orden TIN/1413/2009, de 29 de mayo, por la que se modifica la Orden TAS/1043/2007, de 18 de abril, por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de subvenciones sometidas al régimen general de subvenciones del área de integración de los inmigrantes, solicitantes de asilo y otras personas con protección internacional del Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.

Disponible aquí en formato PDF

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO:

Bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a fundacións, asociacións e institucións culturais, con ámbito de actuación supraprovincial e que desenvolvan as súas actividades en Galicia, para o seu funcionamento e para a realización de programas culturais.  

Obxecto: Fixar o réxime de concesión de subvencións para o funcionamento e a realización de programas ou actividades culturais concretas polas asociacións, entidades e fundacións culturais sen ánimo de lucro, con ámbito de actuación supraprovincial. Inclúense nesta orde os programas e actividades desenvolvidas desde o 1 de xaneiro de 2009 ata a data límite de xustificación desta orde. Entenderase por programas ou actividades culturais concretas aquelas destinadas á promoción e cooperación cultural e á difusión e animación sociocultural que contribúen ao espallamento e promoción da cultura galega; gastos de persoal para a dirección e coordinación das actividades e gastos de funcionamento, se é o caso, das institucións obxecto da subvención.  

Beneficiarios: Entidades e asociacións culturais sen ánimo de lucro.  

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 3 de xuño de 2009    

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO:

Premio ás actividades produtivas no medio rural pola contribución á conservación, recuperación e posta en valor do territorio histórico dos camiños de Santiago.  

Finalidade: Convocar o premio ás actividades produtivas no medio rural pola súa contribución á conservación, recuperación e posta en valor do territorio histórico dos camiños de Santiago co fin de recoñecer e incentivar a recuperación das actividades e usos agrogandeiros e forestais tradicionais e a integración harmónica no territorio das novas actividades e formas de produción, en tanto que o seu desenvolvemento e implantación sexan respectuosos cos valores naturais e culturais representativos dese territorio.   A contía deste premio, que será de 40.000 €, distribuirase nun primeiro premio de 25.000 € e dúas mencións de 7.500 €.

Beneficiarios: Poderán ser candidatos ao premio as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións forestais, agrícolas e/ou gandeiras ou de actividades de transformación ou distribución dos seus produtos que desenvolvan a súa actividade tanto no ámbito do territorio histórico do Camiño Francés, como nos diversos ámbitos das outras rutas que se enmarcan na denominación xeral do Camiño de Santiago. As candidaturas serán presentadas por asociacións culturais, de amigos do Camiño de Santiago, defensa do patrimonio, do ambiente, etc., polas asociacións profesionais agrarias ou por entidades (universidades, colexios profesionais, etc.) incluíndo as territoriais (concellos, mancomunidades, etc..)  

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 30 de outubro de 2009    

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL:

Bases reguladoras das axudas para agricultores membros de agrupacións de defensa fitosanitaria    

Obxecto: Establecer as bases reguladoras das axudas para agricultores que empreguen os servizos das agrupacións que desenvolvan programas de defensa fitosanitaria.


Beneficiarios: Os agricultores que desenvolvan a súa actividade nos sectores da produción de horta, froiteiras e da vide, que pertenzan a unha ADF (asociacións ou agrupacións de agricultores) e empreguen os seus servizos para o desenvolvemento dun programa de defensa fitosanitaria. Requisitos dos agricultores pertencenes ás ADF: - Que estean formadas por un número mínimo de 10 agricultores, que integren unha superficie mínima suficiente para a mellor eficacia das técnicas de loita que van aplicar, e para que resulte económico o mantemento do técnico e demais equipamento utilizado pola entidade. -Que teñan subscrito un contrato laboral a tempo total co técnico que dirixirá a execución do programa nos cultivos que se van producir. -Os beneficiarios deberán ter revisado ou solicitada a revisión da súa maquinaria no marco do programa de revisión e control de maquinaria de tratamento de produtos fitosanitarios.  

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 3 de xuño de 2009

MINISTERIO DE TRABALLO E INMIGRACIÓN:  

Subvencións públicas para a ordenación dos fluxos migratorios laborais dos traballadores migrantes e a súa inserción sociolaboral  

Obxecto: Subvencións públicas para procesos de selección dos traballadores estranxeiros que non se achen nin residan en España que teñan por obxecto a súa posterior contratación nos seus países de orixe para a realización de actividades de tempada ou campaña; organización e coordinación dos desprazamentos e contratacións; desprazamentos colectivos dos mesmos, e actuacións tendentes ao seu asesoramento e información sociolaboral.  

Liñas:

-Participación nos procesos de selección dos traballadores estranxeiros non residentes en España. A finalidade é apoiar os procesos selectivos que realizan as Comisións de Selección previstas nos Acordos sobre regulación de fluxos migratorios,  para contratar nos seus países de orixe a traballadores que non se achen nin residan en España para a realización de actividades de tempada ou campaña.       

Beneficiarios:as organizacións e agrupacións empresariais e as cooperativas que soliciten a xestión da Oferta de emprego xenérica de carácter temporal.

-Organización e coordinación dos desprazamentos e contratacións dos traballadores. A finalidade é a ordenación dos desprazamentos dos traballadores estranxeiros para ocupar postos de traballo en campañas agrícolas de tempada, sempre que os mesmos sexan contratados nos seus países de orixe para a realización de actividades de tempada ou campaña.       

Beneficiarios: as organizacións e agrupacións empresariais e as cooperativas.

-Desprazamentos colectivos dos traballadores. A finalidade é favorecer a mobilidade xeográfica dentro do territorio nacional dos traballadores estranxeiros cando teñan que desprazarse para realizar a súa actividade laboral en campañas agrícolas de tempada.       

Beneficiarios: as empresas, as organizacións e agrupacións empresariais e as cooperativas agrarias.

-Asesoramento e información sociolaboral. A finalidade é prestar apoio aos traballadores estranxeiros que sexan contratados nos seus países de orixe para a realización de actividades de tempada ou campaña agrícola.          

Beneficiarios: as entidades locais e as organizacións sindicais.  

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 24 de xuño de 2009

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA:

Subvención para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante na Comunidade Autónoma galega.  

Programas subvencionables:

-Programa de acollida. Terá por obxecto a realización de proxectos de introdución á sociedade de acollida, accións de derivación a servizos públicos de carácter xeral, ensinanza das linguas da sociedade de acollida e itinerarios de inserción.

-Programa de acollida especializada para persoas en situación de especial vulnerabilidade. Este programa inclúe aloxamento e manutención ademais das actuacións recollidas no punto anterior.  

Beneficiarios: Poderán ser solicitadas por concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais da Comunidade Autónoma galega. O número de inmigrantes extracomunitarios empadroados na entidade local deberá ser superior a 100 persoas. Para estes efectos, teranse en conta os datos oficiais do Instituto Nacional de Estatística a 1 de xaneiro de 2008.  

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 4 de xullo de 2009  

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA:

Subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais, para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de integración da poboación inmigrante extracomunitaria na Comunidade Autónoma galega.  

Programas subvencionables:

-Eixe de educación. Programas de acollida educativa; Programa de reforzo educativo; Programa de promoción da educación cívica intercultural; Programa de reforzo da escolarización dos alumnos de orixe inmigrante en etapas escolares non obrigatorias; Fomento de actuacións coordinadas entre os centros educativos e o seu contorno e de actividades de educación non formal e extracurriculares.

- Eixe de emprego. Apoio a programas de acceso, mantemento e promoción do emprego; Reforzo da participación de inmigrantes nas políticas activas de emprego, itinerarios integrados de inserción sociolaboral, e colaboración con entidades de intermediación laboral; Fomento da iniciativa empresarial e o traballo por conta propia ou traballo asociado (autoemprego, microcréditos e economía social); Apoio a programas de conciliación da vida familiar e laboral. - Eixe de vivenda. Información e orientación sobre recursos de aloxamento na fase de asentamento inicial e reforzó de programas de intermediación no mercado de vivenda; Apoio a programas de intervención en contornos con alta presenza de inmigrantes; Programa de inserción de familias inmigrantes en contornos con escasa poboación, no marco do proxectos de desenvolvemento local.

- Eixe de servizos sociais. Programa de reforzo dos recursos organizativos e humanos dos servizos sociais de atención primaria; Programa de formación de profesionais na atención á poboación de distintas orixes e culturas e mediación intercultural. - Eixe de muller. Apoio ao acceso normalizado das mulleres inmigrantes en programas dirixidos á poboación en xeral e a programas específicos para mulleres; Actuacións dirixidas a facilitar a integración social das mulleres inmigrantes que se atopan nunha situación de especial vulnerabilidade.
Beneficiarios:
Poderán ser solicitadas por concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais da Comunidade Autónoma galega.  

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 4 de xullo de 2009  

MINISTERIO DA PRESIDENCIA:  

Axudas aos tripulantes de buques españois afectados pola paralización temporal da actividade pesqueira dos buques de palangre de superficie que capturan peixe espada e quenlla en augas dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico  

Obxecto: Axudas aos tripulantes de buques españois como consecuencia da paralización temporal dos buques afectados polo Plan de xestión e capturas de peixe espada e quenllas para a flota de palangre de altura regulado na Orde ARM/3721/2008, de 16 de decembro, pola parada obrigatoria realizada durante o período comprendido entre o 1 de agosto de 2008 e o 31 de decembro de 2009, ambos inclusive.  

Beneficiarios: Os tripulantes españois, os nacionais dun Estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo e os estranxeiros que conten con autorizacións de residencia e traballo en vigor, embarcados nos buques pesqueiros españois afectados pola paralización temporal da actividade pesqueira dos buques de palangre de superficie que capturan peixe espada e quenlla en augas dos océanos atlántico, indico e pacífico, cuxo contrato de traballo se viu suspendido por causa da paralización temporal.  

Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a contar:
a) Desde a entrada en vigor da presente orde para os buques que paren en períodos anteriores a devandita data.
b) Para o resto das solicitudes correspondentes a buques que efectúen as paradas con posterioridade á entrada en vigor da presente orde, devandito prazo computarase desde a finalización do período da parada.  

MINISTERIO DA PRESIDENCIA:  

Axudas pola paralización temporal da actividade aos tripulantes de buques españois afectados polo plan de recuperación da pescada do norte (NEAFC)  

Obxecto: Axudas aos tripulantes de buques españois como consecuencia da paralización temporal dos buques afectados polo plan de recuperación da pescada do Norte (NEAFC, polas paradas obrigatorias realizadas durante o período comprendido entre o 1 de agosto de 2008 e o 31 de decembro de 2009, ambos inclusive, debendo comezar o primeiro período de parada antes do 31 de decembro de 2008.  

Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios destas axudas os tripulantes españois, os nacionais dun Estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo e os estranxeiros que conten con autorizacións de residencia e traballo en vigor, embarcados nos buques pesqueiros españois afectados polo plan de recuperación da pescada do Norte (NEAFC), cuxo contrato de traballo se viu suspendido por mor da paralización temporal.  

Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a contar:
a) Desde a entrada en vigor da presente orde para os buques que paren en períodos anteriores a devandita data.
b) Para o resto das solicitudes correspondentes a buques que efectúen as paradas con posterioridade á entrada en vigor da presente orde, devandito prazo computarase desde a finalización do período de cada parada.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA:  

Resolución do 3 de xuño de 2009, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se modifica o prazo de xustificación da execución das actuacións subvencionables establecidas na Orde do 21 de novembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, destinadas a pequenas e medianas empresas (Pemes) para a realización de plans ou accións a favor da conciliación da vida persoal, familiar e laboral.    

Enlace relacionado:    Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, destinadas a pequenas e medianas empresas (Pemes) para a realización de plans ou accións a favor da conciliación da vida persoal, familiar e laboral.          

MINISTERIO DE FOMENTO: 

Axudas para a adquisición e instalación de balizas de home á auga, chalecos salvavidas, goniómetros de localización e radiobalizas GPS, para os buques de pesca nacionais, a outorgar pola Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima

Obxecto: Esta orde ten por obxecto regular as bases para a concesión das axudas destinadas á adquisición e instalación nos buques pesqueiros nacionais dos seguintes equipos e aparatos: a) Chalecos salvavidas de utilización permanente e baliza de alarma de home á auga de activación automática para todos os tripulantes de buques pesqueiros que realicen as súas faenas habituais en cuberta. b) Receptor de alarma de balizas de home á auga en todos os buques de pesca local e litoral. c) Radiogoniómetros de localización de balizas de home á agua en todos os buques pesqueiros de altura e gran altura. d) Radiobalizas de activación manual nos buques de pesca local carentes de espazos cubertos, de eslora (L) superior a 6 metros, autorizados a faenar máis alá de 3 millas da costa.

Beneficiarios: Serán beneficiarios destas axudas os armadores dos buques de pesca nacionais nos que se teñan instalado os equipos e aparatos aos que se fai referencia no artigo 1, sempre que cumpran os requisitos exigidos polo artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións e nestas bases.

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 13 de xullo de 2009    

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, Y MEDIO RURAL Y MARINO:

Axudas ás organizacións de produtores pesqueiros, de ámbito nacional, previstas no artigo 37, letra n), do Regulamento (CE) n.º 1198/2006 e no  artigo 9 do Regulamento (CE) n.º 104/2000 e se establece o procedemento para a súa concesión.  

Obxecto:   Esta orde ten por obxecto establecer as bases das axudas para facer fronte aos gastos que tiveran lugar na campaña 2008 nas seguintes actuacións: a) Pola creación de organizacións de produtores pesqueiros co obxecto de facilitar o seu establecemento e funcionamento administrativo. b) Co obxecto de facilitar a aplicación dos seus plans de mellora da calidade dos seus produtos. c) Pola súa reestruturación para dotalas dunha nova organización que faga máis eficaz e rendible a súa actividade, adecuando a súa produción ás exixencias do mercado e contribuindo ao cumprimento dos obxectivos da política pesqueira común. d) Promoción da reestruturación das frotas pesqueiras da Comunidade Europea afectadas pola crise económica.  

Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias destas axudas as organizacións de produtores pesqueiros recoñecidas pola Administración Xeral do Estado ao abeiro do Regulamento (CE) nº 104/2000, do Consello, de 17 de decembro de 1999, polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e a acuicultura, cuxo ámbito de actuación se estenda a todo o territorio nacional.    

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 19 de xuño de 2009

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL:  

Axudas destinadas ás explotacións gandeiras, industrias agroalimentarias e establecementos de xestión de subprodutos para a mellora da capacidade técnica de xestión de subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano.    

Liñas:  

a) Axudas ás pequenas e medianas empresas agrarias.
b) Axudas a industrias agroalimentarias.
c) Axudas ao almacenamento e procesamento intermedio de subprodutos.
d) Axudas a plantas de transformación, destrución e valorización de subprodutos.  

Beneficiarios:   Para a liña a) Axudas ás pequenas e medianas empresas agrarias, poderán ser beneficiarios aqueles titulares de explotacións gandeiras que cumpran os seguintes do artigo 5º desta orde.   Para a liña b) Axudas a industrias alimentarias, poderán ser beneficiarios aqueles titulares de explotacións gandeiras que cumpran os seguintes do artigo 8º desta orde.   Para a liña c) Axudas ao almacenamento e procesamento intermedio de subprodutos, poderán ser beneficiarios os titulares de establecementos SANDACH, de almacenamento e procesamento que cumpran os seguintes do artigo 11º desta orde.
Para a liña d) Axudas ao almacenamento e procesamento intermedio de subprodutos, poderán ser beneficiarios os titulares de establecementos que cumpran os seguintes do artigo 14º desta orde.    

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 30 de xuño de 2009      

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL:  

Orde do 4 de xuño de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras da Orde do 17 de decembro pola que se establecen as bases reguladoras das Axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.    

Enlace relacionado:
Orde do 17 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA:  

 Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo e se procede á súa convocatoria   Obxecto: Esta orde ten por obxecto establecer as bases das axudas  económicas a aqueles traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo.  

Beneficiarios:
Poderán ser beneficiarios destas axudas:

a) Homes traballadores por conta allea, tanto da empresa privada como das administracións públicas, organismos autónomos, entes públicos de dereito privado e empresas públicas dependentes delas, con independencia de que o seu vínculo sexa laboral, funcionarial ou estatutario e os socios das sociedades cooperativas, sempre que estes últimos pertenzan ao réxime xeral da Seguridade Social, que se acollan á redución de xornada a que se alude no artigo 2º desta resolución.

b) Familias monoparentais en que a persoa solicitante, home ou muller, sexa traballadora por conta allea e se acolla á redución de xornada a que se alude no artigo 2º desta resolución.  

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 31 de agosto de 2009      

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL:  

Corrección de erros.-Orde do 13 de marzo de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de países terceiros.    

Enlace relacionado:
Orde do 13 de marzo de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de países terceiros             

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE E MEDIO RURAL E MARIÑO:  

Axudas a proxectos susceptibles de ser financiados polo Instrumento Financeiro LIFE+ da Unión Europea, nos ámbitos temáticos de LIFE+ Natureza e Biodiversidade, LIFE+ Política e Gobernanza Medio Ambiental e LIFE+ Información e Comunicación,    

Obxecto: O obxectivo xeral do Instrumento Financeiro LIFE+, de acordo co artigo 1 do Regulamento, é contribuir á aplicación, actualización e desenvolvemento da política e lexislación comunitaria en materia de medio ambiente, en particular no que se refire á integración do medio ambiente nas demáis políticas e ao desenvolvemento sostible na Comunidade.  

Liñas: a) Proxectos LIFE+ Natureza e Biodiversidade. b) Proxectos LIFE+ Política e Gobernanza Medioambiental. c) Proyectos LIFE+ Información e Comunicación.    

Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios destas axudas: As entidades establecidas nos Estados membros da Unión Europea, tanto as institucións coma os axentes ou organismos públicos ou privados.   

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 15 de setembro de 2009        

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE E MEDIO RURAL E MARIÑO:  

Axudas aos fondos procedentes da modulación destinados a organizacións profesionais agrarias e organizacións de cooperativas de ámbito estatal para a realización de actuacións de apoio aos seguros agrarios durante o ano 2009.   

Obxecto: Esta orde ten por obxecto establecer a convocatoria para a concesión das axudas dos fondos procedentes da modulación a organizacións profesionais agrarias e organizacións de cooperativas agrarias de ámbito estatal, membros da Comisión Xeral de ENESA para a realización de actuacións que redunden en beneficio dos seguros agrarios.   

Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios destas axudas: Organizacións profesionais agrarias e organizacións de cooperativas agrarias de ámbito estatal, representativas dos titulares de explotacións agrarias e de cooperativas agrarias, que formen parte da Comisión Xeral de ENESA.  

Prazo de presentación de solicitudes:Ata o 23 de xuño de 2009

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA:

Subvencións para o fomento da propiedade industrial.

Obxecto: Fomentar a protección da propiedade industrial en Galicia, tanto a nivel nacional como internacional, para garantir a plena explotación dos resultados das nosas innovacións. Trátase de impulsar a protección, non só das innovacións técnicas (invencións), senón tamén das innovacións de forma (deseños industriais) e de imaxe (signos distintivos).

Beneficiarios:

Para calquera título de propiedade industrial (invencións, deseños industriais e signos distintivos):

-As microempresas, pequenas e medianas empresas (PEME), calquera que sexa a súa forma xurídica, que teñan o seu domicilio social ou algún centro produtivo na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que os conceptos para os que solicitan a subvención teñan aplicación directa nestes centros produtivos.

Soamente para títulos de propiedade industrial correspondentes a invencións: 

-As grandes empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que teñan o seu domicilio social ou algún centro produtivo en Galicia, sempre que os conceptos para os que solicitan subvención teñan aplicación directa nestes centros produtivos. -As persoas físicas empadroadas en Galicia. -As institucións sen fin de lucro, calquera que sexa a súa forma xurídica, que teñan o seu domicilio social en Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes:Ata o 15 de novembro de 2009

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL:

Orde do 10 de xuño de 2009 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes das axudas previstas na Orde do 20 de marzo de 2009 pola que se convocan para o exercicio orzamentario de 2009 as axudas para fomentar a produción de produtos agroalimentarios de calidade de orixe animal

Novo prazo de presentación de solicitudes: ata o 30/06/2009

Enlaces relacionados: Orde do 20 de marzo de 2009 pola que se convocan para o exercicio orzamentario de 2009 as axudas para fomentar a produción de produtos agroalimentarios de calidade de orixe animal

 IGAPE:

Resolución do 8 de xuño de 2009 pola que se fai pública a modificación do programa de préstamos do Instituto Galego de Promoción Económica para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI)

Enlaces relacionados: Resolución do 16 de marzo de 2009 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que establece un programa de préstamos para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI)

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL:

Corrección de erros.-Orde do 4 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ás explotacións gandeiras, industrias agroalimentarias e establecementos de xestión de subprodutos para a mellora da capacidade técnica de xestión de subprodutos de orixe animal non destinados a consumo humano, e se convocan para o ano 2009

Enlaces relacionados: Orde do 4 de xuño de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ás explotacións gandeiras, industrias agroalimentarias e establecementos de xestión de subprodutos para a mellora da capacidade técnica de xestión de subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano, e se convocan para o ano 2009

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA:

 Axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2009.

 Liña: PROGRAMA A. AXUDAS A ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR PARA A REFORMA, REPARACIÓN, CONSERVACIÓN E MANTEMENTO DAS SÚAS INSTALACIÓNS

Obxecto: Axudas ás entidades galegas no exterior para contribuír ao financiamento dos gastos derivados dos investimentos que realicen durante o exercicio 2009 en obras de reforma, reparación, conservación e mantemento,destinadas á mellora das súas instalacións.

 Liña: PROGRAMA B. AXUDAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS DE EMIGRANTES GALEGOS NO EXTERIOR PARA A MELLORA DE DOTACIÓNS E EQUIPAMENTOS

Obxecto: Concesión de axudas destinadas ás entidades galegas no exterior para financiar a adquisición de dotacións e equipamentos que contribúan a mellorar as condicións en que se desenvolvan as actividades asociativas e que se realicen durante o exercicio 2009.

Liña: PROGRAMA C. AXUDAS PARA O ACONDICIONAMENTO E DOTACIÓN E/OU RENOVACIÓN DE FONDOS DAS BIBLIOTECAS PERTENCENTES ÁS ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR

Obxecto: Concesión de axudas para financiar o acondicionamento e mellora das instalacións das bibliotecas existentes nas entidades galegas no exterior e a dotación e/ou renovación dos seus fondos bibliográficos e demais actuacións que contribúan a mellorar as condicións en que se atopan na actualidade e que se realicen durante o exercicio 2009.

Liña: PROGRAMA D. AXUDAS PARA A RESTAURACIÓN E CATALOGACIÓN DO PATRIMONIO ARTÍSTICO, BIBLIOGRÁFICO E DOCUMENTAL TITULARIDADE DAS ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR

Obxecto: Concesión de axudas para contribuír ao financiamento dos gastos derivados da restauración e catalogación dos bens de interese artístico e histórico, así como do patrimonio bibliográfico e documental das entidades galegas no exterior que se realicen durante o exercicio 2009

Beneficiarios: Entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a condición de centro colaborador. Ademais, ás entidades que presenten solicitude ao abeiro do Programa C. Axudas para o acondicionamento e dotación e/ou renovación de fondos das bibliotecas pertencentes ás entidades galegas no exterior, exíxeselles que dispoñan nas súas instalación de biblioteca propia. 

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 22 de julio de 2009

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

Axudas destinadas a determinados proxectos de mellora da xestión ambiental das explotacións porcinas en Galicia e se convocan para o ano 2009.

Obxecto: Subvencións para promover o desenvolvemento de sistemas innovadores de xestión de xurros procedentes das explotacións porcinas, respectuosos e compatibles coa protección do ambiente, que eviten consumos ineficientes de enerxía, que prevexan un enfoque integral de valorización e desenvolvemento de melloras técnicas dispoñibles na aplicación de xurros ao campo.

Beneficiarios: Asociacións, organizacións e agrupacións de titulares de explotacións porcinas e outras figuras equialentes, incluídas as agrupacións de defensa sanitaria, cooperativas e sociedades agrarias de transformación, integradas na súa maioría por explotacións de porcino, que presenten un proxecto conxunto de xestión de xurros.

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 22 de xullo de 2009

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Axudas e subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2009

PROGRAMA 1. AXUDAS A ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR PARA A PRESTACIÓN DE SERVIZOS SOCIOASISTENCIAIS EN FAVOR DAS PERSOAS DE ORIXE GALEGA RESIDENTES NO EXTERIOR E OS SEUS DESCENDENTES

PROGRAMA 2. AXUDAS PARA PROMOVER A REALIZACIÓN DE EXPOSICIÓNS, CONFERENCIAS, CURSOS DE FORMACIÓN E ACTIVIDADES ASOCIATIVAS PROPIAS DAS ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR

PROGRAMA 3. AXUDAS PARA A EDICIÓN DE LIBROS, PUBLICACIÓN DE REVISTAS E OUTRAS ACCIÓNS DE CARÁCTER INFORMATIVO

PROGRAMA 4. AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE PROXECTOS PROMOVIDOS POLA XUVENTUDE

PROGRAMA 5. AXUDAS PARA O FINANCIAMENTO DOS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DAS ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR

PROGRAMA 6. AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE GRUPOS DE MÚSICA, DE TEATRO E OUTRAS MANIFESTACIÓNS CULTURAIS

PROGRAMA 7. AXUDAS PARA A SUBSCRICIÓN A PUBLICACIÓNS E REVISTAS DE CARÁCTER PERIÓDICO

PROGRAMA 8. AXUDAS PARA A ADAPTACIÓN DOS NOMES E REFORMA DOS ESTATUTOS DAS ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR

Beneficiarios: As entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, así como aquelas institucións e asociación sen fins de lucro radicadas no exterior, legalmente constituídas e que contribúan a favorecer a difusión e preservación do patrimonio cultural galego no exterior.

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 22 de xullo de 2009

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA:

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas para a realización de actuacións e estratexias de promoción e internacionalización e se procede á súa convocatoria (IN515B).

Obxecto: Incentivar o desenvolvemento de actuacións e estratexias de difusión, promoción, acceso a mercados e de apoio aos recursos humanos, xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarios: As empresas privadas con domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, xa sexan persoas físicas ou xurídicas.

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 24 de Xullo de 2009 inclusive.

 CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA: 

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a empresas galegas para a adquisición de equipamento industrial e se procede á súa convocatoria. (Procedemento administrativo IN 530B).


Obxecto: Incentivar o desenvolvemento de actuacións de investimentos en equipamento industrial que incida na capacidade competitiva das empresas galegas a través da súa adquisición no ano 2009.

Beneficiarios: As empresas privadas válidamente constituídas no momento de presentación de solicitudes, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, con domicilio social ou algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia, e que acrediten a inscrición da súa actividade principal, nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE (imposto sobre actividades económicas) que se relacionan no anexo II, nos termos nel establecidos.

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 24 de Xullo de 2009 inclusive.

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA:

Modifícanse as bases reguladoras das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas.   (INCLUSIÓN SECTOR LACTEO)

Enlaces Relacionados:

Resolución do 4 de novembro de 2008 pola que se lle dá publicidade ao acordó do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba as bases reguladoras das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das pequenas e medianas empresas,instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego dePromoción Económica, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas

 

 

Servizos

Novas Destacadas
Volver    
[Xunta de Galicia]