Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Noticias

ALERTA DE AXUDAS XANEIRO 2009


 

ALERTA DE AXUDAS XANEIRO 2009 

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE:

 Axudas a entidades colaboradoras de pesca fluvial para o fomento da riqueza piscícola

Beneficiarias: Poderán ser beneficiarias as sociedades ou asociacións que teñan o nomeamento de entidade colaboradora, de conformidade co disposto na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, e no Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais. Este nomeamento deberá estar en vigor tanto no momento de presentar a solicitude de axuda como no momento do pagamento desta.

 Actividades subvencionables:
Poderán acollerse a estas axudas as actividades realizadas no ámbito do fomento da riqueza piscícola incluídas nalgunha das seguintes categorías:
a) Vixilancia de tramos de pesca: todos os gastos directamente relacionados coas tarefas de vixilancia de tramos de ríos.
b) Sinalización de tramos de pesca: gastos directamente relacionados coa información á beira do río sobre a normativa de pesca aplicable aos distintos tramos, incluíndo, entre outros, carteis, soportes e gastos de colocación.
c) Actividades educativas: gastos directamente relacionados coa organización de cursos e outros actos formativos, educativos ou divulgativos, incluíndo, entre outros, salarios ou gratificacións para relatores, publicidade e edición de material didáctico.
d) Accesos: creación, mantemento e conservación de accesos a tramos de pesca e adecuación de sendas e postos de pesca; mantemento de infraestruturas; recuperación de desovadoiros; eliminación de obstáculos; construción de pasarelas, incluíndo equipamento e materiais necesarios para estas tarefas.

 Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30/01/2009

 

IGAPE:

Corrección de erros.- bases reguladoras das axudas para facilitar a análise empresarial das empresas galegas cara ao acceso ao Mercado Alternativo Bursátil (MAB)


MINISTERIO DE TRABALLO E INMIGRACIÓN:

Real Decreto 2128/2008, de 26 de decembro, polo que se fixa o salario mínimo interprofesional para 2009

 

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMÓNS. PÚBLICAS E XUSTIZA:  

Axudas económicas destinadas a subvencionar a realización de infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais por parte dos concellos  

 Actuacións subvencionables:

a)    Construción e adecuación de prazas públicas.

b)    Creación, adecuación ou rehabilitación de espazos e parques destinados á infancia.  

 Beneficiarios:

Os concellos que cumpran os seguintes requisitos:

a)    que teñan menos de 20.000 habitantes, de acordo cos datos do último padrón de habitantes.

b)    Ter presentadas as contas do concello a que se refire o artigo 208 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, correspondentes ao exercicio orzamentario 2007, no Consello de Contas de Galicia  

 

Prazo de presentación de solicitudes:

Ata o 2 de febreiro de 2009    

 

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL:  

Corrección de erros.-Orde do 4 de decembro de 2008 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas aos investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios para o período 2007-2013 e se convocan parcialmente para o exercicio orzamentario de 2009  

Enlaces relacionados:  

Orde do 4 de decembro de 2008 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios do período 2007-2013 e se convocan parcialmente para o exercicio orzamentario de 2009    

PRESIDENCIA:  

Lei 16/2008, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009    

 

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS:  

 Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o ano 2009    

 

IGAPE:  

 Resolución do 23 de decembro de 2008 pola que se fai pública a modificación do programa de préstamos para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI)   

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 31 de decembro de 2010. No caso de esgotamento de crédito antes da dita data, publicarase no Diario Oficial de Galicia a finalización anticipada do prazo 

 

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA,ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA:

Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás agrupacións de voluntarios de protección civil e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Subvencións para o desenvolvemento de accións formativas ligadas á inserción laboral destinadas a persoas retornadas e inmigrantes:

Obxecto e finalidade:

O obxecto desta resolución é regular os requisitos e condicións da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás organizacións e entidades sinaladas no artigo seguinte para o desenvolvemento de accións formativas ligadas á inserción laboral, que permitan a mellora da cualificación profesional e faciliten a incorporación ao mercado de traballo das persoas retornadas e inmigrantes en Galicia, e proceder a súa convocatoria para o ano 2009. 

Entidades beneficiarias:

Poderán acceder á condición de beneficiarias e solicitar as subvencións reguladas nesta resolución as organizacións empresariais, profesionais e sindicais, así como as entidades sen ánimo de lucro que teñan como finalidade instituída por norma estatutaria ou regulamentaria o desenvolvemento de actividades de integración laboral que abarque ao colectivo de persoas retornadas e inmigrantes. 

Prazo:

O prazo de presentación será dun mes ,ata o 5 de febrero.

 

CONSELLERIA DO MEDIO RURAL

 

Convocatoria e Bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de xestión, substitución e aconsellamento,

Obxecto e finalidade:

O obxecto desta orde é a modificación das bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de xestión, substitución e aconsellamento aprobadas mediante a Orde do 18 de xullo de 2008 (Diario Oficial de Galicia nº 143, do 24 de xullo), e proceder á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2009. 

Prazo:

O prazo de presentación será dun mes ,ata o 5 de febrero.

Enlaces relacionados: Orde do 18 de xullo de 2008 (Diario Oficial de Galicia nº 143, do 24 de xullo)

 

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL:

Modificación das bases reguladoras das axudas a agrupacións de produtores para a realización de actividades de información e promoción de productos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2007-2013, e se convocan para o exercicio orzamentario de 2009

Prazo:
O prazo de presentación de solicitudes para esta convocatoria rematará o día 13 de marzo de 2009.

Enlaces relacionados:
Orde do 10 de maio de 2007 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a agrupacións de produtores para a realización de actividades de información e promoción de produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2007.

Orde do 4 de febreiro de 2008 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas a agrupacións de produtores para a realización de actividades de información e promociónde produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2007-2013, e se convocan para o exercicio orzamentario de 2008.


CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL:

Convocatoria das bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2009.

Obxecto e Beneficiarios:
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios e convocalas para o ano 2009, para os seguros incluídos no plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2009, ao abeiro do previsto no Decreto 332/1995, do 27 de decembro, polo que se establecen na Comunidade Autónoma galega axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios.

A Consellería do Medio Rural concederá estas axudas en réxime de concorrencia e poderán ser beneficiarios das axudas os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre e cando subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do plan 2009 e liñas gandeiras dos plans 2008 e 2009, e cumpran o establecido no Decreto 332/1995 e nesta orde. Tamén poderán ser beneficiarios destas axudas os que subscriban, durante o ano 2009, seguros de liñas de cultivos agrícolas que lles dean cobertura ás colleitas que se leven a cabo no ano 2010.

 

Prazo:
A formalización da declaración do seguro considerarase solicitude de axuda, sempre que se realice dentro dos períodos de subscrición establecidos pola normativa do plan anual vixente establecido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación

 

MINISTERIO DE CULTURA:

Resolución do 11 de decembro de 2008, do Instituto de la Cinematografía y de las Artes Audiovisuales, pola que se convocan para o ano 2009 axudas para a producción de curtametraxes.

Obxecto:
Convócanse para o ano 2009 axudas sobre o proxecto para a produción de curtametraxes e para curtametraxes realizadas, mediante réxime de concurrencia competitiva.

Beneficiarios:
Poderán solicitar estas axudas as empresas produtoras inscritas previamente como tales na Sección Primeira do Rexistro de Empresas Cinematográficas.

Prazo:
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ao día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial do Estado e finalizará o 10 de xuño de 2009 inclusive.

 

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL:

Axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo

Obxecto:
Esta orde ten por obxecto establecer as bases das axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia, e convocalas para o ano 2009, en réxime de concorrencia competitiva. As bases reguladoras publicaranse na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural: http://mediorural.xunta.es/

Beneficiarios:
1. As cooperativas agrarias que teñen como obxecto social prioritario a adquisición e a utilización de maquinaria de carácter agropecuario ou agroforestal en común, denominadas convencionalmente cooperativas de utilización de maquinaria agrícola, en diante CUMA, sociedades agrarias de transformación que teñan como obxecto social prioritario a utilización de maquinaria de carácter agropecuario ou agroforestal en común, e as cooperativas agrarias con sección específica de maquinaria agrícola segundo o artigo 9 da Lei 5/1998, do 18 de decembro (DOG nº 251, do 30 de decembro), de cooperativas de Galicia.
2. O resto de cooperativas agrarias que adquiran maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario ou agroforestal para prestar servizos aos seus socios.
3. As cooperativas de explotación comunitaria da terra e as SAT, procedentes da fusión de alomenos dúas explotacións, nos 5 anos posteriores á súa constitución.
4. As asociacións de viticultores formalmente constituídas, só no caso de investimentos en instalacións e equipamento de sistemas mecánicos patentados e homologados para o transporte de produtos vinculados á fase da produción vitícola.

Prazo de presentación de solicitudes:
Ata o 9 de marzo de 2009


CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL:

Axudas para a conservación e o fomento dos recursos zooxenéticos autóctonos

Finalidade:

Esta axuda ten os seguintes fins como obxecto:
a) A preservación, conservación e utilización dos recursos xenéticos animais tanto in situ como ex situ.
b) O fomento e a inclusión de producións agropecuarias autóctonas en sistemas de produción de calidade compatibles co ambiente.
c) A mellora, conservación e utilización dos recursos xenéticos animais de Galicia sobre o noso territorio.
d) O incremento dos ingresos no medio rural, mediante o desenvolvemento e establecemento de produtos agrarios cun maior valor engadido.
e) O establecemento de incentivos para o mantemento da poboación no medio rural.
f) Satisfacer a crecente demanda social de conservación ambiental.

Beneficiarios:
Poderán acollerse a estas axudas as organizacións ou asociacións de criadores de razas gandeiras autóctonas de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes:
Ata o 9 de febreiro de 2009

 

INSTITUTO DE CRÉDITO OFICIAL:

Desde onte, 7 de xaneiro, están dispoñibles as novas liñas financeiras do ICO para 2009. Máis información na web da UPD Coordina Local, apartado de Foro (financiamento) e na páxina do ICO

 

CONSELLERÍA DE TRABALLO:

Orde do 29 de decembro de 2008 pola que se regula o procedemento de cualificación das empresas de inserción laboral e a organización e funcionamento do seu rexistro administrativo

 

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL:
Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para a creación e mellora de empresas de comercialización e transformación de produtos forestais e se convocan para o exercicio orzamentario 2009
Obxecto:
Poderán ser subvencionables os investimentos relativos ás operacións de aproveitamento dos produtos forestais (madeira, cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais). No caso da madeira, biomasa e outros produtos forestais non alimentarios poderán ser subvencionábles tamén os investimentos relativos ás operacións de acondicionamento e transformación.
Beneficiarios:
Ser microempresas ou Pemes (pequenas e medianas empresas) do sector forestal radicadas en Galicia, mancomunidades de montes ou comunidades de montes veciñais en man común.
Prazo de presentación de solicitudes:
Ata o  25 de Febreiro de 2009 (40 días hábiles)
Enlaces relacionados: Orde do 28 de decembro de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008, axudas para a creación e mellora de empresas de comercialización e transformación de produtos forestais
 
CONSELLERÍA DE TRABALLO:
Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a actividades de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2009
 
Obxecto:
Serán subvencionables as seguintes actuacións:
-De formación, destinadas aos traballadores/as galegos/as.
-Estudos e traballos técnicos relacionados coa seguridade e saúde laboral.
-Realización de ferramentas prácticas para implantación de actuacións en seguridade e saúde laboral.
-De investigación e de prospección dirixidas á mellora da prevención de riscos laborais, así como estudos de condicións de traballo en sectores concretos de actividade económica.
-De difusión, sensibilización e intercambio de experiencias (conferencias, xornadas, seminarios e publicacións).
Beneficiarios:
As entidades beneficiarias das axudas recollidas nesta orde de convocatoria estarán incluídas en dous programas:
A. Entidades sen ánimo de lucro que teñan a súa sede social na Comunidade Autónoma de Galicia e que polos seus fins teñan vocación de fomento da prevención de riscos laborais entre as empresas e as traballadoras e os traballadores de Galicia.
B. Universidades situadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes:
Ata o 9 de Febreiro de 2009
 

 

CONSELLERÍA DE TRABALLO:
Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se convocan, para o exercicio do ano 2009, as subvencións destinadas ás entidades locais para a implantación e desenvolvemento de bancos municipais de tempo, plans de programación do tempo da cidade, plans de conciliación local e/ou outras medidas municipais de conciliación
Obxecto:
a) Bancos do tempo, coa finalidade de facilitarlle ás persoas empadroadas no correspondente concello a conciliación da súa vida persoal, familiar e laboral, a través dun sistema articulado de intercambio destinado a subministrar servizos e/ou coñecementos, entre mulleres e homes dun contorno dado, cuxa medida é a hora de tempo.
b) Plans de programación do tempo na cidade que, elaborados polos concellos, pretenden unha coordinación dos horarios da cidade coas exixencias persoais, familiares e laborais da cidadanía.
c) Plans de conciliación local ou conxunto coordinado de medidas adoptadas por un concello coa finalidade de facilitar a conciliación e a corresponsabilidade.
d) Implantación de calquera outra medida, sempre que os seus obxectivos respondan ao fin de fomentar a corresponsabilidade entre mulleres e homes a través da conciliación dos seus tempos persoais, laborais e familiares.
Beneficiarios:
Poderán solicitar as subvencións reguladas nesta convocatoria os concellos, individualmente ou a través dos órganos dunha área metropolitana, dunha mancomunidade de municipios ou dun consorcio local constituídos exclusivamente polos concellos implicados.
Prazo de presentación de solicitudes:
Ata o 9 de Febreiro de 2009

 

CONSELLERÍA DE TRABALLO:
Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se convocan subvencións aos concellos e outras entidades locais de Galicia para a realización de actividades de promoción e fomento do cooperativismo
Obxecto:
As actividades obxecto de subvención poderán consistir en calquera tipo de acción promocional e de fomento do cooperativismo dirixida ao ámbito territorial do concello ou concellos solicitantes e a súa área de influencia. A título de exemplo, poderán consistir na elaboración e publicación de estudos, informes, traballos de investigación, manuais e folletos divulgativos; celebración de feiras, mostras, congresos; organización de cursos, xornadas, conferencias, seminarios e simposios; así como actividades de fomento de viveiros cooperativos.
Coidarase especialmente o enfoque de carácter práctico e eficaz das actividades, así como a súa imbricación coa realidade do contorno socioeconómico local onde se desenvolven. Na medida en que resulte posible, procurarase a participación das asociacións de cooperativas representadas no Consello Galego de Cooperativas como xeito de contribuír á difusión dos valores e potencialidades do cooperativismo.
Beneficiarios:
1.Poderán ser beneficiarios os concellos de Galicia, individualmente ou a través dos órganos dunha área metropolitana, dunha mancomunidade de municipios ou dun consorcio local que, logo da solicitude, resulten seleccionados segundo o establecido nesta orde e realicen as devanditas actividades antes do 15 de novembro de 2009.
Prazo de presentación de solicitudes:
Ata o 25 Febreiro de 2009 (40 días hábiles)

 

CONSELLERÍA E MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE:

 Orde do 2 de xaneiro de 2009 pola que se convoca e regula, en réxime de concorrencia competitiva, a concesión de axudas destinadas a proxectos de mellora da xestión ambiental dos subprodutos das explotacións gandeiras, non porcinas, en Galicia para o ano 2009

 Obxecto:
Adecuar, reformar, mellorar e promover o desenvolvemento de sistemas innovadores da xestión do esterco procedente das explotacións gandeiras, excepto da especie porcina, que sexan respectuosos e compatibles coa protección do medio ambiente e prevendo un enfoque integral de valorización dos subprodutos xerados mediante a aplicación e o desenvolvemento de melloras técnicas dispoñibles na súa xestión, que permitan previr a contaminación do chan, da auga e da atmosfera e que contribúan a reducir os consumos ineficientes de auga e enerxía.

 Beneficiarios:
Os titulares de explotacións gandeiras, excepto as explotacións porcinas, que tendo a consideración de PEME, presenten un proxecto de mellora, reforma, reparación e/ou adecuación ambiental dos sistemas de xestión, almacenamento e distribución do esterco e os seus produtos obtidos e valorizados no marco da explotación.

 Prazo de presentación de solicitudes:
Ata o  12 de Febreiro de 2009 
   

CONSELLERÍA DE TRABALLO:

 Orde do 29 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2009, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administración públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro
  
Obxecto:
1. No ámbito dos programas de cooperación con entidades locais establécense subvencións para a contratación de traballadores e traballadoras desempregados/ as e mulleres vítimas de violencia para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social.

2. No ámbito dos programas de cooperación con administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro establécense as seguintes liñas de axuda:

a) Subvencións para a contratación de traballadores e traballadoras desempregados/as e mulleres vítimas de violencia para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social.

b) Subvencións para a contratación de axentes de emprego e unidades de apoio.
 
Beneficiarios:

- As entidades locais ou entidades públicas dependendentes ou vinculadas a unha Administración local que dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos correspondentes proxectos.

- Os órganos, organismos, entidades e sociedades públicas dependentes ou vinculadas ás administración públicas distintas da local e as universidades, así como as entidades sen ánimo de lucro que dispoñan de recoñecida solvencia e capacidade técnica e de xestión suficientes para a correcta execución dos correspondentes proxectos.


Prazo de presentación de solicitudes:

O último día hábil para a presentación de solicitudes será o 15 de febreiro, agás as solicitudes de axudas e subvencións para a contratación de mulleres vítimas de violencia, que poderán presentarse ao longo de todo o ano.

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Decreto 293/2008, do 18 de decembro, polo  que se declaran como zonas de especial interese

agrario as comarcas de Bergantiños,  Barbanza, Eume, Muros, Noia, Santiago de Compostela, O Sar, Os Ancares, Lugo, Sarria,  A Ulloa, Allariz-Maceda, Baixa Limia, Terra  de Trives, A Paradanta e Pontevedra.

Disponible aquí en formato PDF

MINISTERIO DE TRABAJO E INMIGRACIÓN

Resolución de 17 de diciembre de 2008, del Servicio Público de Empleo Estatal, por la que se determinan los colectivos y áreas prioritarias, así como las cuantías cofinanciadas por el Fondo Social Europeo, en las acciones de formación de demanda correspondientes al ejercicio 2009.

Disponible aquí en formato PDF

 MINISTERIO DE TRABAJO E INMIGRACIÓN

Resolución de 17 de diciembre de 2008, del Servicio Público de Empleo Estatal, por la que se modifica la de 7 de noviembre de 2008, por la que se aprueba la convocatoria para la concesión, con cargo al ejercicio presupuestario de 2009, de subvenciones públicas para la ejecución de planes de formación mediante convenios, de ámbito estatal, dirigidos prioritariamente a los trabajadores ocupados, en aplicación de la Orden TAS/718/2008, de 7 de marzo, por la que se regula la formación de oferta y se establecen las bases reguladoras para la concesión de subvenciones públicas destinadas a su financiación.

Disponible aquí en formato PDF

CONSELLERIA DE TRABALLO:

Axudas e subvencións para os programas de escolas obradoiro e casas de oficios, de obradoiros de emprego e de unidades de promoción e desenvolvemento

Obxecto:

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras, así como a convocatoria, en réxime de  concorrencia competitiva, para o ano 2009, das axudas e subvencións para os programas de escolas obradoiro e casas de oficios, de obradoiros de emprego e de unidades de promoción e desenvolvemento no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo:
15 de xuño de 2009

 

CONSELLERIA DE TRABALLO:

Incentivos á contratación dirixidos a favorecer a conciliación da vida laboral e familiar cofinanciada polo Fondo Social Europeo

Obxecto:

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2009 os incentivos dirixidos a favorecer a conciliación da vida laboral e familiar, a través das seguintes axudas:

a) Axudas ás empresas que reincorporen a traballadores tras un período de descanso por causa da cesión ao traballador do permiso de maternidade.

b) Axudas ás empresas que substitúan a persoas traballadoras en excedencia para o coidado de familiares ou con redución da xornada de traballo por motivos familiares.

Prazo:
15 de setembro de 2009

 

CONSELLERIA DE TRABALLO:

Programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares ou titulares de explotacións agrarias

Obxecto:

Establecer as bases reguladoras, e a súa convocatoria para o ano 2009, do programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares e titulares de explotacións agrarias de Galicia, especialmente das mulleres, coa finalidade de promover a creación do emprego e a mellora laboral no agro galego, facilitando mediante incentivos a súa alta na Seguridade Social.

Prazo:
30 de setembro de 2009

A axuda correspondente ás mensualidades do ano 2010, e do último trimestre do ano 2009 deberá solicitarse conforme o que se estableza na orde pola cal se proceda á convocatoria deste programa para o ano 2010.

CONSELLERÍA DE TRABALLO:  

Axudas para o fomento e consolidación das asociacións de cooperativas  

Obxecto:
Convocar as axudas para o fomento e consolidación das estruturas representativas do cooperativismo, principalmente as asociacións de cooperativas, subvencionando parcialmente os seus gastos normais de funcionamento e a realización de actividades de promoción do cooperativismo.  

Prazo:
Ata o 3 de marzo de 2009  
CONSELLERÍA DE TRABALLO:  

Programa de incentivos á contratación indefinida das mulleres como medida para lograr un mercado de traballo igualitario, cofinanciado polo Fondo Social Europeo  

Obxecto:
Facilitar a inserción laboral das mulleres traballadoras que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo, as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2009 dos incentivos á súa contratación indefinida.  

Prazo:
Ata o 31 de marzo de 2009  

 
CONSELLERÍA DE TRABALLO:  

Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL), cofinanciado polo Fondo Social Europeo  

Liñas:
- Subvención pola contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social.
- Subvención pola contratación de xerentes ou técnicos.
- Subvención pola contratación de técnicos en orientación e acompañamento á inserción.
- Subvención pola realización de labores de mediación laboral.  

Prazo:
Ata o 30 de setembro de 2009  

Particularidades:
Liña Subvención para a contratación de persoas en situación ou risco de exclusión social: o prazo remata o 31/03/2009, agás para empresas de nova creación que inicien a súa actividade con posterioridade ao 31/03/2009, que rematará o 30/09/2009  


CONSELLERÍA DE TRABALLO:  

Programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral  

Obxecto:
Fomentar a creación e consolidación do emprego fixo e de calidade, a través de incentivos á contratación indefinida inicial ou por transformación de contratos temporais en indefinidos, xa sexan a tempo completo xa a tempo parcial, incluídos os traballos fixos-descontinuos, que se realicen como consecuencia de plans empresariais de estabilidade laboral.  

Prazo:
Ata o 30 de xuño de 2009  


CONSELLERÍA DE TRABALLO:  

Axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas locais de emprego (ILES)  

Liñas:
- Subvención á creación directa de emprego estable
- Subvención para a contratación de expertos técnicos de alta cualificación
- Apoio á función xerencial
- Subvención financeira
- Axuda para o inicio e posta en marcha  

Prazo:
- Poderán solicitar no prazo máximo dun ano desde que se iniciou a actividade empresarial, e ata o 30/04/2009 se o prazo de ano remata despois do 30/04/2009.
- Subvención financeira: os préstamos, e deberanse formalizar no período comprendido entre o inicio da actividade e o 31 de outubro de 2009 ou, de ser o caso, no prazo específico establecido na resolución de concesión.  


CONSELLERÍA DE TRABALLO:  

Programas de incentivos á contratación por conta allea como medida para favorecer a inserción da mocidade  

Liñas:
- Programa de fomento da contratación en prácticas de mozos e mozas con titulacións de difícil empregabilidade
- Programa de fomento da contratación de mozos e mozas para substitución de traballadores e traballadoras que finalizan a súa vida laboral
- Programa de creación de novos empregos para mozos e mozas titulados/as nas empresas de menos de 30 persoas traballadoras
- Programa de fomento da contratación indefinida inicial de mozos e mozas desempregados/as
- Programa de incentivos á transformación en indefinidos de determinados contratos temporais celebrados con mozos e mozas  

Prazo:
- Nos dous meses seguintes á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido, e como limite xeral o 15 de setembro de 2009.
- Para a presentación das solicitudes de axudas ás contratacións realizadas entre o 16/09/2008 e a data de publicación desta orde, o prazo finaliza o 31/03/2009  


CONSELLERÍA DE TRABALLO:  

Programa para a promoción do emprego autónomo  

Liñas:
- Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia
- Subvención financeira.
- Subvención para asistencia técnica.
- Subvención para formación.
- Axuda excepcional.  

Beneficiarios:
Persoas desempregadas que se constituan en traballadores autónomos ou formen parte de Comunidades de Bens ou Sociedades Civis.  

Prazo:
Dous meses desde a data de alta na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, e como limite xeral o 15 de setembro de 2009.
As actuacións subvencionables realizadas entre o 16/09/2008 e a data de publicción desta orde; ata o 31 de marzo de 2009.  


CONSELLERÍA DE TRABALLO:  

Subvencións ás centrais sindicais para o ano 2009  

Obxecto:
Establecer o réxime xeral das axudas e subvencións en materia de ámbito laboral e mellora das condicións de traballo ás centrais sindicais   Liñas:
- Desenvolvemento das actividades das centrais sindicais durante o ano 2009
- Creación ou mantemento de gabinetes de asesoramento en materia de economía social.
- Gabinetes técnicos de formación e para plans de formación de persoal e de delegadas e delegados sindicais.  

Prazo:
Ata o 3 de marzo  


MINISTERIO DE CULTURA:  

Liñas de financiamento para produción cinematográfica e axudas para a minoración de xuros  

Obxecto:
Axudas para a minoración de xuros de préstamos concedidos ao abeiro do convenio do  ano 2009 entre o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) e o Instituto de Crédito Oficial (ICO)  

Beneficiarios:
Empresas privadas de produción cinematográfica, de calquera lugar de España, inscritas no rexistro do ICAA con datos actualizados  

Prazo:
O prazo para a presentación de solicitudes de préstamos acollidos ao convenio e da axuda financeira rematará o 22 de setembro de 2009. O prazo para a formalización dos préstamos rematará o 10 de novembro de 2009

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA:  

Subvencións aos investimentos das empresas en materia das tecnoloxías da información e comunicación  

Actuacións subvencionables:
A) Infraestrutura interna das empresas.
B) Aplicacións informáticas nas empresas.
C) Apoio ao desenvolvemento do sector das TIC.
D) Formación técnica e promoción dos sector das TIC.  

Beneficiarios:
As empresas privadas, con personalidade xurídica que realicen actividades con ánimo de lucro, así como os empresarios individuais.
 
Prazo:
Ata o 19 de febreiro de 2009  


CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA:  

Subvencións  a entidades de dereito público e privado, sen ánimo de lucro, para impulsar a realización de actuacións de difusión e formación relacionadas  co desenvolvemento e implantación da sociedade da información  

Liñas:
A) Actuacións de promoción e difusión da sociedade da información.
B) Actuacións formativas dirixidas á cidadanía en xeral.
C) Actuacións formativas especializadas no ámbito das TIC.
D) Actuacións formativas dirixidas ás Pemes.
E) Xeración de contidos dixitais.  

Beneficiarios:
Entidades de dereito público e privado, sen ánimo de lucro, legalmente constituídas.  

Prazo:
Ata o 20 de febreiro de 2009  


CONSELLERÍA DE TRABALLO:  

Programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E)  

Liñas:
A) Subvención á xeración de emprego estable: dous meses desde a data da alta na Seguridade Social.
B) Subvención financeira: nos tres meses seguintes ao inicio da actividade.
C) Subvención para a asistencia técnica: dentro do prazo xeral.
D) Subvención para o inicio da actividade: dentro do prazo xeral.
E) Subvención para a conciliación da vida profesional e persoal dos/das promotores/as: dentro do prazo xeral.  

Beneficiarios:
Empresas privadas calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais.  

Prazo:
Ata o 15 de setembro de 2009  


CONSELLERÍA DE TRABALLO:  

Incentivos á contratación indefinida dos parados de longa duración  

Beneficiarios:
Empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos autónomos e autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten por conta allea persoas traballadoras desempregadas de longa duración.   Colectivos:
Traballadores e traballadoras desempregadas de longa duración que, na súa data da alta no correspondente réxime de Seguridade Social, estivesen sen traballo e tivesen acreditado un período de inscrición ininterrompido como desempregados/as na oficina de emprego de 180 días se fosen menores de 25 anos ou de 45 ou máis anos de idade, e de 360 días, se fosen maiores de 25 e menores de 45 anos.   Prazo:
- Ata o 15 de setembro de 2009
- Para as axudas polas contratacións realizadas dende o 16 de setembro de 2008 ata a publicación desta orde o prazo remata o 31 de marzo de 2009


  CONSELLERÍA DE TRABALLO:  

Corrección de erros.-Orde do 11 de decembro de 2008 pola que se establece a convocatoria pública para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente aos traballadores e traballadoras desempregados/as na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao ano 2009  

Enlaces relacionados:
Convocatoria pública para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente aos traballadores e traballadoras desempregados/as

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL:  

Corrección de erros.-Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a conservación e o fomento dos recursos zooxenéticos autóctonos de Galicia, e se convocan para o ano 2009          

Enlaces relacionados:         

Axudas para a conservación e o fomento dos recursos zooxenéticos autóctonos  


CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL:  

Corrección de erros.-Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para a creación e mellora de empresas de comercialización e transformación de produtos forestais, e se convocan para o exercicio orzamentario 2009          

Enlaces relacionados:         

Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para a creación e mellora de empresas de comercialización e transformación de produtos forestais e se convocan para o exercicio orzamentario 2009         Orde do 28 de decembro de 2007 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008, axudas para a creación e mellora de empresas de comercialización e transformación de produtos forestais  


CONSELLERÍA DE TRABALLO:  

Corrección de erros.-Orde do 29 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases que regulan, para o exercicio do ano 2009, as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria

Enlaces relacionados:         

Axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación, no ámbito de colaboración coas entidades locais e cos órganos e organismos das administracións públicas distintas da local, universidades e entidades sen ánimo de lucro  


CONSELLERÍA DE TRABALLO:  

Subvencións para a posta en práctica en Galicia durante os anos 2009 e 2010 de programas integrados para o emprego  

Obxecto:
Subvencións para o desenvolvemento de plans integrais de emprego que convinen accións de diversa natureza, como: información, orientación e asesoramento, practica laboral e mobilidade xeográfica.  

Entidades benficiarias:
Corporacións locais e entidades sen animo de lucro que acrediten experiencia na realización de acción dirixidas o acompañamento aos desempregados en procesos de inserción laboral por conta allea ou propia.  

Prazo presentación solicitudes:
Ata 19/02/2009  


CONSELLERÍA DE TRABALLO:  

Programas para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e na empresa ordinaria

  Liñas:
- Programa de fomento da contratación indefinida das persoas con discapacidade na empresa ordinaria.    

Prazo de presentación de solicitudes: Nos dous meses seguintes en que se inicie a relación laboral en virtude dunha contratación inicial ou se produza a transformación do contrato en indefinido.
- Programa de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego.
     Tipos de axuda: 
     a) Proxectos de creación e de ampliación do cadro de persoal de centros especiais de emprego.
         - Axudas para asistencia técnica.
         - Subvención financeira.
         - Subvención en función do investimento en activo fixo.
    b) Mantemento de centros especiais de emprego.
        - Subvención do custo salarial: O prazo de presentación desta solicitude finalizará o 30/04/2009, agás para centros especiais de emprego de nova creación que finalizará o 15/09/2009.
        - Subvención para a adaptación de postos de traballo.
        - Subvención para o saneamento financiero.
        - Subvención para o equilibrio orzamentario.  

Prazo xeral de presentación solicitudes:
Ata 15/09/2009
Para as actuacións realizadas entre o 16/09/2008 e a publicación destas bases: Ata o 31/03/2009  


PRESIDENCIA:  

Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOTIBLE:  

Convocatoria de axudas destinadas a entidades locais de Galicia para o transporte de residuos sólidos urbanos ás estacións de transferencia de residuos ou plantas de xestión   Obxecto: Serán obxecto desta axuda os custos derivados do transporte de residuos sólidos urbanos de bolsa negra desde os concellos ata a estación de transferencia ou planta de xestión máis próxima.  

Beneficiarios:
Concellos, mancomunidades e outras agrupacións de municipios legalmente constituídos.  

Prazo de presentación de solicitudes:
As solicitudes deberán presentarse no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.  


CONSELLERÍA DE TRABALLO:  

Convocatoria pública para a concesión de subvencións para a realización de actividades de información, orientación e busca de emprego   Finalidade:
Establecemento das bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades que realicen accións de información, orientación e busca de emprego articuladas, en itinerarios personalizados de inserción profesional e dirixidas a mellorar as posibilidades de ocupación dos demandantes de emprego inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia.  

Beneficiarios:
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as entidades que teñan personalidade xurídica propia e carezan de fins lucrativos e, en concreto, as universidades públicas, as corporacións locais, as confederacións e asociacións empresariais e sindicais de Galicia e as entidades especializadas en atención a determinados colectivos, preferentemente con diminucións físicas, psíquicas ou sensoriais, que realicen accións de información e orientación profesional. E tamén as fundacións dependentes das organizacións empresariais e sindicais de Galicia especializadas na realización de accións de información e orientación laboral.  

Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

 
MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO:  

Axudas para a realización de actuacións no marco do Plan de Competitividade do Sector Automoción  

Obxecto:
Favorecer a competitividade das empresas industriais do sector de automoción, de xeito específico nos seguintes aspectos:
a) Incremento do valor engadido de produtos e servizos, orientados ao transporte limpo.
b) Aumento da eficiencia e sustentabilidade dos procesos de produción.
c) Reorientación da produción cara a vehículos máis sostibles (híbridos, eléctricos e de menores emisións).
d) Establecemento de actuacións dirixidas a preservar o emprego e as condicións de traballo e mellora da capacitación técnica dos recursos humanos.
e) Implantación de estratexias de produción e procesos organizativos avanzados.  

Beneficiarios:
a)Empresas do sector da automoción.
b) Agrupacións de interese económico (AIE), formadas por empresas do sector da automoción. Modalidade de axuda:
a) Subvencións
b) Préstamos  

Prazo de presentación de solicitudes:
Ata o 12/02/2009  


MINISTERIO DE CULTURA:  

Axudas para a organización e desenvolvemento de festivais e certames de cinematografía e artes audiovisuais   Obxecto:
Axudas con destino á organización e desenvolvemento de festivais e certames nacionais ou internacionais de cinematografía e artes audiovisuais de recoñecido prestixio, que se celebren en España durante o ano 2009.  

Beneficiarios:
As entidades públicas que teñan a consideración de Corporacións Locais e as entidades privadas, persoas físicas ou xurídicas, que actúen como promotoras dun festival.  

Prazo de presentación de solicitudes:
- Para os festivais que se celebren no primeiro semestre do ano ou que non se inicien con posterioridade ao 30 de xuño de 2009: ata o 06/03/2009.
- Para os festivais que se celebren no segundo semestre do ano ou que se inicien con posterioridade ao 30 de xuño de 2009: do 01/03/2009 ao 14/04/2009.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA:

Axudas para a execución de proxectos de cooperación ao desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, para actividades formativas e de sensibilización e para a consolidación e fortalecemento de organizacións non gobernamentais de desenvolvemento  

Liñas:
A) Axudas a proxectos de cooperación ao desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación.
B) Axudas a ONGD para actividades formativas e de sensibilización.
C) Axudas para a consolidación e fortalecemento de ONGD.  

Beneficiarios/as:
1. Para a liña A (Axudas a proxectos de cooperación ao desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación) poderán ser beneficiarios/as; organizacións non gobernamentais, universidades, empresas e organizacións empresariais, sindicatos e comunidades galegas no exterior que teñan a condición de axentes de cooperación. Tamén poderán acceder ás subvencións os proxectos presentados por unha entidade beneficiaria desta convocatoria, agrupada con calquera das entidades definidas como axentes de cooperación segundo o artigo 23.1º, letras b), c), d), e), f), g) da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, que cumprindo os requisitos se presenten agrupadas.
2. Para a liña B (Axudas a ONGD para actividades formativas e de sensibilización) poderán ser beneficiarios/as; organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento. Tamén poderán acceder ás subvencións os proxectos presentados por unha ONGD agrupada con calquera das entidades definidas como axentes de cooperación segundo o artigo 23.1º, letras b), c), d), e), f) e g) da Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, que cumprindo os requisitos se presenten agrupadas.
3. Para a liña C (Axudas para a consolidación e fortalecemento de ONGD) poderán ser beneficiarios/as; organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento. Tamén poderán acceder ás subvencións os proxectos presentados por varias ONGD, que cumprindo os requisitos  se presenten agrupadas.  

Prazo de presentación de solicitudes:
Ata o 21 de febreiro de 2009

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO:  

Axudas aos concellos de Galicia para a contratación de persoal técnico para a aplicación das normas do hábitat  

Finalidade:
Contratación de arquitectas/os ou arquitectas/os técnicos por parte dos concellos de Galicia que teñan como cometido a aplicación das novas normas do hábitat galego, mediante o asesoramento técnico, a confección dos informes necesarios para a tramitación das licenzas de edificación, así como o control no cumprimento destas licenzas de primeira ocupación.  

Beneficiarios:
Concellos de Galicia ou agrupacións de concellos limítrofes que requiran técnicos cualificados para a implantación das normas do hábitat galego.   Prazo de presentación de solicitudes:
Ata o 22 de febreiro de 2009  


AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL:  

Modificación das bases reguladoras para a selección de programas de desenvolvemento rural e para a selección e o recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión do programa Leader Galicia 2007-2013          

Enlaces relacionados:          

Acordo do 30 de maio polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de programas de desenvolvemento rural e para a selección e o recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión do programa Leader Galicia 2007-2013, cofinanciado con Feader, e se convoca o correspondente proceso de selección          

Corrección de erros.- Acordo do 30 de maio polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de programas de desenvolvemento rural e para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión do programa Leader Galicia 2007-2013, cofinanciado con Feader, e se convoca o correspondente proceso de selección


  MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO:  

Orde ITC/33/2009, de 20 de xaneiro, pola que se modifica a Orde ITC/3098/2006, de 2 de outubro, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas para actuacións de reindustrialización durante o período 2007-2013   -Modifícase a Orde ITC/3098/2006, de 2 de outubro, para eximir, só no exercicio de 2009, da obriga de presentar calquera tipo de garantías das esixidas no seu apartado decimosétimo.   Prazo de presentación de solicitudes: Esta modificación exténdese ás nove convocatorias de axudas, xa publicadas no Boletín Oficial do Estado núm. 265, de 3 novembro 2008, reabríndose, en aplicación do principio de seguridade xurídica. Ata o 6 de febrero de 2009, para a presentación de solicitudes aínda non presentadas.          

Enlaces relacionados:       

Resolución de 28 de outubro de 2008, da Secretaría Xeral de Industria, pola que se convoca a concesión de axudas para actuacións de reindustrialización nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal (A Coruña) no ano 2009

 CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL:  

Corrección de erros.-Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo en Galicia          

Enlaces relacionados: Axudas para o fomento da utilización de maquinaria e equipamentos agrarios en réxime asociativo  


CONSELLERÍA DE TRABALLO:  

Corrección de erros.-Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se convocan, as subvencións destinadas ás entidades locais para a implantación e desenvolvemento de bancos municipais de tempo, plans de programación do tempo da cidade, plans de conciliación local e/ou outras medidas municipais de conciliación          

Enlaces relacionados: Axudas destinadas ás entidades locais para a implantación e desenvolvemento de bancos municipais de tempo, plans de programación do tempo da cidade, plans de conciliación local e/ou outras medidas municipais de conciliación

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS:  

Subvencións ás industrias culturais para o ano 2009  

Beneficiarios:
As persoas físicas e xurídicas, así como as sociedades civís e comunidades de bens -ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia-, así como as unións temporais de empresas, que cumpran cos requisitos específicos que se sinalan nesta resolución para cada modalidade de subvención, así como os requisitos referidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia  

Modalidades de axuda:
    - Subvencións á actividade escénica.
    - Programa crédito-cultura.
    - Subvencións á promoción e difusión de traballos discográficos.
    - Subvencións á distribución.
    - Subvencións a salas de teatro e artes escénicas de titularidade privada.
    - Subvencións para o asociacionismo profesional no ámbito das artes escénicas e musicais  

Prazo de presentación de solicitudes:
Ata o 21/02/2009  

 
IGAPE:  

Resolución do 23 de xaneiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas  
IGAPE:  

Resolución do 23 de xaneiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas á internacionalización das empresas galegas, adaptándoas ao Regulamento (CE) 800/2008, do 6 de agosto, xeral de exención por categorías  

 
MINISTERIO DE FOMENTO:  

Axudas para a formación en relación co transporte por estrada  

Obxecto:
Fomentar a realización de cursos ou seminarios sobre temas de interese para o sector do transporte por estrada co fin de mellorar a formación dos profesionais do sector no seu conxunto  

Beneficiarios:
Asociacións profesionais de transportistas ou de empresas de actividades auxiliares e complementarias do transporte por estrada definidas no artigo 1 da Lei 16/1987, de 30 de xullo, de Ordenación dos Transportes Terrestres, con implantación,
polo menos, en tres Comunidades Autónomas e, nos mesmos termos, a asociacións profesionais de traballadores. Excepcionalmente, poderán outorgarse a outras entidades sen ánimo de lucro, públicas ou privadas, con vinculación acreditada ao sector do transporte terrestre.  

Prazo de presentación de solicitudes:
Ata o 21/02/2009          

Enlaces relacionados:          

ORDEN FOM/3591/2008 de 27 de novembro, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de axudas para a formación en relación co transporte por estrada

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA:  

Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia

 
MINISTERIO DE TRABALLO E INMIGRACIÓN:  

Orde TIN/68/2009, de 27 de xaneiro, pola que se establecen para o ano 2009 as bases de cotización á Seguridade Social dos traballadores do Réxime Especial do Mar incluídos nos grupos segundo e terceiro  


CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL:  

Corrección de erros.-Orde do 17 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios, e se convocan para o ano 2009          

Enlaces relacionados:          

Axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios


CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL:  

Corrección de erros.-Orde do 4 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento e mellora do Cabalo de Pura Raza Galega, e se convocan para o ano 2009          

 Enlaces relacionados:          

Axudas para o fomento e mellora do cabalo de pura raza galega

Decreto 13/2009, do 29 de xaneiro, de medidas urxentes para a reparación dos danos causados polo temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro  

Obxecto:
- Axudas por danos persoais.
- Axudas por danos causados en vivendas e instalacións complementarias.
- Axudas por danos e perdas nas explotacións agrícolas, gandeiras e forestais.
- Axudas por danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís.
- Axudas ás entidades locais.  

Prazo de presentación de solicitudes:
As axudas poderán outorgarse en réxime de concesión directa por mor do interese público, social, económico e humanitario derivado das excepcionais circunstancias que concorren, e concederanse nos termos e condicións que se establezan nas súas correspondentes bases reguladoras.

 

Servizos

Novas Destacadas
Volver    
[Xunta de Galicia]