Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Noticias

ALERTA DE AXUDAS MARZO 2009


CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA:

Corrección de erros.-Orde do 31 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, das subvencións para a implantación do distintivo de calidade do comercio galego, fomento da creación e expansión de cadeas sucursalistas, medidas ambientais e mellora da imaxe dos establecementos comerciais, en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego

Enlace relacionado: Axudas para a  implantación do distintivo de calidade do comercio galego, fomento da creación e expansión de cadeas sucursalistas, medidas ambientais e mellora da imaxe dos establecementos comerciais, en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL:

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes das bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión de viñedo en Galicia e se convocan para o ano 2009

Prazo de presentación de solicitudes: 20 de marzo de 2009

Enlace relacionado: Orde do 29 de xaneiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2009

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL:

Axudas para o financiamento de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías no ámbito agroalimentario, agrícola e forestal

 Finalidade:
-Iniciativas de cooperación que ofrezan saídas alternativas ou incrementen o valor engadido dos produtos agrarios e os seus transformados, acollidos ou susceptibles de acollerse aos diferentes distintivos de calidade diferenciada recoñecidos pola Administración galega.
-Iniciativas de cooperación que ofrezan saídas alternativas ou incrementen o valor engadido dos produtos agrarios obtidos mediante sistemas de produción integrada ou ecolóxica e os seus transformados.
-Iniciativas de cooperación que permitan introducir novos produtos, procesos ou tecnoloxías para o desenvolvemento de fontes renovables de enerxía de orixe agraria e forestal en Galicia.

 Beneficiarios:
Consellos reguladores de denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida, cooperativas agrarias e empresas ou industrias transformadoras do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.
Terán a condición de axentes cooperantes nas accións propostas polos beneficiarios das axudas os seguintes:
a) Produtores do sector agroforestal e as súas asociacións e outras organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria.
b) Centros de investigación e experimentación da Consellería do Medio Rural e centros tecnolóxicos participados por ela, así como outros centros públicos de investigación da comunidade autónoma. O orzamento das actividades de ningún dos axentes cooperantes poderá ser inferior ao 10% do orzamento total da proposta de cooperación.

 Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 3 de abril de 2009

 CONSELLERÍA DE TRABALLO:

 Corrección de erros.-Orde do 11 de decembro de 2008 pola que se establece a convocatoria pública para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente aos traballadores e traballadoras desempregados/as na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao ano 2009

 Enlace relacionado: Orde do 11 de decembro de 2008 pola que se establece a convocatoria pública para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente aos traballadores e traballadoras desempregados/as na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao exercicio 2009

 CONSELLERÍA DE TRABALLO:

 Axudas do programa de incentivos á contratación por conta allea de persoas desempregadas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009

 Finalidade:
a) Axudas ás contratacións indefinidas iniciais, a tempo completo e a tempo parcial
b) Axudas ás transformacións en indefinidos dos contratos temporais de duración determinada
c) Axudas ás contratacións temporais, a tempo completo ou a tempo parcial

 Beneficiarios:
As empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos os autónomos, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten por conta allea traballadoras ou traballadores
pertencentes aos colectivos relacionados no artigo 3º para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

 Prazo de presentación de solicitudes:
- Ata o 30 de abril de 2009 as contratacións ou transformación realizadas entre o 15 de setembro do 2008 ata o 3 de marzo de 2009
- Dous meses seguintes á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido
- En todo caso, o prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 15 de setembro de 2009

 CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

Orde do 23 de febreiro de 2009 pola que se convocan as subvencións a fondo perdido para o remate exterior de vivendas unifamiliares rurais de nova construción.

Disponible aquí en formato PDF

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Resolución do 3 de febreiro de 2009 pola que se lle dá publicidade á lista de beneficiarios das axudas concedidas polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) durante o cuarto trimestre de 2008.

Disponible aquí en formato PDF

 VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR:  

Subvencións a entidades de iniciativa social para investimento, mantemento e promoción de actividades e programas de servizos sociais  

Obxecto:
-Servizos sociais de atención primaria que comprenden os programas de orientación, asesoramento e información; de axuda no fogar; de inserción social; de animación, prevención e fomento da cooperación social; de convivencia alternativa

-Servizos sociais especializados na área de atención as persoas con discapacidade, co obxecto de que estas acaden a súa máxima autonomía e independencia,impulsando a súa participación social e asociativa

-Servizos sociais especializados na área de atención ás persoas maiores, orientados á consecución do seu benestar, autonomía e integración social.

-Servizos sociais especializados na área de atención aos menores de protección.  

Beneficiarios: As entidades de iniciativa social  que desenvolvan programas e presten os servizos establecidos no artigo anterior, sempre que se atopen debidamente inscritas  no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.  

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 4 de abril 2009 

 
AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS:  

Corrección de erros.-Resolución do 12 de xaneiro de 2009 pola que se anuncia convocatoria pública de subvencións ás industrias culturais para o ano 2009
Enlace relacionado: Subvencións ás industrias culturais para o ano 2009    

MINISTERIO DE TRABALLO E INMIGRACIÓN:  

Real Decreto 197/2009, de 23 de febreiro, polo que se desenvolve o Estatuto do Traballo Autónomo en materia de contrato do traballador autónomo economicamente dependente e o seu rexistro e créase o Rexistro Estatal de asociacións profesionais de traballadores autónomos

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL:  

Axudas para o desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica por entidades asociativas vinculadas ao sector agrario

Obxecto: Financiar accións formativas e de transferencia tecnolóxica realizadas por entidades asociativas do sector agroforestal da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva.  

Beneficiarios: As sociedades cooperativas agrarias, as de explotación comunitaria da terra, as sociedades agrarias de transformación, as asociacións de cooperativas e as de produtores radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.  

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 5 de abril de 2009          

Enlaces relacionados: Bases reguladoras para a concesión de axudas para o desenvolvemento de accións formativas e de transferencia tecnolóxica por entidades asociativas vinculadas ao sector agrario  


CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL:  

Axudas para programas de calidade desenvoltos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias  

Obxecto: Actuacións relacionadas coa implantación e desenvolvemento de programas de mellora e control da calidade e da orixe dos produtos agroalimentarios galegos amparados por algunha denominación xeográfica de calidade.

Beneficiarios: Os consellos reguladores das distintas denominacións de calidade agroalimentaria existentes no ámbito da Comunidade Autonoma de Galicia.  

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 20 de abril de 2009          

Enlaces relacionados: Bases reguladoras das axudas para programas de calidade desenvoltos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarios           Modificación das bases reguladoras das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias  

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL:  

Axudas ao sector equino para o seu fomento e desenvolvemento   

Liñas:
Liña a: Axudas aos investimentos en pequeñas e medianas empresas equinas ou explotacións agrarias equinas dedicadas á produción e cría de équidos.
Liña b: Axudas ás CCMMVVMC, asociación e agrupacións de pequenos e medianos productores de équidos.
Liña c: Axudas aos investimentos en pequeñas e medianas empresas agrarias equinas dedicadas á transformación e comercialización de carne de cabalo.
Liña d: Axudas ás pequeñas e medianas empresas non agrarias e outras institucións.
Liña e: Axudas á formación.  

Obxecto:
Liña a: Optimizar os custos de producción, mellorar e reorientar a producción, aumentar a calidade, protexer e mellorar a contorna natural, as consiccións hixiénicas e as normas de benestar animal e fomentar a diversificación das actividades ganadeiras coa especie equina.
Liña b: Promover a constitución de entidades de caráter asociativo legalmente recoñecidas relacionadas co sector equino, para actividades de asistencia técnica a estas asociaciones e ás súas agrupacións, así como apoiar as constituidas con outros fins que amplíen o seu ámbito de actuación no sector equino para mellorar o seu funcionamento e a comercialización dos seus productos.
Liña c: facilitar a mellora e racionalización da transformación e comercilaización da carne de cabalo, aumentar a súa competitividade e o seu valor engadido, mellorar a súa calidade e aplicar procedementos de rastrexabilidade ao longo de toda a cadea de producción.
Liña d: fomentar as actividades relacionadas con servizos a terceiros nos ámbitos do lecer, deportivos, sociais, culturais ou do turismo rural coa utilización de équinos.
Liña e: Facilitar a formación especifíca segundo se recolle no artigo 38 do Regulamento (CE) nº 800/2008 da Comisión do 6 de agosto de 2008

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 11 de abril de 2009  


CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL:  

Axudas para a promoción, modernización e dimensionamento do asociacionismo agrario  

Liñas:
Liña a: Axudas para o fomento do asociacionismo, modernización e dimensionamento das entidades asociativas agrarias cuxa finalidade sexa desenvolver actividades na fase de produción agraria.
Liña b: Axudas para o fomento, modernización e dimensionamento das entidades asociativas agrarias, cuxa finalidade sexa a transformación e/ou comercialización.
Liña c:Aaxudas de apoio á modernización da xestión empresarial das entidades asociativas agrarias.
Liña d: Axudas ás organizacións representativas das cooperativas agrarias galegas.  

Obxecto:
Liña a: fomentar o dimensionamento das explotacións agrarias para favorecer un maior equilibrio dos seus factores de produción, unha maior concentración dos recursos produtivos, en especial a base territorial e a man de obra, conducentes a unha maior produtividade, eficiencia produtiva e melloras ambientais, así como una mellora das condicións de traballo na actividade agraria.
Liña b: fomentar estruturas empresariais con dimensión suficiente, modernas e competitivas, que permitan unha óptima adaptación das producións en concepto de calidade, ordenación e concentración da oferta, ás modernas e dinámicas demandas do mercado.
Liña c: fomentar a modernización da xestión empresarial, a través da implantación e mellora de instrumentos axeitados aos requirimentos actuais dos procesos produtivos.
Liña d: potenciar a acción das organizacións representativas das cooperativas agrarias galegas así como potenciar a súa acción de formación dos representantes das cooperativas, asociadas en xeral e dos seus socios en particular así como dos agricultores e gandeiros galegos en xeral.

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 11 de abril de 2009  


CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE:  

Axudas a entidades sen ánimo de lucro, para facilitar a súa participación en materia ambiental  

Tipos de axuda:
a: Para gastos de funcionamento, tales como gastos de persoal, alugueres, comunicación, enerxía, mantemento, reparación e outros de caráterr ordinario, correspondentes a 2009.
b: Para programas de actividades, para realizar en 2009 e/ou 2010, de estudo, educación, promoción, difusión e/ou defensa dos valores ambientais en temática directamente relacionada coas competencias da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. Poderanse subvencionar os custos directos dos respectivos programas e investimentos de carácter inmaterial, tales coma cursos, seminarios, demostracións, elaboración e edición de estudos, informes e publicacións.
c: Para investimentos, que se realizarán en 2009 e/ou 2010. Son subvencionables os gastos derivados da dotación de infraestruturas básicas para o desenvolvemento dunha actividade estable, tales como o acondicionamento, equipamento e mobiliario de locais para oficinas, reunións e actividades, material de transporte, ou equipamentos e sistemas informáticos.  

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 11 de abril de 2009  


XEFATURA DO ESTADO:   Real Decreto-leI 2/2009, de 6 de marzo, de medidas urxentes para o mantenemento e o fomento do emprego e a protección das persoas desempregadas  

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA:  

Decreto 45/2009, do 12 de febreiro, polo que se modifica o artigo 6 do Decreto 133/2002, do 11 de abril, polo que se regula a concesión de préstamos polo Instituto Galego de Promoción Económica          

Enlace relacionado: Decreto 133/2002, do 11 de abril, polo que se regula a concesión de préstamos polo Instituto Galego de Promoción Económica   


CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL:  

Axudas para a promoción da recría de gando vacún  

Beneficiarios: Calquera persoa física ou xurídica titular dunha explotación gandeira de vacún e localizada en Galicia, con efectivos de cando menos as razas frisona ou rubia galega e que fagan recría delas en pureza.

Actuacións subvencionables: a actividade de recría de femias de raza frisona ou rubia galega no período comprendido entre a presentación da solicitude e o 1 de setembro do ano en curso, realizada na propia explotación ou en centros especializados da recría na Comunidade Autónoma de Galicia.  

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 11 de maio de 2009  

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA:  

Resolución do 3 de marzo de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras do programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas (programa Innoempresa)          

Enlace relacionado:          

Resolución do 9 de maio de 2007 do acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras do Programa de Apoio á Innovación das Pequenas e Medianas Empresas (Programa Innoempresa)  


INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA:  

Resolución do 3 de marzo de 2009 pola que se condiciona a efectividade da modificación do límite compatible do importe de axuda (de mínimis) en determinadas liñas de axuda do Instituto de Promoción Económica          

Enlace relacionado: Resolución do 13 de febreiro de 2009 pola que se modifica o límite compatible do importe da axuda (minimis) en determinadas liñas de axuda do Instituto Galego de Promoción Económica  


INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA:  

Resolución do 3 de marzo de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas do Igape para o apoio financiero aos establecementos turísticos, hostalaría e comercio retallista nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal          

Enlace relacionado: Resolución do 1 de outubro de 2007 do acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para o apoio financeiro 2007 aos establecementos turísticos, hostalaría e comercio retallista nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

Orde do 27 de febreiro de 2009 pola que se convoca e se regula o réxime de concesión de axudas a Pemes de Galicia para o financiamento de investimentos encamiñados á redución de emisións de gases de  efecto invernadoiro.

Disponible aquí en formato PDF

 EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

Bases para a concesión de subvencións a entidades asociativas e clubes para a realización de actividades deportivas.

Disponible aquí en LÍNEA

Bases para a concesión de subvencións a entidades culturais para a realización de actividades de interese cultural.

Disponible aquí en LÍNEA

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL:

Axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas

 Obxecto: posta en valor mediante a forestación de terreos non agrícolas, contribuíndo deste xeito á promoción do desenvolvemento rural galego

Beneficiarios: Os propietarios particulares, as agrupacións dos ditos propietarios, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas, as comunidades de montes veciñais en man común e as unidades de xestión forestal (Uxfor)

Prazo de presentación de solicitudes:

- Prazo xeral: ata o 13/04/2009

- Prazo específico para as Unidades de Xestión Forestal (Uxfor): ata o 13/07/2009

 Enlaces relacionados: Bases das axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas

 CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE:

Subvencións a empresas que realicen investimentos encamiñados á prevención e redución da contaminación a través de melloras tecnolóxicas aplicadas a procesos, cambios nas materias primas e/ou produtos, así como á reutilización ou valorización non enerxética

Obxecto: Investimentos para novas instalacións, ampliación ou modificación das existentes, para o fomento da protección do ambiente, co fin de minimizar a contaminación sobre o medio, e obter melloras ambientais a través de cambios tecnolóxicos nos procesos, produtos ou nas materias primas, na súa utilización, e reutilización en fábrica dos residuos xerados

Beneficiarios: Empresas legalmente constituídas, con personalidade física o xurídica

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 12/05/2009

 MINISTERIO DE ECONOMÍA E FACENDA:

Orde EHA/580/2009, de 5 de marzo, pola que se modifica a Orde EHA/672/2007, de 19 de marzo, pola que se aproban os modelos 130 e 131 para a autoliquidación dos pagos fraccionados a conta do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas correspondentes, respectivamente, a actividades económicas en estimación directa e a actividades económicas en estimación obxectiva, o modelo 310 de declaración ordinaria para a autoliquidación do réxime simplificado do Imposto sobre o Valor Engadido, determínase o lugar e forma de presentación dos mesmos e modifícase en materia de domiciliación bancaria a Orde EHA/3398/2006, de 26 de outubro

 CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

Orde do 27 de febreiro de 2009 pola que se aproban as bases e a convocatoria de subvencións para a realización de actividades de educación para a sustentabilidade.

Disponible aquí en formato PDF

 Orde do 27 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril, e se convocan para o ano 2009.

Disponible aquí en formato PDF

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR:  

Axudas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social  

Obxecto: Convocatoria de axudas económicas para o mantemento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social.  

Beneficiarios: Entidades privadas de iniciativa social que estean debidamente inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, e teña en funcionamento unha/s escola/s infantil/ís 0-3 que desenvolva/n as súas actividades na Comunidade Autónoma de Galicia.  

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 13/04/2009  


MINISTERIO DE IGUALDADE:  

Subvencións destinadas ao fomento da edición de publicacións relacionadas coa muller  

Obxecto: Proxectos de edición de publicacións sobre as mulleres no que afecta á súa educación, saúde, situación legal, cultural, laboral e social; coa finalidade de fomentar e favorecer a edición de publicacións relacionadas coas mulleres, promover a súa difusión e contribuír á dotación dun fondo bibliográfico nas bibliotecas públicas, na área da muller.  

Beneficiarios: As persoas físicas ou xurídicas do sector editorial, de nacionalidade española, ou doutros Estados membros da Unión Europea ou asociados ao Espazo Económico Europeo, sempre que cumpran os requisitos, non se atopen dentro dos supostos regulados polos apartados 2 e 3 do artigo 13 da LGS, o que deberá acreditarse conforme ao establecido no apartado 7 do artigo citado e as empresas estean legalmente constituídas. Deberán acreditar unha experiencia editorial de, polo menos, dous anos ininterrompidos na data de publicación desta convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 02/04/2009  


XEFATURA DO ESTADO:  

Corrección de erratas da Lei 4/2008, de 23 de decembro, pola que se suprime o gravame do Imposto sobre o Patrimonio, xeralízase o sistema de devolución mensual no Imposto sobre o Valor Engadido, e introdúcense outras modificacións na normativa tributaria          

Enlaces relacionados: Lei 4/2008, de 23 de decembro, pola que se suprime o gravame do Imposto sobre o Patrimonio, xeralízase o sistema de devolución mensual no Imposto sobre o Valor Engadido, e introdúcense outras modificacións na normativa tributaria

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL:  

Orde do 13 de marzo de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de países terceiros  

Liñas:
a) Relacións públicas e medidas de promoción e publicidade que destaquen en particular as vantaxes dos produtos comunitarios en termos de calidade, seguridade alimentaria e respeto do medio ambiente.
b) Participación en manifestacións, feiras e exposicións de importancia internacional.
c) Campañas de información, en particular sobre os sistemas comunitarios de denominacións de orixe, indicacións xeográficas e produción ecolóxica.
d) Estudos de novos mercados, necesarios para a busca de novas saídas comerciais.
e) Estudos para avaliar os resultados das medidas de promoción e información.  

Beneficiarios:
a) Empresas vinícolas.
b) Organizacións de produtores e organización interprofesionais definidas no capítulo VII do título III do Regulamento (CE) 479/2008, do Consello, do 29 de abril.
c) Órganos de xestión e de representación das indicacións xeográficas vitivinícolas.
d) Asociacións de exportadores e consorcios de exportación.
e) Entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas por empresas vitícolas que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños.   Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 25 de marzo de 2009  


CONSELLERÍA DE TRABALLO:  

Orde do 11 de marzo de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas para o fomento da estabilidade no emprego, cofinanciados polo Fondo Social Europeo  

Liñas:
a) Programa de fomento da contratación indefinida inicial de colectivos de desempregados con dificultades de inserción laboral.
b) Programa de fomento da permanencia nas empresas con contrato estable a aqueles que teñen na actualidade un contrato temporal.
Axudas á transformación en indefinidos de contratos para a formación, prácticas, de revezamento, de substitución por anticipación da idade de xubilación e de interinidade.
c) Programa de axudas a empresarias e empresarios sen persoas asalariadas pola contratación da súa primeira persoa traballadora fixa.
d) Programa de fomento da contratación indefinida inicial vinculada a proxectos I+D.  

Beneficiarios:
As empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos autónomos e as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadores e traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.  

Prazo de presentación de solicitudes:
As axudas previstas nos diferentes programas desta orde solicitaranse con carácter xeral, nos dous meses seguintes á data en que se inicie a relación laboral. 
O prazo para a presentación das solicitudes de axudas finalizará o 15 de setembro de 2009 (aínda que non transcorreran os dous meses).
Para aquelas solicitudes de axuda por contratacións indefinidas iniciais e por transformacións que, cumprindo os requisitos e condicións establecidos nesta orde, se realizaran entre o 16 de setembro de 2008 e a data da publicación desta orde, establecese como prazo excepcional o 15 de maio de 2009.

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS:   Corrección de erros.-Resolución do 4 de febreiro de 2009 pola que se anuncia a convocatoria para a concesión de subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego          

Enlace relacionado:Axudas de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego  


MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, E MEDIO RURAL E MARIÑO:  

Axudas para plans de asistencia técnica nos sectores agroalimentarios acollidas ao Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, de 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis  

Actuacións subvencionables:
a) Realización de estudos que permitan mellorar o coñecemento dos mercados, presentes ou potenciais, facilitar a comercialización dos
produtos, e mellorar a busca da internacionalización dos sectores agroalimentarios.
b) Contribuir a proporcionar unha axeitada información ao consumidor ou aos sectores acerca dos sistemas de produción dos produtos
agroalimentarios acordes coa normativa comunitaria en materia de calidade, trazabilidade, e medioambiental.
c) Impulsar a implantación de sistemas de xestión da calidade e a súa certificación.
d) Fomentar a protección do medio ambiente, a través das asociacións, impulsando a implantación de sistemas de xestión medioambiental,
a súa certificación e a realización de auditorías medioambientais.  

Beneficiarios: Poderán acollerse a estas axudas as asociacións representativas de empresas de transformación e comercialización de produtos dos sectores agroalimentarios e outras entidades asociativas análogas, ou fundacións, directamente relacionadas con estes sectores, que carezan de ánimo de lucro, que actúen en todo o territorio do Estado e que teñan, entre os seus fins, representar os intereses dos citados sectores.  

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 18 de abril de 2009  


MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, E MEDIO RURAL E MARIÑO:  

Axudas destinadas á constitución e consolidación de entidades certificadoras de produtos agrarios e alimenticios  

Finalidade: A finalidade destas axudas é a de establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións en réxime de concurrencia competitiva, destinadas ao financiaciamento da posta en marcha e consolidación de entidades certificadoras de produtos agrarios e alimenticios, así como para a súa acreditación en cumprimento da norma EN 45011.  

Beneficiarios: Poderán acollerse a estas axudas as organizacións de ámbito superior á Comunidad Autónoma, representativas dos sectores produtivos e industriais agroalimentarios españois, que pretendan poñer en marcha entidades de certificación.  

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 25 de abril de 2009

 
MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, E MEDIO RURAL E MARIÑO:  

Axudas destinadas a potenciar a creación, funcionamento e desenvolvemento das estruturas dos produtos agroalimentarios protexidos con signos de calidade diferenciada  

Actuacións subvencionables:
a) Constitución das entidades beneficiarias. Concepción, rexistro e defensa de signos distintivos que a empregar na súa identificación.
b) Elaboración dos estudos xustificativos e demais documentación que deba acompañar as solicitudes de: denominacións de orixe, denominacións
de origen calificadas, vinos de pago, vinos de calidad con indicación geográfica, denominaciones específicas, indicaciones geográficas, denominaciones de orixe protexidas, indicacións xeográficas protexidas e especialidades tradicionais garantidas.
c) Gastos de consolidación. Confección e mantemento dos rexistros.
d) Elaboración de estudos técnicos e de mercado.
e) Elaboración de plans estratéxicos.
f) Dotación de sedes e equipamento.
g) Contratación de persoal técnico.
h) Formación e reciclado dos traballadores.
i) Posta en marcha ou desenvolvemento de métodos ou sistemas de calidade esixidos polos respectivos regulamentos ou pregos de condicións.  

Beneficiarios:
Poderán acollerse a estas axudas:
1. Consellos Reguladores e órganos de xestión das Denominacións de Orixe Protexidas, Denominacións Específicas, Indicacións Xeográficas, Viños de calidade producidos en rexións determinadas, e viños da terra cuxo ámbito sexa superior ao dunha Comunidade Autónoma.
b) Asociacións de promoción e defensa, sen ánimo de lucro, cuxo ámbito territorial sexa superior ao dunha Comunidade Autónoma, que promovan a solicitude de inscripción no rexistro comunitario dunha figura de calidade, ou que promovan o recoñecemento dun viño da terra, dun viño de calidade producido nunha rexión determinada ou dunha denominación xeográfica de bebidas espirituosas, cuxo ámbito territorial sexa superior ao dunha Comunidade autónoma.  

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 25 de abril de 2009  

MINISTERIO DE TRABALLO E INMIGRACIÓN:

Real Decreto 295/2009, de 6 de marzo, polo que se regulan as prestacións económicas do sistema da Seguridade Social por maternidade, paternidade, risco durante o embarazo e risco durante a lactancia natural

MINISTERIO DE TRABALLO E INMIGRACIÓN:

Real Decreto 296/2009, de 6 de marzo, polo que se modifican determinados aspectos da regulación das prestacións por morte e supervivencia

Enlaces relacionados:

        Lei 40/2007, de 4 de decembro, de medidas en materia de Seguridade Social


        Real Decreto Lexislativo 1/1994, de 20 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral da Seguridade Social

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, E MEDIO RURAL E MARIÑO:

Axudas destinadas ás organizacións interprofesionais agroalimentarias

 Finalidade:

a) Gastos anuais de funcionamiento das organizacións interprofesionais agroalimentarias, considerándose como tales os seguintes:

1. Gastos administrativos.

2. Dietas e gastos de viaxes.

3. Arrendamentos e cánones.

4. Reparacións e conservación.

5. Material de oficina.

6. Subministros.

7. Comunicacións e portes.

8. Asesoramento externo

b) Gastos anuais de xerencia.

c) Desenvolvemento das funcións das organizacións interprofesionais agroalimentarias a través de:

1. Realización de campañas de información e promoción do produto ou sector obxecto das organizacións, así como a creación da súa imaxe externa.

2. Elaboración de estudos referidos a algunhas das finalidades das organizacións interprofesionais agroalimentarias solicitantes.

3. Dotación, organización e posta en marcha de sistemas informáticos de acopio, tratamento e transmisión de datos.

4. Equipamento e instalación de laboratorios de control.

Beneficiarios: Poderán acollerse a estas axudas as organizacións interprofesionais agroalimentarias, entendidas como aquelas organizaciones representativas, calquera que sexa a natureza xurídica empresarial dos seus representados, da produción, da transformación e no seu caso da comercialización agroalimentaria.

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 4 de abril de 2009.

IGAPE:   Corrección de erros.-Resolución do 10 de decembro de 2008 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas para facilitar a análise empresarial das empresas galegas cara ao acceso ao Mercado Alternativo Bursátil (MAB)          

Enlaces relacionados: Bases reguladoras das axudas para facilitar a análise empresarial das empresas galegas cara ao acceso ao Mercado Alternativo Bursátil (MAB)  


IGAPE:   Corrección de erros.-Resolución do 5 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras dos incentivos económicos e as bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Instituto Galego de Promoción Económica, adaptándoas ao Regulamento (CE) 800/2008, do 6 de agosto, xeral de exención por categorías, e se procede á convocatoria para o exercicio 2009, en réxime de concorrencia competitiva, de determinadas liñas de axuda previstas nestas bases          

Enlaces relacionados: Resolución do 5 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras dos incentivos económicos e as bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Instituto Galego de Promoción Económica, adaptándoas ao Regulamento (CE) 800/2008, do 6 de agosto, xeral de exención por categorías, e se procede á convocatoria para o exercicio 2009, en réxime de concorrencia competitiva, de determinadas liñas de axuda previstas nestas bases  

IGAPE:  

Resolución do 16 de marzo de 2009 pola que se fai público o acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que establece un programa de préstamos para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI)  

Investimentos financiables:
a) Adquisición de activos materiais
b) Investimentos relacionados con activos inmateriais
c) Aumento con carácter permanente do capital circulante necesario para o crecemento do negocio  

Beneficarios: Pemes  

Prazo de presentación de solicitudes: ata 31/12/2010  

IGAPE:  

Resolución do 17 de marzo de 2009 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras e a convocatoria da II edición dos premios ás iniciativas para o fomento da creatividade aplicada  

Obxecto: Convocatoria da II edición dos premios ás iniciativas para o fomento da creatividade aplicada  

Beneficiarios: Poderán optar aos premios as persoas físicas ou xurídicas, departamentos universitarios e centros tecnolóxicos de calquera ámbito territorial, que presenten iniciativas non premiadas noutros concursos  

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 11/05/2009  

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL:  

Orde do 20 de marzo de 2009 pola que se convocan as axudas para fomentar a produción de produtos agroalimentarios de calidade de orixe animal  

Finalidade: Incentivar a aplicación de sistemas de control da rastrexabilidade para aqueles operadores que apliquen programas de produción de produtos agroalimentarios de calidade de orixe animal que impliquen a todas e cada una das fases de produción e comercialización, mediante a contribución ao financiamento dos gastos derivados da asistencia técnica necesaria para o desenvolvemento e posta en funcionamento destes sistemas, así como de certos gastos que supoñen a súa implantación, entre eles os custos derivados da realización de controis de calidade efectuados por terceiros.  

Beneficiarios: Aquelas persoas xurídicas asociativas do ámbito agrario, incluídas as asociacións ou agrupacións de produtores, que apliquen programas de produción de calidade e cumpran os requisitos establecidos nesta orde e no Real decreto 1615/2007.  

Actividades subvencionables:
-Asistencia técnica para estudo de mercados, e para o deseño e creación de produtos agroalimentarios de calidade de orixe animal.
-Implantación de programas de produción de calidade.
-Formación do persoal especificamente relacioando co programa de produción de calidade.
-Certificación dos programas de produción de calidade implantados.

  Prazo de presentación de solicitudes: ata o 01/05/2009          

Enlace relacionado: Orde do 3 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para fomentar a produción de produtos agroalimentarios de calidade de orixe animal, e se convocan para o ano 2008  

CÁMARA OFICIAL DE COMERCIO, INDUSTRIA E NAVEGACIÓN DE LUGO:

Programa de adaptación da empresa á economía dixital  

Obxecto: axudas para a realización dun diagnóstico tecnolóxico e a incorporación na empresa dunha ferramenta de xestión avanzada no marco do Programa de adaptación da empresa á economía dixital

Máis información: http://www.camaralugo.com/secciones.asp?i=25  

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA:  

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes das subvencións para a substitución de guindastres-torre desmontables para obras

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 16/04/2009          

Enlaces relacionados:Axudas para a substitución de guindastres-torre desmontables para obras  

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA:  

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes das axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais e recintos de localización preferente de empresas
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 16/04/2009          

Enlaces relacionados: Axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais e recintos de localización preferente de empresas

 
IGAPE:   Convocatoria para o exercicio 2009 das axudas para facilitar a análise empresarial das empresas galegas cara ao acceso ao Mercado Alternativo Bolsista (MAB)

Obxecto: incentivar actuacións empresariais nas distintas fases de aproximación ao MAB aos seguintes tipos de iniciativa:
1. Sondaxe prevaloración: avaliación das condicións de partida da empresa que permitan decidir se está en condicións mínimas de estudar o inicio do proceso.
2. Estudo en profundidade e preparación de acceso definitiva: exercicio previo á colocación dos títulos no mercado, realizada ou aceptada por un asesor rexistrado por MAB.
3. Presentación a investidores e colocación: fase definitiva de cotización no MAB, road-show e colocación de títulos, realizada por un asesor rexistrado por MAB.  

Beneficiarios: sociedades mercantís con personalidade xurídica propia  

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 06/05/2009          

Enlaces relacionados: Bases reguladoras das axudas para facilitar a análise empresarial das empresas galegas cara ao acceso ao Mercado Alternativo Bursátil (MAB)           Corrección de erros.-Resolución do 10 de decembro de 2008 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas para facilitar a análise empresarial das empresas galegas cara ao acceso ao Mercado Alternativo Bursátil (MAB)    

SERVIZO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER:  

Axudas e subvencións a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento das liñas de actuación e estímulo á formación de mulleres

Obxecto: axudas e subvencións para a realización de programas de formación a prol das mulleres mediante a execución das seguintes actuacións:
a) Apoio a programas destinados a facilitar a inserción laboral das mulleres, impulsando a súa cualificación profesional naquelas profesións que sexan demandadas polo mercado de traballo ou en que se atopen subrepresentadas.
b) Apoio a programas de formación en novas tecnoloxías para mulleres, nomeadamente aqueles que apostan por un desenvolvemento sustentable.
c) Apoio a proxectos formativos de carácter singular que poidan achegar un valor engadido ás accións anteriores.
d) Apoio a programas de formación que contribúan a sacar ao mercado e aos servizos públicos os labores de coidado que realizan maioritariamente as mulleres de xeito gratuíto nos fogares.  

Beneficiarios: as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que realicen accións baseadas no principio de igualdade de oportunidades das mulleres  

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 27/04/2009


CONSELLERÍA DE ECONOMIA E FACENDA:  

Corrección de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia          

Enlaces relacionados: Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia  

AXENCIA GALEGA DE INDUSTRIAS CULTURAIS:  

Corrección de erros.-Resolución do 30 de xaneiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artístico e cultural e se convocan para o ano 2009          

Enlaces relacionados: Resolución do 30 de xaneiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artístico e cultural e se convocan para o ano 2009  

AXENCIA GALEGA DE INDUSTRIAS CULTURAIS:  

Resolución do 16 de marzo de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a amortización dos custos de produción de longametraxes cinematográficas, telefilmes e documentais de interese cultural galego  

Obxeto:
a) Longametraxes cinematográficas. Enténdese por longametraxe unha produción cinematográfica de duración superior a sesenta minutos, e recóllense as seguintes modalidades:
-Longametraxes cinematográficas (ficción ou documental).
-Longametraxes de animación.
b) Telefilmes. Longametraxes para TV cunha duración superior aos 80 minutos.  

Beneficiarios: Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes, domiciliadas polo menos por un ano, previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia.  

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 15 de octubre do 2009  

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA:  

Resolución do 20 de marzo de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas          

Enlaces relacionados: Resolución do 4 de novembro de 2008 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba as bases reguladoras das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas          

Resolución do 23 de xaneiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas          

Resolución do 5 de febreiro de 2009 pola que se fai pública a ampliación do límite de crédito dispoñible para o ano 2009 e 2010 das bases reguladoras das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas  

CONSORCIO AUDIOVISUAL DE GALICIA:

Resolución do 16 de marzo de 2009 pola que se convocan axudas co fin de impulsar a coprodución de longametraxes cinematográficas con empresas produtoras independentes de Galicia e Brasil dentro do marco de colaboración entre o Consorcio Audiovisual de Galicia e a Agência Nacional do Cinema  

Bases da convocatoria: http://www.consorcioaudiovisualdegalicia.org  

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 30 de abril do 2009  

MINISTERIO DE TRABALLO E INMIGRACIÓN:  

Real Decreto 328/2009, de 13 de marzo, polo que se modifican o Regulamento xeral sobre inscrición de empresas e afiliación, altas, baixas e variacións de datos de traballadores na Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto 84/1996, de 26 de xaneiro; o Regulamento xeral sobre cotización e liquidación de outros dereitos da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto 2064/1995, de 22 de decembro; e o Regulamento sobre colaboración das mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto 1993/1995, de 7 de decembro          

Enlaces relacionados: Real Decreto 84/1996, de 26 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento Xeral sobre inscrición de empresas e afiliación, altas, baixas e variacións de datos de traballadores na Seguridade Social          

Real Decreto 2064/1995, de 22 de decembro, polo que se aproba o Regulamento Xeneral sobre cotización e liquidación de outros dereitos da Seguridade Social
Real Decreto 1993/1995, de 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento sobre colaboración das Mutuas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social  

CONSELLERÍA DE TRABALLO:  

Corrección de erros.-Orde do 11 de marzo de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas para o fomento da estabilidade no emprego, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009          

Enlaces relacionados:           Orde do 11 de marzo de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas para o fomento da estabilidade no emprego, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009  


CONSELLERÍA DE TRABALLO:  

Orde do 25 de marzo de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo e se procede á súa convocatoria para o ano 2009  

Obxecto:
Ten a finalidade de promover a incorporación de persoas desempregadas ás entidades de economía social, apoiar o desenvolvemento de proxectos de creación e modernización deste tipo de empresas, mediante unha mellora da súa competitividade, así como a promoción do cooperativismo a través dos seguintes  

programas: -Programa I: Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais. -Programa II: Mellora da competitividade en cooperativas e sociedades laborais. -Programa III: Impulso de proxectos empresariais cooperativos. -Programa IV: Fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a. -Programa V: Actividades de promoción do cooperativismo e adaptación ás tecnoloxías da información e as comunicacións.
-Programa VI: Apoio ás cooperativas que prestan servizos de natureza social e á comunidade.
-Programa VII: Fomento da prevención de riscos laborais no cooperativismo.  

Beneficiarios:
a) As cooperativas e sociedades laborais, tanto para as actuacións previstas no programa I de Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, como para as axudas previstas no programa II relativas á contratación de directores/as e os/as xerentes.
b) As cooperativas con socios/as traballadores/as ou de traballo e as sociedades laborais para as actuacións previstas no programa II relativas á realización de investimentos.
c) As cooperativas de nova creación ou as que acometan novos proxectos nos termos e para as actuacións previstas no programa III de Impulso de proxectos empresariais cooperativos, así como as persoas e entidades que presten os servizos de asesoramento e acompañamento nos termos previstos no punto 3 da base terceira.
d) As persoas desempregadas e as que realicen unha xornada inferior á habitual, así como os asalariados/as das cooperativas, nos termos e para as axudas previstas no programa IV de fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a.
e) As cooperativas para as actuacións previstas no programa V de actividades de promoción do cooperativismo e adaptación ás tecnoloxías da información e as comunicacións, así como no programa VII de fomento de prevención de riscos laborais no cooperativismo.
f) As cooperativas que presten servizos de natureza social e á comunidade, nos termos previstos no programa VI.  

Prazo xeral de presentación de solicitudes:
15 setembro de 2009  

Prazos específicos:
O prazo de presentación de solicitudes da axuda pola incorporación de socios e socias traballadores/as ou de traballo será de tres meses contados desde  a data de alta na Seguridade Social
Programa V e VII :os corenta días hábiles (ata o 20 de maio de 2009)

 
XEFATURA DO ESTADO:   Real Decreto-lei 3/2009, de 27 de marzo, de medidas urxentes en materia tributaria, financeira e concursal ante a evolución da situación económica  

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO:  

Orden ITC/786/2009, de 25 de marzo, pola que se efectúa, para o ano 2009, a convocatoria de axudas do programa nacional de proxectos de innovación, da línea instrumental de actuación de proxectos de I+D+I, no marco do Plan Nacional de I+D+I 2008-2011, que engloba ao subprograma de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas (InnoEmpresa) para proxectos de carácter suprarrexional  

Obxecto: Convocatoria das axudas para proxectos de carácter suprarrexional do subprograma de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas (InnoEmpresa), que contemplen actuacións nas que participen pequenas e medianas empresas de polo menos dúas comunidades autónomas e, preferentemente, de máis de dúas comunidades autónomas. Será de aplicación aos sectores de industria (incluída a agroalimentaria), construción, turismo, comercio e servizos  

Beneficiarios: Organismos intermedios  

Prazo de presntación de solicitudes: Ata o 30/04/2009  

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, MEDIO RURAL E MARIÑO:  

Orde ARM/787/2009, de 17 de marzo, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a programas plurirrexionais de formación dirixidos as profesionais do medio rural  

Obxecto: Fixar as bases para as subvencións destinadas á realización de programas formativos de ámbito plurirrexional dirixidos a agricultores, gandeiros, emprendedores, directivos e outros profesionais e traballadores integrados no medio rural  

Beneficiarios: As organizacións profesionais agrarias e asociacións constituídas en Redes de Desenvolvemento Rural, que manteñan interlocución co Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño e outras entidades directamente relacionadas co medio rural  

Prazo de presentación de solicitudes: Un mes desde a publicación da correspondente convocatoria

 

Servizos

Novas Destacadas
Volver    
[Xunta de Galicia]