Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Noticias

ALERTA DE AXUDAS MAIO 2009


MINISTERIO DE ECONOMIA E FACENDA:


Orden EHA/1030/2009, de 23 de abril, pola que se eleva o límite exento da obligación de aportar garantía nas solicitudes de aprazamento ou fraccionamento a 18.000 euros

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, E MEDIO RURAL E MARIÑO:

Resolución de 8 de abril de 2009, da Secretaría de Estado do Medio Rural e Auga, pola que se publica, para o exercicio 2009, a convocatoria de subvencións destinadas á promoción das mulleres do medio rural
 
        Enlaces relacionados: Orde APA/1028/2007, de 11 de abril, pola que se modifica a Orde APA/1899/2006, de 6 de xuño, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á promoción das mulleres no medio rural
 
        Orde APA/1899/2006, de 6 de xuño, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á promoción das mulleres no medio rural

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA  E FACENDA

Resolución do 1 de abril de 2009 pola que se  lles dá publicidade aos beneficiarios de axudas concedidas ao abeiro da Orde do 16 de  decembro de 2008 pola que se establecen as  bases reguladoras e se convocan para 2008 e 2009 as axudas aos traballadores residentes en Galicia para a contratación dun seguro  de pagamentos protexidos ( Diario Oficial  de Galicia número 249, do 24 de decembro).

Disponible aquí en formato PDF

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Corrección de erros.-Orde do 29 xaneiro  de 2009 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á  gandaría e da indemnización compensatoria, e se convocan as axudas previstas no  contrato de explotación sustentable no ano 2009.

Disponible aquí en formato PDF

MINISTERIO DE TRABAJO E INMIGRACIÓN

Resolución de 6 de abril de 2009, conjunta de la Dirección General de Emigración y del Instituto Nacional de la Seguridad Social, por la que se modifica la de 25 de febrero de 2008, por la que se regula el procedimiento para acceder a la asistencia sanitaria para españoles de origen retornados y para pensionistas y trabajadores por cuenta ajena españoles de origen residentes en el exterior que se desplacen temporalmente al territorio nacional.

Disponible aquí en formato PDF

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

Orde do 29 de abril de 2009 pola que se  establecen as bases reguladoras das subvenciónsás organizacións profesionais  agrarias para actividades de interese agrario e se procede á súa convocatoria  para o ano 2009.

Disponible aquí en formato PDF

Orde do 29 de abril de 2009 pola que se  modifica a Orde do 24 de xuño de 2008,  pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva para a renovación do parque de maquinaria agrícola da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2009.

Disponible aquí en formato PDF

MINISTERIO DE TRABALLO E INMIGRACIÓN:  

Modificación das bases reguladoras da concesión de subvencións públicas, polo Instituto Nacional de Emprego no ámbito da colaboración con órganos da Administración Xeral do Estado e os seus organismos autónomos, Comunidades Autónomas, Universidades e institucións sen ánimo de lucro, que contraten traballadores desempregados para a realización de obras e servizos de interese xeral e social          

Enlace relacionado:           Orde pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións públicas, polo Instituto Nacional de Emprego no ámbito da colaboración con órganos da Administración Xeral do Estado e os seus organismos autónomos, Comunidades Autónomas, Universidades e institucións sen ánimo de lucro, que contraten traballadores desempregados para a realización de obras e servizos  de interese xeral e social


MINISTERIO DE IGUALDADE:  

Resolución, do Instituto da Xuventude, pola que se convoca a concesión de subvencións sometidas ao réxime xeral de subvencións  

Obxecto: Esta resolución ten por obxecto a regulación das axudas a programas dirixidos á mocidade entre 14 e 30 anos, destinados a apoiar o movemento asociativo xuvenil e a súa participación social, así como o fomento de programas que posibiliten a autonomía e promovan a igualdade de oportunidades dos mozos e as mozas.

Beneficiarios: Poderán acollerse a estas axudas as asociacións xuvenís, federacións ou confederacións de asociacións xuvenís.  

Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 12 de xuño de 2009

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL:  

Corrección de erros.-Orde do 29 de abril de 2009 pola que se modifica a Orde do 24 de xuño de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva para a renovación do parque de maquinaria agrícola da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2009          

Enlaces relacionados: Orde do 29 de abril de 2009 pola que se modifica a Orde do 24 de xuño de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva para a renovación do parque de maquinaria agrícola da Comunidade Autónoma de Galicia          

Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión de axudas en réxime de concorrencia competitiva para a renovación do parque de maquinaria agrícola da Comunidade Autónoma de Galicia  

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, E MEDIO RURAL E MARIÑO:  

Orde ARM/1247/2009, de 6 de maio, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á innovación tecnolóxica no medio rural  

Obxecto: subvencións destinadas á innovación tecnolóxica aos programas ou proxectos de ámbito supraautonómico no medio rural e de enfoque integral, con vocación nacional e global  

Beneficiarios: organizacións profesionais agrarias de carácter xeral, organizacións sindicais máis representativas e organizacións que representen a colectivos con dificultades de inserción, a condición de que ambas estean vinculadas ao medio rural, entidades constituídas en Redes de Desenvolvemento Rural, federacións de comunidades de regadores e entidades relacionadas coa conservación da natureza ou o fomento da produción ecolóxica ou o desenvolvemento sostible do medio rural, todas elas de ámbito estatal, sen ánimo de lucro ou que aínda que desenvolvan actividades de carácter comercial, invistan os beneficios resultantes das mesmas, na súa totalidade, no cumprimento dos seus fins institucionais non comerciais  

Prazo de presentación de solicitudes: pendente de publicación  

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, E MEDIO RURAL E MARIÑO:  

Orde ARM/1248/2009, de 6 de maio, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a programas plurirregionales de formación dirixidos aos profesionais do sector agroalimentario  

Obxecto: axudas para a realización de programas formativos de ámbito plurirrexional, que contribúa ao desenvolvemento da competitividade e á modernización e mellora da industria agroalimentaria  

Beneficiarios: as organizacións sindicais, e organizacións profesionais representativas de empresas de transformación e comercialización das producións agrarias, silvícola, da pesca, a acuicultura, a alimentación, así como entidades directamente relacionadas con elas, que cumpran os seguintes requisitos:
1.º Que carezan de ánimo de lucro, ou que, aínda que desenvolvan actividades de carácter comercial, invistan os beneficios resultantes das mesmas, na súa totalidade, no cumprimento dos seus fins institucionais non comerciais.
2.º Que o seu ámbito de actuación alcance a todo o territorio nacional.
3.º Que teñan entre os seus fins estatuarios o obxectivo explicito de mellorar as cualificaciones das persoas activas ocupadas que desenvolvan actividades agroalimentarias.
4.º Que teñan interlocución co Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural.  

Prazo de presentación de solicitudes: pendente de publicación

MINISTERIO DE TRABAJO E INMIGRACIÓN:   Corrección de erros do Real Decreto 197/2009, de 23 de febreiro, polo que se desenvolve o estatuto do traballo autónomo en materia de contrato do traballador autónomo economicamente dependente          

Enlace realcionado:           Real Decreto 197/2009, de 23 de febreiro, polo que se desenvolve o Estatuto do Traballo Autónomo en materia de contrato do traballador autónomo economicamente dependente    

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE Y MEDIO RURAL MARINO:  

Orde ARM/1288/2009, de 8 de maio, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para os proxectos piloto no marco da rede rural nacional  

Obxecto: Subvencións plurianuais para a realización de proxectos de desenvolvemento rural considerados proxectos piloto que contribúan a diversificación económica, a modernización, a mellora dá calidade de vida e a multifuncionalidade do medio rural  

Ámbito xeográfico de aplicación: Aplicarase en conxuntos de municipios, comarcas, subcomarcas e calquera outra delimitación territorial, nas que concorran circunstancias directamente relacionadas cos obxectivos do proxecto e deberán ter un alcance sempre suprautonómico e con perspectiva, alcance e referente nacional e global  

Beneficiarios:
- As entidades con personalidade xurídica, sen ánimo de lucro ou que, aínda que desenvolvan actividades de carácter comercial, invistan os beneficios resultantes das mesmas, na súa totalidade, no cumprimento dos seus fins institucionais non comerciais e que recollan entre os seus fins estatutarios, polo menos un dos seguintes fins: a promoción de iniciativas para contribuír ao desenvolvemento sustentable do medio rural, a conservación do medio, a innovación do medio rural, a organización da produción para contribuír á mellora da calidade de vida
- As entidades locais  

Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será o que se estableza na Orde de convocatoria

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO:  

Real Decreto 898/2009, de 22 de maio, polo que se regula a concesión directa de subvencións para a adquisición de vehículos, Plan 2000 E de apoio á renovación do parque de vehículos  

Obxecto: O presente real decreto ten  por obxeto a concesión directa de subvencións para a adquisición de vehículos da categoría M1 (Vehículos de motor con polo menos catro rodas deseñados e fabricados para o transporte de pasaxeiros) e da categoría N1 (Vehículos cunha masa máxima que non supere as 3,5 toneladas, deseñados e fabricados para o transporte de mercadorías), no marco del Plan 2000 E.

Beneficiarios:
As persoas físicas.
Os profesionais autónomos dados de alta no Imposto de Actividades Económicas.
As microempresas.
As pequenas e medianas empresas (PEMES).  

Prazo de presentación de solicitudes: As axudas ás que se refire este real decreto concederanse ás adquisicións de vehículos que se realicen desde o 18 de maio de 2009 ata o 18 de maio do 2010, ou ata o cumprimento do obxectivo cuantitativo fixado no artigo 3.3.

 

Servizos

Novas Destacadas
Volver    
[Xunta de Galicia]