Noticias
ALERTA DE AXUDAS FEBREIRO 2009

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR:
Axudas para concellos e mancomunidades para a realización de actividades de voluntariado
Liñas de axuda: - Área de sensibilización: desenvolvemento de xornadas, seminarios, charlas e actividades dirixidas a dar a coñecer a realidade das entidades de acción voluntaria, así como a promoción e captación de voluntariado. - Realización de campañas que fomenten a sensibilización da sociedade galega cara ao voluntariado e as súas organizacións. - Estudos encamiñados a coñecer a realidade do voluntariado galego nos seus diferentes niveis de actuación (local, comarcal, etc.). - Área de formación: perséguese unha modernización e adaptación permanente dos entes locais á realidade social a través destas liñas fundamentais: - Formación de persoas responsables de voluntariado e das persoas voluntarias. - Fomento e incorporación de novas tecnoloxías dentro das entidades como, por exemplo, o deseño e mantemento de páxinas web. - Área de coordinación: as accións fomentarán o traballo en rede e a coordinación entre os diferentes concellos e mancomunidades incorporando de xeito transversal as actuacións desenvolvidas nos diferentes eidos do voluntariado.
Beneficiarios: Os concellos e mancomunidades de municipios de Galicia que realicen proxectos de voluntariado durante o ano 2009, desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro,e que se desenvolvan dentro das áreas de actuación da Lei 3/2000, do 22 de decembro, do voluntariado.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 2 de marzo de 2009
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓN PÚBLICA E XUSTIZA:
Axudas para os gastos extraordinarios en que incorresen as entidades locais como consecuencia directa do temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro
Obxecto: Axudas destinadas a sufragar os gastos extraordinarios en que incorresen as entidades locais derivados das actuacións inaprazables na situación de temporal, levados a cabo no mesmo momento de producirse este ou nos inmediatamente posteriores á finalización dos feitos causantes e para garantir o funcionamento dos servizos públicos esenciais e imprescindibles e a vida e a seguridade das persoas.
Beneficiarios: As entidades locais que acrediten a realización de gastos extraordinarios como consecuencia directa do temporal
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 3 de marzo de 2009
CONSELLERÍA DE ECONOMIA E FACENDA:
Axudas por danos personais para a reparación de danos causados polo temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro
Obxecto: Axudas os danos personais acaecidos polo temporal dos días 23 e 24 de xaneiro: a) Falecemento. b) Incapacidade absoluta permanente. c) Lesións que causasen a hospitalización da persoa ferida.
Beneficiarios: Serán beneficiarias destas axudas a título de vítimas indirectas, no caso de morte e con referencia sempre á data desta, as persoas que reúnan as condicións que se indican a continuación: a) O/a cónxuxe da persoa falecida, se non estivese separado/a ou divorciado/a legalmente, ou a persoa que viñese convivindo co/a falecido/a de forma permanente, con análoga relación de afectividade á de cónxuxe, durante, polo menos, os dous anos anteriores ao momento do falecemento, salvo que tivesen descendencia, neste caso bastará a simple convivencia. b) As/os fillas/os menores de idade da persoa falecida ou das outras persoas a que se refiere o parágrafo anterior. c) As/os fillas/os maiores de idade se sufrisen un prexuízo económico-patrimonial relevante, debidamente acreditado, en relación á súa situación económica anterior ao falecemento. d) As/os netas/os menores de idade das persoas falecidas ou das outras persoas a que se refiere o parágrafo anterior. e) As/os netas/os maiores de idade se sufrisen un prexuízo económico-patrimonial relevante, debidamente acreditado, en relación á súa situación económica anterior ao falecemento. f) En defecto das persoas mencionadas anteriormente, serán beneficiarios os pais da persoa falecida. g) En defecto das persoas mencionadas nos parágrafos anteriores serán beneficiarios os irmáns da persoa falecida se acreditan dependencia económica daquela.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 3 de marzo de 2009
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTE:
Axudas para compensar os danos sufridos en establecementos comerciais, mercantís , industriais, turísticos e deportivos, situados en instalacións portuarias de titularidade autonomica como consecuencia dos estragos producidos polo temporal no mes de xaneiro do 2009 Obxecto: Reparación de danos e, de ser o caso, perdas que, causadas polo temporal que afectou Galicia os días 23 e 24 de xaneiro de 2009, se produciron en determinados bens situados nas instalacións portuarias de titularidade autonómica galega.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios destas axudas os titulares dos establecementos comerciais, mercantís, industriais, turísticos e deportivos, situados en instalacións portuarias de titularidade autonómica, en que, como consecuencia do temporal que afectou Galicia os días 23 e 24 de xaneiro de 2009, se produciron danos nas súas edificacións, instalacións, equipamentos, maquinaria e nas mercadorías neles depositadas, así como nos vehículos comerciais ou industriais afectos a estas actividades, debendo quedar acreditada a dita relación de causalidade.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 3 de marzo de 2009
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTE:
Medidas urxentes para a reparación dos danos que afectasen a rede de estradas locais e os elementos funcionais causados polo temporal
Obxecto:
Reparación dos danos que, causados polo temporal que padeceu Galicia os días 23 e 24 de xaneiro de 2009, afectasen a rede de estradas locais e os seus elementos funcionais e auxiliares de titularidade pública.
Requisitos: Para que poidan ser obxecto de reparación ao abeiro do previsto nesta orde será necesario que os danos na respectiva rede de estradas local e nos seus elementos funcionais e auxiliares de titularidade pública, sexan dunha contía igual ou superior a quince mil (15.000) euros, IVE excluído, por concello solicitante, debendo a alcaldía-presidencia achegar, xunto coa súa solicitude de reparación, un certificado emitido por quen desempeñe as funcións inherentes á secretaría xeral do Concello, no cal conste o contido do informe emitido por técnico competente e no cal se detallarán os danos e o orzamento das súas reparacións.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 3 de marzo de 2009
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA:
Axudas por danos provocados nos establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís e nas infraestruturas enerxéticas e turísticas de titularidade municipal producidas polo temporal
Obxecto: Axudas para reparar os danos que como consecuencia do temporal acaecido en Galicia a partir do día 23 de xaneiro de 2009 se ocasionaron en: a) Establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís incluídos no ámbito competencial da Consellería de Innovación e Industria. Quedan excluídas as actividades de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica. b) Infraestruturas enerxéticas e turísticas de titularidade municipal. Quedan excluídas as infraestruturas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica..
Beneficiarios: - Os titulares de establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís incluídos no ámbito competencial desta consellería nos que se producisen danos. Para estes efectos consideraranse os danos causados nas súas edificacións, instalacións, maquinaria, e nas mercadorías neles depositadas, así como nos vehículos comerciais ou industriais afectos a estas actividades. - Os concellos cuxas infraestruturas enerxéticas e turísticas de titularidade municipal resultaren danadas. En todo caso debe quedar suficientemente acreditada a relación de causalidade entre os danos producidos e o temporal acaecido.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 3 de marzo de 2009
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL:
Axudas para as explotacións agrícolas e gandeiras para a reparación dos danos causados polo temporal acaecido en Galicia
Obxecto: A reparación dos danos e perdas causados en explotacións agrícolas e gandeiras, tanto nas instalación e edificacións propias da actividade como nas producións afectadas, que non fosen cubertas polas medidas que puidesen adoptar outras administracións ou por calquera fórmula de aseguramento, público ou privado.
Beneficiarios: 1.As persoas que teñan a condición de agricultor/a profesional, entendido como a persoa física titular dunha explotación agrícola, gandeira ou forestal, que requira un volume de emprego de, polo menos, unha unidade de traballo anual e que obteña, polo menos, o 25% da súa renda de actividades agrarias. 2. Poderán selo, así mesmo, as persoas, físicas ou xurídicas, titulares destas explotacións que, non reunindo as características de agricultor profesional, empreguen, polo menos, media unidade de traballo anual..
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 3 de marzo de 2009
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL: Corrección de erros.-Orde do 29 de decembro de 2008 pola que se modifica a Orde do 18 de xullo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de xestión, substitución e aconsellamento, e se convocan para o ano 2009 Enlaces relacionados: Orde do 29 de decembro de 2008 pola que se modifica a Orde do 18 de xullo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de xestión, substitución e aconsellamento, e se convocan para o ano 2009 Orde do 18 de xullo de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de xestión, substitución e aconsellamento e se convocan para o ano 2008
CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE:
Axudas a concellos de Galicia para compensar os danos sufridos en instalacións deportivas de titularidade pública polos efectos do temporal
Obxecto e destinatarios: Axudas aos concellos de Galicia que o soliciten, para o financiamento da reparación dos danos sufridos nas instalacións deportivas de titularidade municipal como consecuencia do temporal acaecido na comunidade autónoma entre os días 23 e 24 de xaneiro de 2009. Non obstante, para casos excepcionais en que se acrediten razóns de interese público, social, económico ou humanitario, ou outras debidamente xustificadas que poderán estar referidas á magnitude ou natureza da actuación, poderán outorgarse axudas en réxime de concesión directa coa sinatura, de ser o caso, dos oportunos convenios.
Actuacións subvencionables: O financiamento das actuacións que vaian realizar os concellos para paliar os danos antes citados e que teñan por finalidade a reparación de elementos estruturais, cubertas ou elementos de seguridade, a reparación dos danos producidos na estrutura ou a reposición de elementos de instalacións deportivas de titularidade municipal. Considéranse excluídas, por razón da contía, aquelas reparacións de carácter menor que supoñan un custo total inferior aos 12.000 € por instalación.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 3 de marzo de 2009
CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO:
Axudas destinadas a sufragar os danos causados en vivendas e instalacións complementarias polo temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro
Obxecto: Axudas destinadas a sufragar os gastos, en vivendas e instalacións complementarias, causados polo temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro de 2009.
Beneficiarios: As persoas físicas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias das vivendas que sufrisen danos relacionados co temporal acaecido e que, cumprindo os requisitos establecidos nesta convocatoria, teñan que sufragar os gastos necesarios de reparación, ou de reposición no caso de que a persoa propietaria acredite a perda irrecuperable dalgún ben, de acordo co procedemento regulado nesta orde.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 3 de marzo de 2009
SERVICIO GALEGO DE PROMOCIÓN DA IGUALDADE DO HOME E DA MULLER:
Axudas a entidades locais para o desenvolvemento das liñas de actuación e estímulo á formación de mulleres
Obxecto: Programas de formación a prol das mulleres mediante a execución das seguintes actuacións: a)Apoio a programas destinados a facilitar a inserción laboral das mulleres impulsando a súa cualificación profesional. b) Apoio a programas de formación en novas tecnoloxías. c) Apoio a proxectos formativos de carácter singular que poidan achegar un valor engadido ás acción anteriores. d) Apoio a programas de formación que contribúan a sacar ao mercado e aos servizos públicos os labores de coidado que realizan maioritariamente as mullares de xeito gratuito nos fogares.
Destinatarias das acción formativas: Mulleres maiores de idade ou emancipadas. Con preferencia as mulleres que sufran situación de violencia de xénero ou exclusión social ou que teñan responsabilidades familiares non compartidas, asi como as que desexen incorporarse á vida laboral despois dunha interrupción causada pola dificultade de compaxinar a súa vida laboral e familiar.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 9 de marzo de 2009
CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL:
Corrección de erros - Orde 2 de febreiro de 2009 pola que se convocan axudas para as explotacións agrícolas e gandeiras ao abeiro do Decreto 13/2009 do 29 de xaneiro, de medidas urxentes para a reparación dos danos causados polo temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro
Enlaces relacionados: Orde do 2 de febreiro de 2009 pola que se convocan axudas para as explotacións agrícolas e gandeiras ao abeiro do Decreto 13/2009, do 29 de xaneiro, de medidas urxentes para a reparación de danos causados polo temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro
CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE: Corrección de erros- Orde do 2 de febreiro de 2009 pola que se regula a concesión de axudas a concellos de Galicia para compensar os danos sufridos en instalación deportivas de titularidade pública polos efectos do temporal acaecido en Galicia os días 23 e 24 de xaneiro de 2009 Enlaces relacionados:
Orde do 2 de febreiro de 2009 pola que se regula a concesión de axudas a concellos de Galicia para compensar os danos sufridos en instalación deportivas de titularidade pública polos efectos do temporal acaecido en Galicia os días 23 e 24 de xaneiro de 2009
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA:
Resolución pola que se modifican as bases reguladoras das axudas do IGAPE destinadas á bonificación de xuros de préstamos formalizados por titulares de explotacións gandeiras galegas ao abeiro da Orde APA/165/2008
Novo prazo: Ata o 21/02/2009
Enlaces relacionados: Axudas de xuros de préstamos formalizados por titulares de explotacións gandeiras galegas ao abeiro da Orde APA/165/2008
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA:
Corrección de erros.- Orde do 2 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca a concesión de axudas e subvencións por danos persoais, previstas no Decreto 13/2009, do 29 de xaneiro, de medidas urxentes para a reparación dos danos causados polo temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro
Enlaces relacionados: Axudas por danos personais para a reparación de danos causados polo temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro
CONSELLERÍA DE TRABALLO: .
Corrección de erros.- Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade social das persoas cotitulares ou titulares de explotacións agrarias
Enlaces relacionados: Programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares ou titulares de explotacións agrarias
MINISTERIO DE LA PRESIDENCIA:
Acordo do Consello de Ministros : sobre axudas aos damnificados polos episodios meteorolóxicos de carácter extraordinario que afectaron a diversas Comunidades Autónomas durante o ano 2009
Beneficiarios: Unidades familiares con danos persoais por falecemento ou incapacidade, danos materiais nas súas vivendas e enseres. Entidades Locais que efectuaron gastos de emerxencia. Persoas físicas ou xuridicas que prestaron servizos requeridos polas autoridades competentes.
Prazo: Ata o 26/02/2009
Enlaces relacionados: Real Decreto 307/2005, do 18 de marzo, polo que se regulan as subvencións en atención a determinadas necesidades derivadas de situación de emerxencia ou de natureza catastrófica
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES:
Corrección de erros.-Orde do 30 de xaneiro de 2009 pola que se regula a concesión de axudas para compensar os danos sufridos en establecementos comerciais, mercantís, industriais, turísticos e deportivos, situados en instalacións portuarias de titularidade autonómica como consecuencia dos estragos producidos polo temporal no mes de xaneiro de 2009
Enlaces relacionados: Axudas para compensar os danos sufridos en establecementos comerciais, mercantís, industriais, turísticos e deportivos, situados en instalación portuarias de titularidade autonómica como consecuencia do temporal no mes de xaneiro de 2009
MINISTERIO DE TRABALLO E INMIGRACIÓN:
Corrección de erratas da Orde TIN/41/2009, de 20 de xaneiro, pola que se desenvolven as normas de cotización á Seguridade Social, Desemprego, Fondo de Garantía Salarial e Formación Profesional, contidas na Lei 2/2008, de 23 de decembro, de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2009
Enlaces relacionados: Orde TIN/41/2009, de 20 de xaneiro, por la que se desenvolven as normas de cotización á Seguridade Social, Desemprego, Fondo de Garantía Salarial e Formación Profesional, contidas na Lei 2/2008, de 23 de decembro, de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2009
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL:
Orde do 5 de febreiro de 2009 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia e do seu Consello Regulador e se nomea o Consello Regulador Provisional
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE):
Adhesión dunha entidade financeira ao convenio de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das pequenas e medianas empresas subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas
Enlaces relacionados: Acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica, que aproba as bases reguladoras das liñas de apoio ao acceso e adecuación do financiamento das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE):
Modificación das bases reguladoras dos incentivos económicos e as bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Instituto Galego de Promoción Económica
Enlaces relacionados: Acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que dá nova redacción ás bases reguladoras dos incentivos económicos e ás bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape Regulamento (CE) no 800/2008 da Comisión, de 6 de agosto de 2008, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías)
Liñas e prazos de presentación de solicitudes: Proxectos de investimento empresarial. IG 103-Proxectos de investimento para a innovación ou mellora tecnolóxica das Pemes. O prazo remata o 01/04/2009. IG 104-Proxectos dirixidos a mellorar a organización das Pemes. O prazo remata o 01/04/2009. IG 100-Proxectos de investimento empresarial superior a 500.000€. O prazo remata cando se esgote o crédito dispoñible ou cando sexa derogado expresamente. IG 101-Proxectos a servizos avanzados intensivos en emprego. O prazo remata cando se esgote o crédito dispoñible ou cando sexa derogado expresamente. IG 107-Proxectos empresariais de novos emprendedores. O prazo remata cando se esgote o crédito dispoñible ou cando sexa derogado expresamente. Proxectos colaborativos de carácter empresarial. IG 114-Iniciativas de difusión. O prazo remata o 30/03/2009 IG 115-Proxectos de servizos mancomunados. O prazo remata o 30/03/2009 IG 116-Proxectos de benchmarking empresarial. O prazo remata o 30/04/2009 IG 117-Proxectos de cualificación profesional. O prazo remata o 30/04/2009 IG 118-Proxectos tutelados de intercambio de experiencia para a xeración de proxectos de innovación cooperativos. O prazo remata o 30/04/2009 IG 119-Elaboración de plans estratéxicos, de innovación e competitividade, ou de internacionalización, cooperativos. O prazo remata o 30/03/2009 IG 121-Preparación de proxectos de innovación para concorrer a convocatorias públicas estatais ou europeas. O prazo remata o 30/06/2009 IG 122-Posta en marcha e implantación de plans cooperativos previamente consensuados. O prazo remata o 30/03/2009
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA:
Axudas para a modernización de comercios situados en zonas rurais da Comunidade Autónoma de Galicia en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego
Obxecto: Esta orde ten por obxecto establecer as bases das axudas para promocionar e incentivar a modernización e a implantación de comercios situados en zonas rurais.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios os comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís e comunidades de bens.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 18 de marzo de 2009
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA:
Axudas para a implantación do distintivo de calidade do comercio galego, fomento da creación e expansión de cadeas sucursalistas, medidas ambientais e mellora da imaxe dos establecementos comerciais, en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego
Obxecto: Esta orde ten por obxecto establecer as bases das axudas para mellora da competitividade do comercio galego a través de actuacións encamiñadas á obtención do distintivo de calidade do comercio galego, o establecemento de marcas de canle, de medidas que contribúan á mellora do ambiente por parte dos comerciantes e os seus establecementos e mellorar a imaxe dos establecementos comerciais. Beneficiarios: Poderán acollerse a estas axudas pequenas e medianas empresas comerciais retallistas.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 18 de marzo de 2009
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA:
Axudas ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro, para a incentivación da demanda comercial (liña INCEN), fomento da cooperación empresarial e da calidade (liña COOP) e desenvolvemento equilibrado dos centros comerciais abertos de Galicia e eixes comerciais (liña MECCA), en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego
Liñas:
- INCEN de incentivación da demanda comercial. - COOP para accións de integración de estratexias conxuntas, cooperación empresarial e fomento da calidade. - MECCA para o desenvolvemento equilibrado dos centros comerciais.
Beneficiarios: Liña INCEN: asociacións de comerciantes, sen fins de lucro, ou ben calquera outra entidade representativa das pequenas e medianas empresas comerciais, sen fins de lucro, que pretendan levar a cabo proxectos de interese e transcendencia no ámbito comercial. Liña COOP: asociacións de comerciantes, sen fins de lucro, e organismos intermedios, entendéndose por tales as organizacións públicas, semipúblicas ou privadas sen ánimo de lucro, con personalidade xurídica propia, que presten habitualmente servizos de apoio ás pequenas e medianas empresas comerciais. Liña MECCA: asociacións de comerciantes de carácter territorial, sen fins de lucro, ou calquera outra entidade representativa das pequenas e medianas empresas comerciais, sen fins de lucro, que leven a cabo proxectos de interese e transcendencia en: -Centros comerciais abertos. -Eixes comerciais. Asociacións de vendedores da praza, sen fins de lucro, que teñan cedida a xestión do mercados de abastos.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 18 de marzo de 2009
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA:
Axudas ás corporacións locais para a adecuación e modernización de equipamentos comerciais (liña Merca) e vertebración do comercio urbano (liña Urbancomer), en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego
Liñas: Liña Merca: a)Realización de estudos de mellora da organización, de proxectos de investimento como consecuencia das propostas concretas formuladas nos devanditos estudos, que favorezan a posta en marcha de novos servizos ou que supoñan unha transformación substancial da súa infraestrutura, funcionamento ou xestión. b) Investimentos en mercados retallistas, en concreto, a construción, reparación, modernización e remodelación da estrutura física e das instalacións de uso comunitario, así como contornos anexos onde se produzca venda de produtos tradicionais. c) Investimentos en proxectos para adecuación física ou mellora de espazos destinados a mercados tradicionais e ambulantes, de apertura periódica. d) Investimentos noutros equipamentos comerciais, en particular as dotacións de equipo e instalación xerais ou complementarias que se integren en unidades comerciais afíns, incluídas infraestruturas desmontables e rotuladas con indicativo de productos comarcais ou locais da zona específica que corresponda e sempre que non conte o concello con posibilidades de dotación de espazo ou inmobles para albergar esta tipoloxía de comercio que integre os produtores que exerzan directamente a actividade.
Liña Urbancomer: a) Diagnoses e estudos sobre a situación do comercio en áreas xeográficas determinadas co obxectivo de implantar plans de dinamización e mellora deses territorios. Estes estudos deberán ter por obxecto unha área territorial limitada en municipios de máis de 10.000 habitantes, ou grupos de concellos que superen, no seu conxunto, ese número de habitantes. b) A realización de estudos de mellora da organización tanto física como funcional de centros comerciais de barrio, naquelas áreas que se encontren degradadas e/ou nas cales se implantasen novas fórmulas comerciais, especialmente de gran superficie, así como a realización dos proxectos de investimento de mellora física, xestión ou accesibilidade, como consecuencia das propostas concretas formuladas nos devanditos estudos. c) Actuacións en rúas ou zonas peonís comerciais, en concreto, as derivadas de proxectos de creación, modificación e mellora das rúas e zonas peonís comerciais, como consecuencia das propostas específicamente formuladas. d) Actuacións nos eixes comerciais como puntos neurálxicos respecto dos cales xira o tráfico mercantil máis representativo, especialmente onde estean constituídos centros comerciais abertos. Os proxectos deberán promover o amoblamento urbano, sinalizacións, rotulación comercial, iluminación e todos aqueles complementos que estimulen unha mellor actividade comercial. e) Creación e mantemento de servizos municipais.
Beneficiarios: Concellos.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 18 de marzo de 2009
AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS: Corrección de erros.-Resolución do 12 de xaneiro de 2009 pola que se anuncia convocatoria pública de subvencións ás industrias culturais para o ano 2009 Enlace relacionado: Resolución do 12 de xaneiro de 2009 pola que se anuncia a convocatoria pública de subvencións ás industrias culturais para o ano 2009
VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE DO BENESTAR:
Axudas para adquisición de equipamento e actividades programadas por asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude Modalidades: A: realización do programa anual de actividades e gastos de funcionamento. B: adquisición de equipamento e material inventariable. C: realización de proxectos de promoción xuvenil.
Beneficiarios: Asociacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á xuventude que carezan de interese lucrativo.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 20 de marzo de 2009.
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA:
Axudas para adecuación dos establecementos comerciais ao seu contorno competitivo en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego
Obxecto: As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a renovación do comercio retallista galego e a incorporación das novas tecnoloxías da información á xestión dos establecementos comerciais co obxectivo de adaptar as súas estruturas ao seu contorno de maneira máis competitiva.
Beneficiarios: Poderán acollerse a estas axudas os comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís e comunidades de bens.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 18 de marzo de 2009
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA:
Axudas ás asociacións profesionais de artesáns para o fomento do sector artesanal galego
Obxecto: Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas para a realización de accións de fomento do sector artesanal galego.
Beneficiarios: Poderán acollerse a estas axudas as asociacións profesionais de artesáns que acrediten a inscrición dun mínimo de dez artesáns no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 18 de marzo de 2009
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA:
Axudas aos/ás titulares de obradoiros artesanais para actuacións de fomento e desenvolvemento do sector artesanal galego
Obxecto: Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas ao sector artesanal a través do apoio a obradoiros.
Beneficiarios: Poderán acollerse a estas axudas os titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, e comunidades de bens.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 18 de marzo de 2009
AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS:
Axudas para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega con decidido contido artístico e cultural
Liñas: A: Longametraxes. B: Longametraxes documentais. C: Longametraxes en soporte dixital.
Beneficiarios: Poderán acollerse a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes, domiciliadas polo menos por un ano, previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que teñan, no momento do pagamento da axuda, sede efectiva da súa actividade, sucursal ou oficina permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 20 de marzo de 2009
AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS:
Axudas de creación audiovisual para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego
Modalidades: A: Escrita individual de guión. B: Curtametraxe en soporte dixital. C: Curtametraxes experimentais.
Beneficiarios: Poderán acollerse a estas axudas as persoas físicas naturais ou residentes, cando menos por un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia..
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 20 de marzo de 2009
VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR:
Corrección de erros.-Orde do 31 de decembro de 2008 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións dirixidas a concellos e mancomunidades de municipios para o fomento e a realización de actividades de voluntariado, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009 Enlaces relacionados: Orde do 31 de decembro de 2008 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións dirixidas a concellos e mancomunidades de municipios para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2009
CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL:
Corrección de erros.-Orde do 5 de febreiro de 2009 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia e do seu Consello Regulador, e se nomea o Consello Regulador Provisional
Enlaces relacionados:
Orde do 5 de febreiro de 2009 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia e do seu Consello Regulador e se nomea o Consello Regulador Provisional
CONSELLERÍA DE TRABALLO:
Axudas para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas
Finalidade: Esta orde ten por obxecto regular as iniciativas de formación dirixidas á reciclaxe e recualificación de traballadores dos sectores estratéxicos na situación sociolaboral de Galicia: téxtil, alimentación, madeira, construción e metal (preferentemente do sector de automoción) e aqueles outros sectores que como consecuencia da crise económica tivesen unha perda da afiliación a Seguridade Social superior ao 1%, no momento da publicación desta orde.
Beneficiarios: Poderán acollerse a estas axudas as empresas e agrupacións de empresas dos sectores estratéxicos na situación sociolaboral de Galicia: téxtil, alimentación, madeira, construción e metal (preferentemente do sector de automoción) e aqueles outros que poidan xurdir como consecuencia da crise económica e que sirvan para paliar os seus efectos.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 21 de marzo de 2009
AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS
Axudas para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega
Modalidades: a) Longametraxes de ficción. b) Longametraxes documentais. c) Películas para televisión. d) Formatos innovadores para televisión. e) Pilotos de series de animación para TV.
Beneficiarios: Poderán acollerse a estas axudas tanto persoas físicas naturais ou residentes en Galicia nos dous anos anteriores á data desta convocatoria como produtoras audiovisuais independentes, que teñan ou instalen unha sede efectiva da súa actividade ou unha sucursal ou oficina permanente na Comunidade Autónoma de Galicia. Os beneficiarios deberán ter un acordo ou contrato, como mínimo, cun autor ou guionista.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 21 de marzo de 2009
AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS
Axudas para a produción de curtametraxes en versión orixinal en lingua galega, así como de videoclips
Modalidades: a) Curtametraxes en soporte cinematográfico. b) Curtametraxes de animación en soporte cinematográfico. c) Curtametraxes en soporte dixital innovadoras ou experimentais. d) Videoclips.
Beneficiarios: Poderán acollerse a estas axudas as produtoras audiovisuais independentes ou empresas discográficas que teñan ou instalen unha sede efectiva da súa actividade ou unha sucursal ou oficina permanente na Comunidade Autónoma de Galicia. Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 21 de marzo de 2009
AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS
Axudas para o desenvolvemento e produción de contidos interactivos en lingua galega
Modalidades: a) Proxectos de desenvolvemento de contidos interactivos. b) Proxectos de produción de contidos interactivos.
Beneficiarios: Poderán acollerse a estas axudas as todas as persoas físicas ou xurídicas inscritas como empresas de contidos interactivos que teñan a sede efectiva da súa actividade ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 21 de marzo de 2009
MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO
Axudas para a realización de proxectos e accións da Acción Estratéxica de Telecomunicacións e Sociedade da Información dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011
Áreas de actuación: 1.- Área de actuación de Economía Dixital do Plan Avanza: a) Subprograma Avanza Formación: dirixido a mellorar a formación xeral, en TIC e con TIC, de empregados de pemes e autónomos. b) Subprograma Avanza I+D: para a realización de proxectos e actuacións de investigación, desenvolvemento e innovación, con dúas prioridades temáticas principais, a Internet do futuro e os contidos dixitais, en beneficio de empresas, en particular, as pemes. 2.- Área de actuación de Cidadanía Dixital do Plan Avanza: a) Subprograma Avanza Cidadanía Dixital b) Subprograma Avanza Servizos Públicos Dixitais c) Subprograma Avanza Contidos
Beneficiarios: Os establecidos segundo cada subprograma.
Prazo de presentación de solicitudes: Os establecidos segundo cada subprograma, que abarcan desde o 26/02/2009 ata o 03/06/2009.
Enlaces relacionados: Orde ITC/464/2008, de 20 de febreiro pola que se regulan as bases, o régime de axudas e a xestión da Acción Estratéxica de Telecomunicacións e Sociedade da Información dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, 2008-2011 Orde ITC/2382/2008, de 5 de agosto, pola que se modifica a Orde ITC/464/2008, de 20 de febreiro, pola que se regulan as bases, o régime de axudas e a xestión da acción estratéxica de telecomunicacións e sociedade da información dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, 2008-2011
MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO
Orde ITC/318/2009, de 11 de febreiro, pola que se modifica a Orde ITC/633/2007, de 14 de marzo, pola que se establecen as bases reguladoras do sistema de xestión centralizada das axudas para proxectos de carácter suprarrexional do programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas (Innoempresa) 2007-2013
Enlaces relacionados: Orde ITC/633/2007, de 14 de marzo, pola que se establecen as bases reguladoras do sistema de xestión centralizada das axudas para proxectos de carácter suprarrexional do programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas (InnoEmpresa) 2007-2013 Real Decreto 1579/2006, de 22 de decembro, polo que se establece o réxime de axudas e o sistema de xestión do Programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas 2007-2013
CONSELLERÍA DE TRABALLO:
Decreto 33/2009, do 21 de xaneiro, polo que se regula a promoción da igualdade nas empresas e a integración do principio de igualdade nas políticas de emprego
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA:
Axudas para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios (PR106A)
Finalidade: Edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares e complementarios destes para os niveis non universitarios.
Beneficiarios: Poderán acollerse a estas axudas as empresas mercantís do sector editorial, sexan persoas físicas ou xurídicas.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 30 de abril de 2009
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA:
Axudas encamiñadas ao fomento da seguranza e da saúde no ámbito da minería galega
Modalidades: Modalidade A): mellora das condicións de seguranza e de saúde laboral nas explotacións mineiras e nos establecementos de beneficio: A1) Adquisición de medios técnicos de protección colectiva de riscos relacionados coas condicións ambientais no traballo, especialmente á exposición ao po e ao ruído. A2) Substitución de máquinas por outras novas que, realizando funcións similares, cumpran os requisitos esenciais de seguranza e saúde e as especificacións contidas no Real decreto 1435/1992, do 27 de novembro, dispoñendo en consecuencia da marcación CE. Modalidade B): actuacións formativas sobre a prevención de riscos laborais e a seguranza mineira: Contratación con terceiros da realización de actuacións formativas relacionadas coa prevención de riscos laborais e a seguranza mineira en xeral e, en particular, sobre o po, o ruído e o manexo de maquinaria móbil, dirixidos aos traballadores das empresas mineiras. Modalidade C): investimentos encamiñados á protección das augas minerais a través da mellora das captacións ou ben de estudos técnicos dirixidos á caracterización e conservación dos acuíferos. Modalidade D): calquera outro investimento que supoña a mellora preventiva das condicións de traballo e cuxa necesidade veña recollida no documento de seguranza e saúde e na planificación da acción preventiva.
Beneficiarios: Poderán acollerse a estas axudas as empresas vinculadas á minaría que cumpran os seguintes requisitos establecidos nesta convocatoria.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 20 de marzo de 2009
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA:
Axudas a pequenos comerciantes ou promotores de comercios no rural que se adhiran á Rede de Comercio Rural Galego
Actuacións: a) A adecuación de novos locais comerciais ou reforma e/ou ampliación dos existentes, nos cales a sala de vendas de comercio en réxime de autoservizo deberá ocupar como mínimo o 30% do espazo destinado ao público sempre que a superficie resultante non supere os 150 metros cadrados e teña unha superficie mínima de 30 metros cadrados de sala de vendas. b) A reforma da fachada da edificación onde se ache o establecemento. c) A adquisición do mobiliario do local comercial. d) O rótulo da Rede de Comercio Rural Galego. e) A adquisición do equipamento preciso para o desenvolvemento da actividade
Beneficiarios: Poderán acollerse a estas axudas, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os/as comerciantes ou futuros/as comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís e comunidades de bens, que teñan capacidade legal para exercer o comercio e se dediquen a el de xeito habitual, de acordo coa definición establecida no artigo 1 do Código de Comercio.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 31 de marzo de 2009
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA:
Axudas a pequenos comerciantes individuais autónomos que abandonen a actividade comercial, en desenvolvemento do Plan de renovación e mellora do comercio galego
Obxecto: Esta axuda ten por obxecto fomentar o cambio xeracional dos empresarios individuais próximos a acadar a idade de xubilación na actividade comercial e a rexeneración do tecido empresarial comercial coa dispoñibilidade no mercado de novos locais comerciais.
Beneficiarios: Poderán acollerse a estas axudas os comerciantes retallistas que teñan capacidade legal para exercer o comercio que se dediquen ao comercio de xeito habitual, de acordo coa definición establecida no artigo 1 do Código de comercio, dedicándose a algunha das actividades que teñan como obxecto exclusivo ou principal a realización de actos de comercio, e que estean incluídos dentro das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo III desta orde.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 23 de marzo de 2009
CONSELLERÍA DE TRABALLO:
Axudas ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego Finalidade: Promover a integración laboral das persoas con discapacidade grave na Comunidade Autónoma de Galicia.
Beneficiarios: Poderán acollerse a estas axudas os centros especiais de emprego que cumpran cos requisitos recollidos no artigo 6 desta orde.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 20 de marzo de 2009
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA:
Resolución do 13 de febreiro de 2009 pola que se modifica o límite compatible do importe da axuda (minimis) en determinadas liñas de axuda do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)
Enlaces relacionados: Comunicación da Comisión - Marco temporal comunitario aplicable ás medidas de axuda estatal para facilitar o acceso ao financiamento no actual contexto de crise económica e financeira
CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL:
Axudas para o desenvolvemento de accións formativas en materia agroforestal, por entidades de iniciativa social, dedicadas a fomentar a integración social e laboral de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social
Obxecto: Convocar as subvencións destinadas a financiar as accións formativas en materia agroforestal das entidades de iniciativa social que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas desfavorecidas ou discapacitadas no medio rural de Galicia.
Beneficiarios: as entidades de iniciativa social, referidas no artigo 32.2º c) da Lei 4/1993, do 14 de abril, de servizos sociais, que acrediten reunir as condicións para realizar a actividade formativa solicitada
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 23/03/2009
CONSORCIO AUDIOVISUAL DE GALICIA:
Axudas para a promoción de producións audiovisuais a través da internet
Bases da convocatoria: poderán obterse na sede do Consorcio (r/ Hórreo 61-1º, 15702 Santiago de Compostela) ou na páxina web http://www.consorcioaudiovisualdegalicia.org/
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 01/12/2009
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA:
Corrección de erros.-Orde do 31 de decembro de 2008 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións profesionais de artesáns cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, para o fomento do sector artesanal galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009
Enlaces relacionados: Orde do 31 de decembro de 2008 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións profesionais de artesáns cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, para o fomento do sector artesanal galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA:
Corrección de erros.-Orde do 31 de decembro de 2008 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos/ás titulares de obradoiros artesanais para actuacións de fomento e desenvolvemento do sector artesanal galego, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009
Enlaces relacionados: Orde do 31 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos/ás titulares de obradoiros artesanais para actuacións de fomento e desenvolvemento do sector artesanal galego, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL:
Axudas para o fomento das razas autóctonas galegas de protección especial en perigo de extinción
Actuacións subvencionables: a) Realización de estudos e estatísticas sobre os aspectos etnolóxicos, zootécnicos e produtivos das especies, así como sobre a súa caracterización morfolóxica e reprodutiva. b) Educación, formación e divulgación de coñecementos científicos en materia zootécnica. c) Organización de certames gandeiros e participación neles. d) Creación ou mantemento de libros xenealóxicos. e) Elaboración de programas de conservación e mellora xenética e a súa posta en práctica. f) Creación de bancos de xermoplasma, seme e embrións conxelados ou reserva en vivo en centros autorizados oficialmente.
Beneficiarios: as organizacións ou asociacións de criadores das razas autóctonas galegas de protección especial en perigo de extinción
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 25/03/2009
CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO:
Subvencións a fondo perdido para a rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e conxuntos históricos de Galicia
Obxecto: convocar subvencións a fondo perdido para as persoas promotoras de actuacións de rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e conxuntos históricos de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 01/09/2009
Enlaces relacionados:
Decreto 157/2006, do 7 de setembro, de rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e en conxuntos históricos de Galicia Decreto 90/2008, do 24 de abril, polo que se modifica o Decreto 157/2006, do 7 de setembro, de rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e en conxuntos históricos de Galicia Orde do 27 de maio de 2008 pola que se convocan as subvencións a fondo perdido para a rehabilitación e renovación de calidade de vivendas no medio rural e conxuntos históricos de Galicia
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES:
Orde do 9 de febreiro de 2009 pola que se modifican parcialmente as bases reguladoras para a concesión de axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia, aprobadas pola Orde do 2 de xuño de 2008
Enlaces relacionados: Orde do 2 de xuño de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008
IGAPE:
Corrección de erros.-Resolución do 5 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras dos incentivos económicos e as bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Instituto Galego de Promoción Económica, adaptándoas ao Regulamento (CE) 800/2008, do 6 de agosto, xeral de exención por categorías, e se procede á convocatoria para o exercicio 2009, en réxime de concorrencia competitiva, de determinadas liñas de axuda previstas nestas bases
Enlaces relacionados:
Resolución do 5 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras dos incentivos económicos e as bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Instituto Galego de Promoción Económica, adaptándoas ao Regulamento (CE) 800/2008, do 6 de agosto, xeral de exención por categorías, e se procede á convocatoria para o exercicio 2009, en réxime de concorrencia competitiva, de determinadas liñas de axuda previstas nestas bases
Acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que dá nova redacción ás bases reguladoras dos incentivos económicos e ás bases reguladoras dos procedementos de tramitación das liñas de axuda do Igape
Regulamento (CE) no 800/2008 da Comisión, de 6 de agosto de 2008, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías)
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES:
Subvencións para establecer servizos de transporte público nocturno a lugares de lecer baixo a marca NoiteBus
Actuacións subvencionables: Serán subvencionables os servizos de transporte nocturno a lugares de lecer programados e prestados nalgunha das seguintes modalidades: a) Servizos de transporte público regular temporal a lugares de lecer. b) Servizos de transporte público regular de uso especial a lugares de lecer.
Beneficiarios: a) Para a modalidade de servizos de transporte público regular temporal, as empresas de transporte. b) Para a modalidade de servizos de transporte público regular de uso especial, as entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30/03/2009
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES:
Subvencións aos titulares de autorizacións administrativas de transporte da serie VT-N para a instalación de sistemas de seguranza nos seus vehículos
Obxecto: Dotación de equipamentos de seguimento e outros sistemas de seguranza (anteparos) para vehículos de transporte que dispoñan de autorización administrativa vixente documentada en tarxeta de transportes da serie VT-N expedida pola Dirección Xeral de Transportes. Poderanse instalar sistemas de seguranza de dúas clases: a) Sistema GPS, instalado nos taxis, mediante o que nunha situación de emerxencia de inseguridade física do taxista se active un sinal que se recibe no Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia. b) Anteparo de protección física do condutor do taxi que permita a separación e imposibilite o contacto físico entre o taxista e os ocupantes da parte traseira do vehículo, permitindo a comunicación verbal entre eles
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30/03/2009
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES:
Axudas para a formación en relación co transporte por estrada
Obxecto: Convocar para o ano 2009 as subvencións para a formación en relación co transporte por estrada en Galicia
Beneficiarios: As asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou as federacións destas, que xustificasen ante a Dirección Xeral de Transportes a súa representatividade no marco do sector profesional
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30/03/2009
Enlaces relacionados: Bases reguladoras para a concesión de axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA:
Axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais e recintos de localización preferente de empresas
Obxecto: Convocar subvencións da Consellería de Innovación e Industria, dirixidas a concellos, asociacións e institucións sen ánimo de lucro encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais e recintos de localización preferente de empresas.
Actuacións subvencioanables: a) A elaboración ou execución de estudos e proxectos de investimento para a incorporación de novos servizos e para a mellora das infraestruturas existentes en materia de comunicación, subministración enerxética, iluminación, saneamento, reparación e pavimentación de vías, movemento de terras e edificios múltiples. b) A realización de instalacións centralizadas de produción de calor ou electricidade, sempre e cando se cumpran os requisitos establecidos no Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre produción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeneración. c) A dotación de infraestruturas de servizos avanzados que poidan ser prestados con carácter horizontal e que supoñan unha mellora en materia de xestión, seguridade e formación.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 27/03/2009
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA:
Axudas para a substitución de guindastres-torre desmontables para obras
Obxecto: Convocar subvencións para o ano 2009 do programa de apoio á substitución de guindastres-torre desmontables para obras (en diante G.T.D.O.), con data de fabricación anterior ao 1 de xaneiro de 1990, e que polo menos fosen montadas en obra unha vez con data posterior ao 1 de xaneiro de 1999 na Comunidade Autónoma de Galicia, por outras de nova fabricación. As G.T.D.O. que se substitúan deberán ser achatarradas
Beneficiarios: Os propietarios de G.T.D.O que realicen investimento de acordo co obxecto desta orde
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 27/03/2009
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL:
Axudas para o fomento das frondosas caducifolias
Obxecto: Convocar as axudas para o fomento das frondosas caducifolias, mediante a súa plantación
Beneficiarios: Os propietarios particulares, as agrupacións destes propietarios, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas, as comunidades de montes veciñais en man común e as unidades de xestión forestal (Uxfor)
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 27/03/2009, agás para as unidades de xestión forestal (Uxfor), que rematará o 27/06/2009
Enlaces relacionados: Bases das axudas para o fomento das frondosas caducifolias
CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS:
Subvencións a investimentos no ámbito da acuicultura
Obxecto: Convocar as axudas destinadas á mellorar a competitividade do sector acuícola. Estas axudas poderán financiar: a) Investimentos produtivos en acuicultura. b) Medidas hidroambientais.
Beneficiarios: As persoas físicas ou xurídicas titulares de establecementos de cultivos mariños ou de establecementos en augas continentais inscritos no Rexistro de centros de acuicultura que teñan as súas instalacións en Galicia e aquelas que establezan novos centros. Tamén poderán ser beneficiarios das axudas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, subscriban todos e cada un dos seus membros a solicitude, estean constituídas por titulares de establecementos de acuicultura e as súas federacións, teñan a sede en Galicia e realicen a súa actividade nesta comunidade
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 27/03/2009
CONSELLERÍA DE TRABALLO:
Axudas e subvencións ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT)
Obxecto: Convocar as axudas e subvencións ás empresas previamente cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica e inscritas no rexistro administrativo habilitado para o efecto na Dirección Xeral de Promoción do Emprego
Tipos de axuda e prazo de presentación de solicitudes: a) Axuda á creación de emprego estable: ata o 15/09/2009 b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación: ata o 15/09/2009 c) Apoio á función xerencial: no décimo segundo mes desde o inicio da actividade d) Subvención financeira: nos dous meses seguints ao inicio da actividade e) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade: no décimo segundo mes desde o inicio da actividade
Prazo xeral de presentación de solicitudes: ata o 15/09/2009
MINISTERIO DE TRABALLO E INMIGRACIÓN:
Prórroga durante o ano 2009 de determinadas medidas integradas no Plan de apoi ao sector textil e da confección
Enlaces relacionados: Orde TAS/3243/2006, de 19 de outubro pola que se disponen medidas necesarias para o desenvolvemento parcial do previsto no Acordo do Consello de Ministros de 9 de xuño de 2006, sobre determinadas medidas financeiras e sociolaborais integradas no Plan de apoio ao sector textil e da confección
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA
Orde do 19 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a renovación de instalacións eléctricas de baixa tensión no interior de edificios e vivendas habitadas na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009 (IN410B).
Disponible aquí en formato PDF
Resolución do 20 de xaneiro de 2009 pola que se dispón a publicación do convenio de colaboración para o desenvolvemento do Plan de mellora da calidade no comercio celebrado entre o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
Disponible aquí en formato PDF
CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE
Orde do 19 de febreiro de 2009 pola que se regula o réxime de concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de actividades deportivas no ano 2009 e se procede á súa convocatoria.
Disponible aquí en formato PDF
|