Noticias
ALERTA DE AXUDAS ABRIL 2009

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR:
Subvencións destinadas ás entidades locais de Galicia dirixidas a favorecer e dinamizar o compromiso coa igualdade entre mulleres e homes .
Obxecto: Esta orde ten por obxecto establecer as bases das axudas para diferentes actuacións en réxime de concurrencia competitiva:
a) Mellorar a percepción social sobre a igualdade entre mulleres e homes. b) Mellorar as condicións sociais e culturais de partida para as mulleres e fomentar a súa participación. c) Fomentar a formación en igualdade e a corresponsabilidade da poboación infantil e xuvenil.
Beneficiarios: Os concellos, as agrupacións de concellos ou as mancomunidades da comunidade autónoma validamente constituídas, que cumpran os requisitos que nela se establecen. Así mesmo, aqueles concellos que pertenzan a unha mesma zona sen constituíren mancomunidade e acorden desenvolver programas conxuntos de actuación, poderán solicitar as axudas que regula esta orde. Neste suposto, todos os concellos quedan obrigados solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención.
Accions Subvencionables: Poderán ser obxecto de subvención os programas ou actividades seguintes: a) Elaboración ou publicación do plan para a igualdade entre mulleres e homes, que deberá conter unha área de actuación específica relativa a medidas de prevención e eliminación da violencia de xénero. b) Avaliación dos resultados do último plan para a igualdade entre mulleres e homes. c) Actividades dirixidas á poboación infantil e xuvenil para favorecer a coeducación, tanto no ámbito educativo, en colaboración cos centros educativos do municipio ou das ANPAS, como no ámbito da familia ou na sociedade.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 2 de Maio de 2009
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA:
Axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes para o ano 2009.
Obxecto: Axudas a asociacións de emigrantes retornados e inmigrantes radicadas en Galicia e que desenvolvan programas que favorezan a integración social destes colectivos na nosa comunidade autónoma.
Accions Subvencionables: Poderán subvencionarse con cargo a esta convocatoria os gastos correntes (excluídos os gastos de persoal da propia asociación) e de equipamento derivados do funcionamento das entidades, así como para a realización de actividades propias da asociación na Comunidade Autónoma galega correspondentes ao exercicio económico do ano 2009. En ningún caso serán subvencionables ao abeiro desta convocatoria os gastos de adquisición de bens inmobles e os gastos derivados da constitución de hipotecas.
Beneficiarios: As asociacións que soliciten a axuda con cargo a esta convocatoria deberán reunir, na data do remate do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos: a) Estar debidamente inscrita como asociación sen ánimo de lucro no Rexistro de Asociacións da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e constituída maioritariamente por emigrantes retornados ou inmigrantes. b) Ter entre os seus fins estatutarios a atención a emigrantes retornados ou á poboación inmigrante en Galicia, e que así conste expresamente nos seus estatutos ou se deduza claramente deles. c) Dispor dun local para uso propio no territorio autonómico en que se realicen as actividades. d) Desenvolver programas que favorezan a integración social destes colectivos. e) Ter xustificado, se é o caso, e antes do remate do prazo de presentación de solicitudes desta convocatoria, as subvencións concedidas por este departamento no ano 2008. f) Non incorrer en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario de subvencións, enumeradas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 2 de maio de 2009
MINISTERIO DE TRABALLO E INMIGRACIÓN:
Orde TIN/788/2009, de 25 de marzo, pola que se modifica a Orde TIN/2965/2008, de 14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación de 2007-2013
Enlaces relacionados: Orde TIN/2965/2008, de 14 de outubro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o periodo de programación de 2007-2013
MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO:
Orde ITC/815/2009, de 26 de marzo, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas para a realización de proxectos e actuacións de formación, no sector da construción naval
Obxecto: establecemento das bases reguladoras que haberán de rexer o réxime de concesión de axudas para a realización de proxectos e actuacións orientadas á formación continua dos traballadores da industria naval española. De xeito residual, poderanse subvencionar proxectos e actuacións formativas dirixidas a cualificar a persoas desempregadas mediante itinerarios formativos, para a súa posterior inserción en empresas da industria naval.
Beneficiarios:
- As empresas do sector da construción naval e dos sectores industriais auxiliares.
- Entidades sen ánimo de lucro, que de forma habitual presten servizos de formación e de xestión/coordinación ás empresas.
- Agrupacións de interese económico de empresas que cumpran coa finalidade do parágrafo anterior.
- Agrupacións: As anteriores entidades poderán formar unións ou agrupacións sen personalidade xurídica.
Prazo de presentación de solicitudes: o que se fixe na convocatoria
MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO:
Orde ITC/816/2009, de 26 de marzo, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións para o fomento das solicitudes de patentes no exterior pola Oficina Española de Patentes e Marcas
Obxecto: subvencións para o fomento das solicitudes de patentes e modelos de utilidade no exterior
Beneficiarios: O beneficiario é a persoa física ou xurídica, con domicilio en España, que realice, ou por conta da cal se realizou, a actividade obxecto da subvención
Prazo de presentación de solicitudes: un mes desde a publicación da correspondente convocatoria
CONSELLERÍA DE TRABALLO:
Corrección de erros.-Orde do 11 de marzo de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas para o fomento da estabilidade no emprego, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009
Enlaces Relacionados:
Corrección de erros.(SECTORES DE ACTIVIDADE EN REESTRUCTURACIÓN)-Orde do 11 de marzo de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas para o fomento da estabilidade no emprego, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009 Orde do 11 de marzo de 2009 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas para o fomento da estabilidade no emprego, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009
VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR
Orde do 11 de marzo de 2009 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2009. Disponible aquí en formato PDF
MINISTERIO DE CIENCIA E INNOVACIÓN:
Convocatoria extraordinaria para o ano 2009 para a concesión das axudas do Subprograma de Proxectos Singulares e Estratéxicos de demostración cooperativa en enerxía
Obxecto:
1. O obxecto da presente convocatoria é a regulación do procedemento de concesión e seguimento das axudas financeiras en réxime de concorrencia competitiva, de acordo cos principios de obxectividade, publicidade, transparencia, igualdade e non-discriminación, co fin de favorecer a creación de agrupacións ou consorcios público-privados de investigación para contribuír á promoción da investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica. 2. As axudas obxecto desta orde efectúanse no marco do subprograma de apoio a proxectos singulares estratéxicos, para a realización de proxectos innovadores de demostración cooperativa en enerxía e a súa utilización eficiente de acordo coas actuacións incluídas no Plan E.
Beneficiarios:
1. Deberán actuar en cooperación sendo indispensable a participación dun organismo público de I D, unha universidade (pública ou privada) ou en xeral un centro público de I D. 2. Poderán ser solicitantes e beneficiarios das axudas nos proxectos científico-tecnolóxicos singulares e de carácter estratéxico os beneficiarios que se indican a continuación, de acordo coas definicións establecidas no artigo 11 da Orde PRE/756/2008, de 14 de marzo: a) Empresas, incluíndo a pequena e mediana empresa e as microempresas. b) Centros tecnolóxicos coas características establecidas na Orde de Bases. c) Centros privados de investigación e desenvolvemento universitarios. d) Outros Centros privados de investigación e desenvolvemento sen ánimo de lucro. e) Organismos públicos de investigación aos que se lles aplique a Lei 13/1986, de 14 de abril, de Fomento da Investigación Científica e Técnica e as súas disposicións de desenvolvemento e disposicións similares das comunidades autónomas. f) As universidades públicas, os seus departamentos e institutos universitarios, de acordo co previsto na Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades. g) Outros centros públicos de investigación e desenvolvemento, entre os que se atopan os organismos públicos con capacidade para realizar I D, non regulados na Lei 13/1986, de 14 de abril ou en disposicións similares das comunidades autónomas. h) Agrupación ou asociación de empresas. Aos efectos desta convocatoria, tal e como establece a Orde de bases, non terán a consideración de Agrupación de interese económico (AEI) aquelas nas que non interveña ningunha empresa. Nestes casos para a determinación da natureza da entidade como lucrativa ou non lucrativa, haberá que ter en conta a natureza dos socios integrantes. i) Outras entidades de Dereito público das reguladas no artigo 2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, distintas dos centros públicos de I D. 3. En todo caso, os beneficiarios deberán reunir os requisitos establecidos no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeneral de Subvencións. As empresas, agrupacións ou institucións nas que concorra algunha das prohibicións que establece o devandito artigo, non poderán acollerse ás axudas previstas na presente resolución
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 21 de abril de 2009
XEFATURA DO ESTADO:
Lei 3/2009, de 3 de abril, sobre modificacións estruturais das sociedades mercantís
MINISTERIO DE TRABALLO E INMIGRACIÓN:
Resolución de 18 de marzo de 2009, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se establece o procedemento para o rexistro dos contratos dos traballadores autónomos economicamente dependentes
MINISTERIO DE FOMENTO:
Orde FOM/839/2009, de 16 de marzo, pola que se convocan subvencións ás empresas navieiras españolas para compensar parcialmente os investimentos realizados na implantación do Código Internacional para a protección dos buques e das instalacións portuarias
Obxeto: Convocar, para o Exercicio de 2009, o outorgamento de subvencións ás empresas navieiras españolas segundo o establecido na Orde FOM/2381/2008, de 30 de xullo, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas ás empresas navieiras españolas para compensar parcialmente os investimentos realizados na implantación do Código internacional para a protección dos buques e das instalacións portuarias.
Bases Reguladoras: As bases reguladoras destas subvencións están contidas na mencionada Orde FOM/2381/2008, de 30 de xullo
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 14 de maio de 2009
MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, MEDIO RURAL Y MARINO:
Subvencións ao desenvolvemento tecnolóxico pesqueiro e acuícola para o ano 2009
Obxecto: Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2009, as subvencións reguladas na Orde ARM/2696/2008, de 16 de setembro, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ao desenvolvemento tecnolóxico pesqueiro e acuícola, publicada no Boletín Oficial do Estado n.º 232, de data 25 de setembro de 2008.
Beneficiarios: As organizacións de produtores pesqueiros, confrarías de pescadores e asociacións empresariais, que exerzan a súa actividade principal no medio mariño, pesqueiro ou acuícola, incluíndo a transformación e comercialización dos produtos da pesca e a acuicultura e que desexen levar a cabo actividades de desenvolvemento tecnolóxico. Os beneficiarios deberán ter a condición de pequenas e medianas empresas (PEMES), de acordo co establecido no Regulamento (CE) n.º 736/2008
Liñas: Liña relativa aos proxectos relacionados con «Mellorar a competitividade das estruturas de explotación, e fomento e protección do medio ambiente». Liña relativa a proxectos de tratamento e aproveitamento de subprodutos e residuos. Liña relativa a proxectos sobre realización de plans para a mellora da acuicultura.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 6 de xuño de 2009
MINISTERIO DE CULTURA:
Orde CUL/862/2009, de 26 de marzo, pola que se establecen as bases reguladoras da liña de financiamento «ICO-Industrias Culturais»
Obxecto: -O establecemento das bases reguladoras da liña de financiamento denominado «ICO - Industrias Culturais», co fin de financiar proxectos empresariais que potencien a consolidación e desenvolvemento das industrias culturais. Así mesmo búscase a internacionalización das industrias culturais e mellorar as capacidades gerenciais a través da formación. Trátase de financiar accións que sexan economicamente identificables e diferenciables dentro da actividade da empresa e que se dirixan á produción, distribución e/ou comercialización de bens de consumo cultural. -A liña de financiamento formalizarase mediante o correspondente convenio de colaboración entre o Ministerio de Cultura e o Instituto de Crédito Oficial que regulará as condicións de concesión e tramitación dos préstamos.
Caracteristicas:
1. O financiamento materializarase en operacións de préstamo/leasing. 2. As modalidades de préstamo, os investimentos financiables, o límite de financiamento, o préstamo máximo polo cliente, o prazo de amortización, carencia e liquidación, o tipo de interese para o cliente, o tipo de cesión á entidade de crédito mediadora, as comisións, a amortización obrigatoria e demais características da liña de financiamento estableceranse no correspondente convenio de colaboración entre o Ministerio de Cultura e o Instituto de Crédito Oficial.
Prazo de presentación de solicitudes: O prazo para a presentación de solicitudes nas entidades de crédito, para a recepción de solicitudes no Instituto de Crédito Oficial e para a concesión e formalización dos préstamos fixarase no correspondente convenio de colaboración entre o Ministerio de Cultura e o Instituto de Crédito Oficial. Aínda que, as datas límite que se establezan poderán verse reducidas se antes producísese a disposición da totalidade dos fondos da Liña.
MINISTERIO DE CIENCIA E INNOVACIÓN:
Subvencións do subprograma de apoio á participación de empresas e centros tecnolóxicos en programas internacionais de I+ D, no que respecta ás actuacións de Innoeuropa, incluído no Programa Nacional de Internacionalización da I+ D, no marco do Plan Nacional de I+ D+ I 2008-2011
Beneficiarios: Exclusivamente as entidades que estean inscritas como Centro de Innovación e Tecnoloxía (CIT) no rexistro regulado polo Real Decreto 2609/1996, de 20 de decembro ou como Centro Tecnolóxico no rexistro regulado polo Real Decreto 2093/2008, de 19 de decembro.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 7 de maio de 2009
CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE:
Bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a asociacións e institucións culturais de ámbito territorial igual ou inferior ao provincial para a realización de actividades culturais
Obxecto:
Fixar para o exercicio de 2009 o réxime de concesión de subvencións para a realización de programas ou actividades culturais concretas. Inclúense nesta orde os programas e actividades desenvolvidas desde o 1 de xaneiro de 2009 ata a data límite de xustificación desta orde. -Para os efectos desta convocatoria, enténdense por programas e actividades culturais concretas aquelas destinadas á promoción e cooperación cultural; á difusión e animación sociocultural que contribúen ao espallamento e promoción da cultura galega, en particular poderán ser obxecto de subvención, sen ánimo de exhaustividade, os gastos de persoal para a dirección e coordinación das actividades; difusión; promoción; materiais necesarios; creación; gastos para os organizadores derivados da participación nas actividades dos convidados etc. -Quedan excluídas desta orde os cursos de idiomas; informática; excursións; campamentos; adquisición de equipamentos; as festas gastronómicas e as festas locais ou patronais, agás as actividades e programas específicamente culturais a elas asociados e que respondan ao previsto nesta orde. Así mesmo tampouco se poden acoller a esta orde aqueles programas ou actividades nos que xa colabore economicamente a Consellería de Cultura e Deporte
Beneficiarios:
Poderán optar a estas subvencións as asociacións e institucións culturais sen ánimo de lucro, con domicilio social en Galicia e ámbito de actuación territorial igual ou inferior á provincia e que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes se atopen legalmente constituídas e inscritas nos rexistros correspondentes, así como no censo de entidades culturais da Consellería de Cultura e Deporte
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 7 de maio de 2009
CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE:
Bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para os concellos de Galicia con menos de 50.000 habitantes e as súas entidades públicas con personalidade xurídica propia para a realización de actividades culturais
Obxecto:
Inclúense nesta orde os programas e actividades desenvolvidas desde o 1 de xaneiro de 2009 ata a data límite de xustificación desta orde. -Financiaranse, especialmente, as iniciativas que teñan por obxecto desenvolver programacións estables de artes escénicas e musicais; as de fomento do libro e a lectura e as de recuperación da memoria histórica
-Quedan excluídos desta orde os cursos de idiomas; informática; excursións; campamentos; adquisición de equipamentos; as festas gastronómicas e as festas locais ou patronais, agás as actividades e programas especificamente culturais a elas asociados e que respondan ao previsto nesta orde. Así mesmo, tampouco se poden acoller a esta orde aqueles programas ou actividades en que xa colabore economicamente a Consellaría de Cultura e Deporte.
Beneficiarios:
Poderán optar a estas subvencións os concellos de Galicia con menos de 50.000 habitantes que, individualmente ou asociados con outros, acorden levar a cabo un programa de actividades culturais común. Nas mesmas condicións poderán optar tamén as entidades públicas con personalidade xurídica propia dependentes deles e que teñan asumidas competencias en materia de cultura.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 7 de maio de 2009
CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE:
Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos de Galicia e ás súas entidades públicas con personalidade xurídica propia, para o equipamento e mellora das instalacións técnicas dos espazos escénicos e locais utilizados para a realización de actividades culturais
Obxecto:
Inclúense nesta orde os equipamentos e dotacións realizadas desde o 1 de xaneiro de 2009 ata a data límite de xustificación da orde. Para os efectos desta convocatoria, enténdense por locais de corporacións locais e as súas entidades públicas con personalidade xurídica propia aqueles que son propiedade das citadas entidades, sitos en Galicia e que contribúan ao fomento da cultura galega
Finalidade:
A dotación das axudas será destinada a: -Realización de investimentos de equipamento escénico, iluminación e son, equipamento audiovisual, xeral de sala e sistemas de prevención e seguridade, así como accións encamiñadas á mellora da accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas. -A axuda máxima por beneficiario que concederá a consellería será de 30.000 euros, que en ningún caso poderá exceder o 75% do orzamento total do proxecto subvencionable. -O importe máximo destas subvencións non poderá superar en ningún caso o custo dos investimentos que realicen as entidades beneficiarias, xa sexa illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións ou entidades públicas ou privadas.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 7 de maio de 2009
CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE:
Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a asociacións, fundacións e entidades culturais sen ánimo de lucro para o equipamento e mellora dos seus locais
Obxecto:
Inclúense nesta orde os equipamentos e dotacións realizadas desde o 1 de xaneiro de 2009 ata a data límite de xustificación da orde. - Poderán ser obxecto de subvención as actuacións que se encadren nas seguintes modalidades: a) Fundacións con local en propiedade. Acondicionamento e mellora dos seus locais e investimentos en equipamento e mobiliario. b) Asociacións con local en propiedade. Acondicionamento e mellora dos seus locais e investimentos en equipamento e mobiliario. c) Entidades culturais que non teñen local en propiedade pero que teñen unha cesión de uso por un prazo mínimo de 10 anos. Poderán acollerse unicamente ás axudas de investimento en equipamento e mobiliario.
Beneficiarios:
Entidades e asociacións culturais sen ánimo de lucro que na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes estean legalmente constituídas e inscritas no Censo de Entidades Culturais da Consellería de Cultura e Deporte, con domicilio social en Galicia e que desenvolvan as súas actividades habitualmente en Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 7 de maio de 2009
CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE:
Bases das subvencións ás entidades sen ánimo de lucro de conservación, protección e promoción do Camiño de Santiago
Obxecto:
Promocionar e incentivar, mediante a concesión de subvencións a fondo perdido, as entidades sen ánimo de lucro que realicen actividades de conservación, protección, investigación, ou promoción, ou calquera outra que repercuta directa ou indirectamente nos camiños de Santiago en Galicia. As actuacións destas entidades poderán ser subvencionadas coa cantidade máxima de quince mil euros (15.000 €) por beneficiario. Non serán obxecto de subvención os gastos de mantemento, funcionamento ou loxística da entidade peticionaria. Tampouco se subvencionarán viaxes de peregrinación, romarías, etc.
Beneficiarios:
Asociacións, fundacións e institucións sen ánimo de lucro que cumpran os seguintes requisitos: a) Estar inscritas no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago. b) Presentar un proxecto detallado das actividades descritas no artigo 1º
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 7 de maio de 2009
MINISTERIO DE CULTURA:
Resolución de 20 de febreiro de 2009, do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais pola que se publica o Acordo de colaboración 2009, co Instituto de Crédito Oficial, para o establecemento dunha liña de financiamento para a exhibición cinematográfica e equipamentos de produción e convócanse as axudas para a minoración de intereses dos préstamos concedidos ao amparo de devandito Acordo e da Lei 55/2007, de 28 de decembro, do Cinema
Beneficiarios:
Poderán solicitar as axudas e os préstamos ou leasing acollidos ás Liñas ICO-PEME 2009, as empresas privadas de calquera lugar de España que estean inscritas con datos actualizados nas seccións correspondentes do Rexistro de Empresas do ICAA e que sexan: Titulares de salas de exhibición cinematográfica. Titulares de estudos de dobraxe e sonorización. Laboratorios cinematográficos. Empresas de iluminación e filmación cinematográfica. As empresas de exhibición deberán acreditar ser as responsables directas da actividade cinematográfica desenvolvida nas salas obxecto de financiamento
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 22 de setembro de 2009
MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO:
Bases reguladoras, das axudas para a realización de actuacións no marco da política pública para o fomento da competitividade de sectores estratéxicos industriais para o período 2009-2010
Obxecto: Favorecer a mellora dos seguintes aspectos de competitividade das empresas dos sectores estratéxicos industriais: valor engadido e sustentabilidade de produtos e servizos, eficiencia e sustentabilidade dos procesos de produción, apoiar o emprego e a capacitación técnica dos recursos humanos, estratexias de produción e xestión das cadeas de valor.
Beneficiarios: Sectores estratéxicos industriais: a) Sector de bens de equipo (eléctrico-electrónico, telecomunicacións, mecánico etc.). b) Sector químico e farmacéutico. c) Sector metalúrxico e siderúrxico d) Fabricación de produtos metálicos e fabricación doutros produtos minerais non metálicos. e) Sector ferroviario.
Ademais destes sectores, as convocatorias derivadas desta orde de bases poderán dirixirse a outros sectores industriais, a condición de que se xustifique o carácter estratéxico de devanditos sectores ou a concorrencia neles de especiais circunstancias que aconsellen o fomento da adopción de plans de competitividade empresarial, nas liñas de actuación incluídas nesta norma.
As axudas previstas nesta orde concederanse para a realización de actuacións comprendidas entre a data de publicación da presente orde e o 31 de decembro de 2010, ambos inclusive.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 3 de maio de 2009
MINISTERIO DE TRABALLO E INMIGRACIÓN:
Prazos de inscrición de centros e entidades de formación que impartan accións formativas dos plans dirixidos prioritariamente a traballadores ocupados
MINISTERIO DE TRABALLO E INMIGRACIÓN:
Axudas ás organizacións sindicais en proporción á súa representatividade pola realización de actividades de carácter sindical
Obxecto: Fomentar, a través do financiamento, a realización de calquera tipo de actividade sindical dirixida á defensa e promoción dos intereses económicos e sociais dos traballadores
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias as organizacións sindicais que cumpran os seguintes requisitos: a) Estar legalmente constituidas. b) Ter representación sindical o día 1 de xaneiro de 2009. c) Non estar incursas en ningunha das prohibicións previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 13 de maio de 2009
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Orde do 7 de abril de 2009 pola que se desenvolven as medidas urxentes previstas no Decreto 13/2009, do 29 de xaneiro, para a recuperación das zonas forestais polos danos causados polo temporal acaecido en Galicia a partir do 23 de xaneiro.
Disponible aquí en formato PDF
CONSELLERÍA DE SANIDADE
Orde do 6 de abril de 2009 pola que se resolve a convocatoria de subvención para o desenvolvemento dos proxectos de promoción de estilos de vida saudables nos concellos de Galicia.
Disponible aquí en formato PDF
EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
Servizo de Cultura e Deportes
Bases que rexerán, no procedemento de concorrencia competitiva para a concesión de subvencións destinadas a gastos correntes de promoción deportiva realizados por concellos da provincia de Lugo (Anualidade 2009).
Disponible aquí en formato PDF (pag. 2)
Bases que rexerán no procedemento de concorrencia competitiva para a concesión de subvencións destinadas a investimentos en instalacións deportivas e para equipamentos deportivos realizados por concellos da provincia de Lugo (Anualidade 2009).
Disponible aquí en formato PDF (pag. 14)
Bases que rexerán, no procedemento de concorrencia competitiva para a concesión de subvencións destinadas a gastos correntes das actividades culturais realizadas por concellos da provincia de Lugo (Anualidade 2009).
Disponible aquí en formato PDF (pag. 27)
Bases que rexerán no procedemento de concorrencia competitiva para a concesión de subvencións destinadas a investimentos en instalacións de carácter cultural e para equipamentos culturais realizados por concellos da provincia de Lugo (Anualidade 2009).
Disponible aquí en formato PDF (pag. 40)
Convocatoria, en réxime xeral, de subvencións a entidades deportivas e clubes para a realización de actividades deportivas, ano 2009.
Disponible aquí en formato PDF (pag. 55)
Dase publicidade o modelo de solicitude das bases que rexerán no procedemento de concorrencia competitiva para a concesión de subvencións destinadas a entidades culturais para a realización de actividades de interese cultural, ano 2009 aprobado por acordo da Xunta de Goberno da Excma. Deputación Provincial de Lugo na súa sesión do día 3 de abril de 2009:
Disponible aquí en formato PDF (pag. 69)
CONSELLERÍA DE TRABALLO:
Ampliación do importe existente para a concesión de subvencións para as accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas
Enlace relacionado: Axudas para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas
CONSELLERÍA DE TRABALLO:
Ampliación do importe para a concesión de axudas destinadas á programación de accións formativas dirixidas prioritariamente aos traballadores e traballadoras desempregados/as na Comunidade Autónoma de Galicia
Enlaces relacionados: Axudas a accións formativas dirixidas prioritariamente aos traballadores e traballadoras desempregados/as
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA:
Axudas do Igape para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO)
Liñas:
- Liña ICO-PEME, tramo I: financiamento de activos fixos produtivos. - Liña crecemento empresarial. - Liña internacionalización. - Liña emprendedores.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias destas axudas segundo liña: Liña ICO-PEME, tramo I. Pemes, calquera que sexa a súa forma xurídica, persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención. Liña crecemento empresarial. Pemes, calquera que sexa a súa forma xurídica cun cadro de persoal de traballadores de 50 ou máis persoas o 31 de decembro de 2008, persoas físicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención. Liña internacionalización. pequenas e medianas empresas con forma xurídica de sociedade mercantil ou cooperativa e que teñan o seu domicilio social en Galicia ou, estando domiciliadas fóra da comunidade autónoma, conten con maioría de capital galego. Liña emprendedores. Microempresas constituídas a partir do 1 de xaneiro de 2008 ou ben profesionais autónomos que se dean de alta no IAE desde a dita data, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 21 de febreiro de 2010
MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, E MEDIO RURAL E MARIÑO
Real Decreto 486/2009, de 3 de abril, polo que se establecen os requisitos legais de xestión e boas condicións agrarias e medioambientais que deben cumprir os agricultores que reciban pagos directos no marco da política agrícola común, os beneficiarios de determinadas axudas de desenvolvemento rural, e os agricultores que reciban axudas en virtude dos programas de apoio á reestruturación e reconversión e á prima por arranque do viñedo MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, E MEDIO RURAL E MARIÑO
Axudas á prevención de riscos e seguridade mineira no ámbito dunha minaría sostible
Obxecto: O obxecto destas axudas é o de promover a seguridade e a erradicación da siniestralidade na actividade mineira.
Beneficiarios: Poderán acollerse ás axudas previstas na presente orde: a) As empresas mineiras privadas, excepto as activas no sector do carbón segundo se define no Regulamento (CE) nº 1407/2002 do Consello, de 23 de xullo de 2002, sobre as axudas estatais á industria do carbón. b) As agrupacións de ditas empresas para realizar proxectos de investimento. c) As institucións sen ánimo de lucro que teñan un interese lexítimo relacionado coa actividade mineira e que non exerzan unha actividade económica ofrecendo bens ou servizos nun mercado determinado, salvo que dispoñan dunha contabilidade separada para as actividades económicas e as subvencionadas.
Enlace relacionado: Orde ITC/676/2009, de 12 de marzo, pola que se regulan as bases para a concesión de axudas á prevención de riscos e seguridade mineira no ámbito dunha minaría sostible
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 18 de maio de 2009
MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO:
Resolución de 27 de marzo de 2009, da Dirección Xeral de Industria e Mercados Alimentarios, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros polo que se establecen medidas de fomento da innovación nas empresas agrarias e agroalimentarias
MINISTERIO DE TRABALLO E INMIGRACIÓN:
Orde TIN/970/2009, de 6 de abril, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións ás actividades de promoción da economía social, da responsabilidade social das empresas e do traballo autónomo, e para sufragar os gastos de funcionamento das asociacións de cooperativas, de sociedades laborais, de empresas de inserción, de traballadores autónomos e outros entes representativos da economía social de ámbito estatal, e convócase a súa concesión para o ano 2009
Obxecto: Promoción da economía social, a responsabilidade social das empresas e o traballo autónomo, así como o apoio ás asociacións de cooperativas, de sociedades laborais, de empresas de inserción, de traballadores autónomos e outros entes representativos da economía social de ámbito estatal para que poidan conseguir de forma eficaz o cumprimento dos fins propios.
Beneficiarios: a) As entidades asociativas de cooperativas, de sociedades laborais, de empresas de inserción, de traballadores autónomos de carácter intersectorial, outros entes representativos da economía social que integren a devanditas entidades, as asociacións e fundacións sen ánimo de lucro, así como as universidades, para as actuacións de promoción da economía social, da responsabilidade social das empresas e do traballo autónomo. b) As entidades asociativas de cooperativas e de sociedades laborais, de empresas de inserción, as entidades asociativas de traballadores autónomos de carácter intersectorial e outros entes representativos da economía social que integren a asociacións de cooperativas e de sociedades laborais para os gastos de funcionamento relacionados cos fins propios da entidade.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 20 de maio de 2009
MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO:
Corrección de erros da Resolución de 2 de abril de 2009, da Oficina Española de Patentes e Marcas, pola que se convoca, para o ano 2009, a concesión de subvencións para o fomento das solicitudes de patentes no exterior
Enlaces relacionados: Resolución de 2 de abril de 2009, da Oficina Española de Patentes e Marcas, pola que se convoca, para o ano 2009, a concesión de subvencións para o fomento das solicitudes de patentes no exterior
Orde ITC/816/2009, de 26 de marzo, pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións para o fomento das solicitudes de patentes no exterior pola Oficina Española de Patentes e Marcas
Corrección de erros da Orde ITC/816/2009, de 26 de marzo, pola que se establecen a bases reguladoras da concesión de subvencións para o fomento das solicitudes de patentes no exterior pola Oficina Española de Patentes e Marcas
CONSELLERÍA DE TRABALLO:
Acordos sobre a taxa sectorial de estabilidade acadados ao abeiro da Orde do 16 de decembro de 2008
Enlaces relacionados:
Orde do 16 de decembro de 2008 pola que se establece o procedemento e os requisitos para acadar os acordos sobre a taxa de estabilidade en sectores produtivos, convenios colectivos sectoriais e de empresa
Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009
IGAPE:
Resolución do 6 de abril de 2009 pola que se adhire unha entidade financeira ao convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas para o apoio ao acceso e adecuación do financiamento das pequenas e medianas empresas
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Resolución do 23 de marzo de 2009, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación das Políticas Públicas, pola que se dá publicidade á adhesión de diversas entidades locais ao convenio marco asinado entre a Administración xeral do Estado e a Comunidade Autónoma de Galicia para a implantación dunha rede de oficinas integradas de atención ao cidadán no ámbito territorial de Galicia.
Disponible aquí en formato PDF
Resolución do 17 de abril de 2009, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regulan axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares para o exercicio 2009.
Disponible aquí en formato PDF
IGAPE:
Corrección de erros.-Resolución do 7 de abril de 2009 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO) ao abeiro das liñas ICO 2009, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre este instituto e as entidades financeiras
Enlaces relacionados: Resolución do 7 de abril de 2009 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia financiados con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO) ao abeiro das liñas ICO 2009, instrumentadas mediante convenio de colaboración entre este instituto e as entidades financeiras
XEFATURA DO ESTADO: Real Decreto-lei 5/2009, de 24 de abril, de medidas extraordinarias e urxentes para facilitar ás Entidades Locais o saneamento de débedas pendentes de pago con empresas e autónomos
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA:
Corrección de erros.-Orde do 31 de marzo de 2009 pola que se revisa a relación de actividades artesás recollidas no anexo IV do Decreto 218/2001
Enlaces relacionados:
Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía
Orde do 31 de marzo de 2009 pola que se revisa a relación de actividades artesás recollidas no anexo IV do Decreto 218/2001, do 7 de setembro, polo que se refunde a normativa vixente en materia de artesanía
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA:
Resolución do 22 de abril de 2009 pola que se adhire unha entidade financeira ao convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), o Instituto de Crédito Oficial (ICO), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas para o apoio financeiro aos investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia
MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO:
Axudas para actividades complementarias aos plans de excelencia, dinamización e competitividade do produto turístico correspondente á iniciativa de modernización de destinos turísticos maduros
Obxecto: Poderán ser obxecto de financiamento con cargo a estas axudas as seguintes categorías de actividades: a) Promoción e comercialización de produtos turísticos do destino. b) Campañas de promoción e mercadotecnia do destino. c) Estudo e establecemento de vías de comercialización do destino. d) Estudos de demanda e satisfacción. e) Actuacións para favorecer a accesibilidade de turistas con discapacidade
Beneficiarios: As entidades que integran a administración local, consorcios locais ou asociacións de municipios no prazo de execución da última anualidade do plan, incluíndo as prórrogas do mesmo se as houbera, sempre que se tiveran executado e presentado debidamente a xustificación das anualidades anteriores a data 30 de abril de 2009. Tamén poderán acollerse a estas axudas aquelas entidades cuxos plans finalizasen con posterioridade ao peche da convocatoria inmediatamente anterior a esta (25 de xullo de 2008), sempre que tiveran executado na súa totalidade todas as actuacións do plan, e presentado debidamente a xustificación de todas as anualidades a data 30 de abril de 2009
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 30/05/2009
Enlaces relacionados:
Orde ITC/2369/2006, de 17 de xullo, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da liña de axudas do Estado para actividades complementarias aos plans de excelencia/dinamización e dinamización de produto turístico, correspondente á iniciativa de modernización de destinos turísticos maduros
Real Decreto 1916/2008, de 21 de novembro, polo que se regula a iniciativa de modernización de destinos turísticos maduros
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL Orde do 22 de abril de 2009 pola que se modifica a Orde do 29 de xaneiro de 2009 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e da indemnización compensatoria, e se convocan as axudas previstas no contrato de explotación sustentable no ano 2009. Disponible aquí en formato PDF
MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, Y MEDIO RURAL Y MARINO
Orden ARM/1038/2009, de 22 de abril, por la que se establecen las bases reguladoras para la concesión de subvenciones a entidades asociativas representativas del sector agrario y alimentario, por el desarrollo de actividades de colaboración y representación ante la Administración General del Estado y Unión Europea, así como para la realización de actividades específicas de especial interés para el sector agroalimentario español. Disponible aquí en formato PDF
|