Noticias
-Publicacións no BOP-DOGA xullo-agosto 2010

EDICTO
D. Luis Lamas Novo en representación da Sociedade Galega do Medio Ambiente, SA (SOGAMA), solicitou desta Alcaldía licenza municipal para ampliación microplanta de trasferencia de RSU, que se situará en Parque Empresarial Becerreá. Cumprindo o disposto no parágrafo 3, do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación do presente edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.
Becerreá, 29 de xuño de 2010.
O Alcalde,
EDICTO publicado no BOP Núm. 153 - Mércores, 7 de xuño de 2010 (PAG. 3, R. 03547)
Edicto. Luis Lamas Novo, en representación da Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama), solicitou desta alcaldía licenza municipal para ampliación de microplanta de trasferencia de RSU, que se situará no Parque Empresarial Becerreá. Cumprindo o disposto no parágrafo 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas. Becerreá, 29 de xuño de 2010. Manuel Martínez Núñez Alcalde
Anuncio Publicado no DOGA, Núm. 129 - xoves, 8 de xullo de 2010
EDICTO DE EXPOSICIÓN AO PÚBLICO
Pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 1 de xullo de 2010, prestouse aprobación inicial aos padróns correspondentes ao segundo trimestre do ano 2010 das:
- Taxa polo subministro de agua.
- Taxa pola recollida de lixo.
- Taxa pola prestación do servizo de rede de submidoiros e depuración.
Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pago das taxas, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que poidan ser examinados e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 253.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento.
Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción.
Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto no artigo 87.2 do Regulamento Xeral de Recadación, aprobado polo Real Decreto 1.684/1990, de 20 de decembro, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, dende o 01/07/2010 ata o 31/08/2010. Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas.
Para o resto dos contribuíntes, os recibos seránlles enviados ó enderezo declarado do suxeito pasivo por correo ordinario para que poidan efectua-lo pago en calquera oficina de Caixa Galicia. No caso de non recibilos, o obrigado ó pagamento deberá personarse nas oficinas municipais, para obter un duplicado xa que a súa non recepción no domicilio non exonera da obriga de pagamento nin impide a utilización da vía de constrinximento.
Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período ejecutivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de apremio; de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procederase a súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento Xeral de Recadación. O recargo será do 5 por 100 cando a débeda non ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ao debedor da providencia de apremio, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, para o que deberan acodir as oficinas municipais para o selado dos correspondentes recibos.
A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102 da indicada Lei Xeral Tributaria.
Becerreá, 1 de xullo de 2010.
O Alcalde,
EDICTO publicado no BOP Núm. 157 - Luns, 12 de Xullo de 2010 (PAG. 1, R. 03586)
EDICTO DE EXPOSICIÓN AO PÚBLICO
Pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 1 de xullo de 2010, prestouse aprobación inicial ao padrón correspondente ao mes de maio de 2010 do prezo público pola prestación do servizo de axuda a domicilio.
Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pago do prezo público, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que poidan ser examinados e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 253.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto no artigo 87.2 do Regulamento Xeral de Recadación, aprobado polo Real Decreto 1.684/1990, de 20 de decembro, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, ata o 31/08/2010. Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas. O resto dos contribuíntes deberán acudir ás oficinas de Caixa Galicia do Concello de Becerreá para efectuar o correspondente ingreso dos recibos que lles serán enviados por correo.
Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período ejecutivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de apremio; de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procedéndose a súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento Xeral de Recadación. O recargo será do 5 por 100 cando a débeda non ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ao debedor da providencia de apremio, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria. A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102 da indicada Lei Xeral Tributaria.
Becerreá, 1 de xullo de 2010.
O Alcalde,
EDICTO publicado no BOP Núm. 158 - Martes, 13 de Xullo de 2010 (PAG. 3, R. 03587)
INFORMACIÓN PÚBLICA
Faise público que por Decreto desta Alcaldía de 8 de xullo de 2010, dictouse a resolución que na súa parte dispositiva dí:
Primeiro.- Delegar no Segundo Tenente de Alcalde, Dona Ana María Freijo Maseda, por motivo ausencia por vacacións dende o día catorce ata o día dezaoito de xullo ámbolos dous inclusive, a totalidade das competencias que a vixente Lexislación sobre o Rexime Local atribúe ó Alcalde.
A delegación conferida ten carácter xenérico extendéndose á facultade de dictar resolucións mediante actos administrativos que afecten a terceiros coa salvedade prevista polo artigo 48 en relación co 43 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
Segundo.- A delegación conferida por esta Resolución terá efectos dende o día catorce de xullo de 2010.
Terceiro.- Publicarase na súa parte dispositiva no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e daráselle conta ó Pleno do Concello na primeira sesión que se celebre.
Becerreá, 8 de xullo de 2010.
O Alcalde,
INFORMACIÓN PÚBLICA publicada no BOP Núm. 161 - Venres, 16 de Xullo de 2010 (PAG. 3, R. 03726)
EDICTO DE EXPOSICIÓN AO PÚBLICO
Pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 12 de xullo de 2010, prestouse aprobación inicial ao padrón correspondente ao mes de xuño de 2010 do prezo público pola prestación do servizo de axuda a domicilio.
Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pago do prezo público, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que poidan ser examinados e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 253.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto no artigo 87.2 do Regulamento Xeral de Recadación, aprobado polo Real Decreto 1.684/1990, de 20 de decembro, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, ata o 12/09/2010. Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas. O resto dos contribuíntes deberán acudir ás oficinas de Caixa Galicia do Concello de Becerreá para efectuar o correspondente ingreso dos recibos que lles serán enviados por correo.
Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período ejecutivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de apremio; de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procedéndose a súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento Xeral de Recadación. O recargo será do 5 por 100 cando a débeda non ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ao debedor da providencia de apremio, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria. A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102 da indicada Lei Xeral Tributaria.
Becerreá, 14 de xullo de 2010.
A Alcaldesa Accidental,
EDICTO DE EXPOSICIÓN AO PÚBLICO publicado no Núm. 167 - Venres, 23 de Xullo de 2010 (PAG. 3, R. 03785)
EDICTO DE EXPOSICIÓN AO PÚBLICO
Pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 12 de xullo de 2010, prestouse aprobación inicial ao Padrón da Taxa por postos, barracas, casetas de venta, espectáculos ou atraccións situadas en terreos de uso público... correspondente ao segundo semestre do ano 2010.
Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pago da taxa, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que podan ser examinados e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevado a definitivo se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra o mesmo.
Así mesmo, e de conformidade co artigo 253.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.
ANUNCIO DE COBRANZA
De conformidade co disposto no artigo 87.2 do Regulamento Xeral de Recadación, aprobado polo Real Decreto 1.684/1990, de 20 de decembro, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, ata o 12/09/2010. Para o cobro dos mesmos, lles serán facilitados os correspondentes recibos en cada posto os días de feira.
Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período ejecutivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de apremio; de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procedéndose a súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento Xeral de Recadación. O recargo será do 5 por 100 cando a débeda non ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ao debedor da providencia de apremio, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria. A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102 da indicada Lei Xeral Tributaria.
Becerreá, 14 de xullo de 2010.
A Alcaldesa Accidental,
EDICTO DE EXPOSICIÓN AO PÚBLICO publicado no Núm. 167 - Venres, 23 de Xullo de 2010 (PAG. 4, R. 03786)
Esta Alcaldía ditou resolución o día 01-06-2010 na que se acorda, de conformidade co preceptuado no artigo 72 do Regulamento de poboación e demarcación territorial das entidades locais, iniciar o expediente de baixa de oficio no Padrón Municipal de Habitantes das persoas que a continuación se relacionan, por incumprimento da lexislación vixente en materia de Padrón de Habitantes, ao figurar empadroados incumprindo os requisitos establecidos no artigo 54 do citado Regulamento, por non residir no municipio durante a maior parte do ano.
|
Nome e Apelidos
|
Doc. Indentidade
|
Dirección
|
|
José Díaz Fernández
|
76571966-K
|
Avda. de Navia, nº 4, 2º
|
Ao non ser posible practicar a notificación persoal aos interesados, ábrese un prazo de dez días que comezarán a contar a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, para que os interesados manifesten se están ou non de acordo coa baixa, poidendo alegar e presentar ante esta Alcaldía os documentos e xustificacións que estimen pertinentes, co obxecto de acreditar que é neste municipio no que residen o maior número de días ó ano. Advírtese que finalizado o dito prazo, continuaranse os trámites necesarios para proceder ás baixas de oficio.
Becerreá, 20 de xullo de 2010
O Alcalde,
Manuel Martínez Núñez
ANUNCIO publicado no Núm. 170 - Martes, 27 de xullo de 2010 (PAG. 29, R. 03916)
INFORMACIÓN PÚBLICA
Dacordo co disposto no art. 169 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais ó que se remite o artigo 177 do mesmo texto, e no artigo 20.1 en relación co 38.2 do Real Decreto 500/90, de 20 de abril, ponse en coñecemento que na Secretaría-Intervención deste Concello atópase exposto ó público o expediente de modificación de créditos; suplemento de crédito, segundo que se financia con cargo ao Remanente de Tesourería para Gastos Xerais.
Os interesados lexítimos segundo o disposto polo art. 170 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e polos motivos fixados no número dous do mesmo, poderán presentar reclamacións conforme ós seguintes trámites:
a) Prazo de exposición e admisión de reclamacións: 15 días hábiles a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.
b) Oficina de presentación: Rexistro Xeral.
c) Órgano ante o que se reclama: Pleno do Concello de Becerreá.
Becerreá, 23 de xullo de 2010.
O Alcalde,
Don Manuel Martínez Núñez.
Información Pública publicada no BOP Núm. 173 - Venres, 30 de Xullo de 2010 (PAG. 6, R. 04004)
INFORMACIÓN PÚBLICA
Aprobado provisioriamente polo Pleno deste Concello en sesión de data 22 de xullo de 2010 a Ordenanza reguladora da venda ambulante do Concello de Becerreá, o referido acordo de aprobación e texto da Ordenanza, expóñense ó público polo prazo de 30 días hábiles, dentro dos que os interesados poderán examina-lo expediente e presenta-las reclamacións que estimen oportunas, que deberán ser dirixidas ó Sr. Alcalde-Presidente da Corporación.
Becerreá, 23 de xullo de 2010.
O Alcalde
Don Manuel Martínez Núñez.
Información Pública publicada no BOP Núm. 175 - Venres, 2 de agosto de 2010 (PAG. 4, R. 04003)
|