Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Noticias

-Publicacións no BOP-DOGA marzo-abril 2010


 

EDICTO

Montajes Baleira, CB, solicitou desta Alcaldía licenza municipal para proxecto de actividade para implantación dun obradoiro de carpintería metálica, que se situará no Parque Empresarial de Becerreá Parc. 5. Cumprindo o disposto no parágrafo 3, do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación do presente edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

Becerreá, 22 de febreiro de 2010.

O Alcalde,

Anuncio Publicado no BOP de Lugo, Núm. 49 - Martes, 2 de Marzo de 2010 (PAG. 14, R. 00884)

Edicto.

Montajes Baleira, C.B. solicitou desta Alcaldía licenza municipal para proxecto de actividade para implantación dun obradoiro de carpintaría metálica, que se situará no parque empresarial de Becerreá parc. 5. Cumprindo o disposto no parágrafo 3º, do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Becerreá, 22 de febreiro de 2010.

Manuel Martínez Núñez

Alcalde

Anuncio Publicado no DOGA, Núm. 51 - martes, 16 de marzo de 2010

 

EDICTO DE EXPOSICIÓN AO PÚBLICO

Pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 10 de marzo de 2010, prestouse aprobación inicial ao padrón correspondente ao mes de febreiro de 2010 do prezo público pola prestación do servizo de axuda a domicilio.

Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pago do prezo público, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que poidan ser examinados e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos.

Así mesmo, e de conformidade co artigo 253.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.

ANUNCIO DE COBRANZA

De conformidade co disposto no artigo 87.2 do Regulamento Xeral de Recadación, aprobado polo Real Decreto 1.684/1990, de 20 de decembro, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, ata o dez de maio. Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas. O resto dos contribuíntes deberán acudir ás oficinas de Caixa Galicia do Concello de Becerreá  para efectuar o correspondente ingreso dos recibos que lles serán enviados por correo.

Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período ejecutivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de apremio; de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procedéndose a súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento Xeral de Recadación. O recargo será do 5 por 100 cando a débeda non ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ao debedor da providencia de apremio, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria. A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102 da indicada Lei Xeral Tributaria.

Becerreá, 11 de marzo de 2010.

O Alcalde,

EDICTO DE EXPOSICIÓN AO PÚBLICO Publicado no BOP de Lugo, Núm. 67 - MIÉRCOLES, 24 DE MARZO DE 2010 (PAG. 4, R. 01328)

 

INFORMACIÓN PÚBLICA

Elevado a definitivo, por non terse presentado reclamacións, e así dispoñelo o acordo de plenario de data 21 de xaneiro de 2010 a medio da presente, publícase o devandito acordo en cumprimento do disposto nos artigos 49 e 70 da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local.

"5.- Asuntos de urxencia.

5.2.- Aprobación inicial da modificación do Regulamento do servizo de axuda no fogar.

Don Claudio Vázquez Pérez, voceiro do Grupo Municipal Socialista, en relación ó expediente tramitado de modificación do Regulamento do Servizo de Axuda no Fogar, SOLICITA do Pleno do Concello, a súa consideración como moción de urxencia.

O Pleno do Concello, por unaminidade e en votación ordinaria vota favorablemente a urxencia do asunto pasando ó seu posterior debate.

Dase conta do contido da moción de urgencia que resultou do seguinte tenor literal:

"Por acordo plenario de data 23 de xullo de 2009, aprobouse o Regulamento do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Becerreá, texto publicado no Boletín Oficial da Provincia de Lugo número 224 de 29 de setembro.

Con data 05 de novembro de 2009, o Concello de Becerreá presentou unha solicitude de permiso de inicio de actividades do programa de axuda no fogar, téndose concedida efectivamente con data 12 de xaneiro de 2010.  Non obstante, con data 4 de decembro de 2009, a Consellería de Traballo e Benestar, Secretaría Xeral de Familia e Benestar, requeríu do Concello a modificación do regulamento nos termos por ela sinalados, tratándose de aprobar agora as devanditas modificacións que afectan aos artigos 3, 7, 16 e 17 do citado regulamento.

Por todo o anterior propoño ó Pleno do Concello a adopción do seguinte acordo: aprobación da modificación do Regulamento de servizo de Axuda no Fogar segundo o seguinte procedemento:

a) Aprobación inicial polo Pleno.

b) Información pública e audiencia ós interesados polo plazo mínimo de treinta días para a presentación de reclamacións e suxestión.

c) Resolución de tódalas reclamacións e suxerencias presentadas dentro do prazo e aprobación definitiva polo Pleno.

No caso de que non se presentara ningunha reclamación ou suxestión, se entenderá definitivamente adoptado o acordo ata entonces provisional.

MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR.

Artigo 1.- O artigo 3 do Regulamento do servizo de axuda no fogar, queda redactado do seguinte xeito:

"art. 3.- Beneficiarios.- O servizo de axuda no fogar estará dirixido a toda a poboación, pero será directo para aquelas persoas que tendo recoñecida a situación de dependencia, se lles asigne a axuda no fogar na corresondente resolución do  Programa  Individual de Atención (en adiante PIA), e a continuación aqueles cidadáns que polas súas eivas físicas ou mentais, socioeconómicas ou familiares teñan seriamente limitada a súa autonomía persoal e a súa capacidade de relación social, sempre e cando este sexa o recurso axeitado, segundo a valoración do traballador social do departamento de servizos sociais do Concello e a resolución da Alcaldía ao respecto.

Poderán ser potenciais usuarios os seguintes:

- Persoas en situación de dependencia (con PIA resolto) que poidan permanecer na súa vivenda sen requerir atención hospitalaria.

- Persoas maiores, con certo nivel de dependencia, que non teñan ninguén que os atenda suficientemente e que, con esta axuda, poidan continuar vivindo no seu fogar.

- Persoas con minusvalías ou incapacitadas ás que a axuda no fogar lles poida favorecer a súa autonomía.

- Persoas afectadas por unha lesión, enfermidade física ou mental ou por outros motivos que lles fagan precisar de axuda.

- Familias ou persoas que presenten disfuncións que poidan ser susceptibles de mellora cunha axeitada atención no seu fogar.

- Menores aos que haxa que coidar ou atender por ausencia dos pais ou titores, ou cando estes, por circunstancias provisionais de enfermidade ou outros motivos suficientemente xustificados non poidan exercer as súas funcións.

- Colectivos específicos que presenten situacións de risco e exclusión.

 -  En xeral, cando exista unha situación de desatención social ou familiar avaliada tecnicamente, que xustifique a intervención do servizo.

Non poderán ser usuarios do servizo, os que que presenten un estado de deterioro físico ou sicolóxico tal que provoque unha valoración técnica de internamento asistido en centro residencial."

Artigo 2.- O artigo 7 do Regulamento do servizo de axuda no fogar, queda redactado do seguinte xeito:

"art. 7.- Atencións e tarefas que proporcionan.- As atencións e axudas que proporciona o servizo, son as seguintes:

1.-  Atencións de carácter persoal: engloban todas aquelas actividades que se dirixen ao usuario do servizo, cando este non poida realizalas por si mesmo ou cando precise:

- Apoio no aseo e coidado persoal co obxecto de manter a hixiene corporal.

- Asistencia para levantarse e deitarse.

- Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse.

- Supervisión, cando proceda, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos.

- Apoio para cambios posturais, mobilizacións, orientación espacio-temporal.

- Apoio a persoas afectadas por problemas de incotinencia.

- Acompañamento fóra do fogar para acudir a consultas ou tratamentos médicos.

- Apoio na realización de xestións necesarias ou urxentes.

2.- Atencións de necesidades de carácter doméstico: entendédose como tales aquelas actividades e tarefas que se realicen de forma cotiá no fogar, referidas a:

- alimentación que comprenderá entre outros, as labores de compra e preparación de alimentos no fogar,

- roupa, que comprenderá as funcións de lavar, planchar coser, ordear, mercar e outras análogas.

-limpeza e mantemento da vivenda.

-coidados básicos da vivenda.

Todas elas terán un caracter excepcional e complementario das propias capacidades do/a usuario/a, deberá dispor ou proverse dos medios necesarios. No seu defecto, os servizos sociais competentes poderán xestionar os recursos exeitados para que as ditas atenciónspoidan ser realizadas convenientemente, tales como servizo de comidas a domicilio, lavandería e determinados equipamentos.

3.- Atencións de carácter psicosocial e educativo: refírense ás intervencións técnico-profesionais, formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, a afectividade, a convivencia e a integración na comunidade onde se desenvolva a vida do usuario, así como o apoio á estructura familiar.

4.-  Atencións de carácter técnico e complementario: refírese a xestións ou actuacións que poidan ser necesarias, ben para a posta en funcionamento do servizo, ben para que continúe en condicións axeitadas,ou para permitir, co apoio de novas tecnoloxías, unha atención inmediata en situacións de crise ou emerxencia, tales como a teleasistencia e outras actuacións encamiñadas á adecuación funcional do fogar.

5.- Actuacións puntuais: tarefas necesarias para a posta en marcha ou o mantemento do servizo, como son limpezas a fondo ou  adaptacións do fogar das anteriormente relacionadas.

En todo caso as atencións prestadas terán un carácter de reforzo e non de substitutivo das propias capacidades da persoa usuaria ou doutras persoas do seu contorno inmediato, de maneira que se facilite e promova a súa autonomía.

En ningún caso poderán formar parte das actuacións desenvolvidas polo servizo:

-                     A realización de actividades domésticas que non fosen incluídas no proxecto de intervención e no acordo de servizo.

-                     Actuacións que, polo seu carácter sanitario, deban en todo caso ser realizadas por persoal facultativo."

Artigo 3.- O artigo 16 do Regulamento do servizo de axuda no fogar, queda redactado do seguinte xeito:

"art. 16.- Réxime disciplinario do persoal.

Será de aplicación o disposto na Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia."

Artigo 4.- O artigo 17 do Regulamento do servizo de axuda no fogar, queda redactado do seguinte xeito:

"art. 17.- Sancións.- 

Será de aplicación o disposto na Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia."

Artigo 5.- Engádese unha nova disposición final segunda do seguinte tenor literal.

"DISPOSICIÓN FINAL SEGUNDA

Os artigos 3, 7, 16 e 17 foron obxecto de nova redacción, modificación aprobada polo Pleno do Concello en sesión de data 21 de xaneiro de 2010."

Sen suscitarse debate o asunto sométese a votación. O Pleno do Concello por unanimidade e en votación ordinaria, acorda aprobar a moción epigrafiada resolvéndoa nos seus propios termos."

Becerreá, 15 de marzo de 2010.

O Alcalde-Presidente,

Don Manuel Martínez Núñez

INFORMACIÓN PÚBLICA  Publicada no BOP de Lugo, Núm. 67 - MIÉRCOLES, 24 DE MARZO DE 2010 (PAG. 5, R. 01351)

Edicto

Vodafone España, S.A.U., solicitou desta Alcaldía licenza municipal para proxecto básico de estación base de telefonía móvil en torre de 40 metros, que se situará en Chao do Monte, Cruzul-Becerreá. Cumprindo o disposto no parágrafo 3, do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante éste, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación do presente edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimen oportunas.

Becerreá, 15 de marzo de 2010.- O Alcalde, ilexible.

EDICTO Publicado no BOP de Lugo, Núm. 68 - Jueves, 25 de Marzo de 2010 (PAG. 7, R. 01373)

Edicto.

José Regueiro Castro solicitou desta Alcaldía licenza municipal para proxecto de ampliación e legalización de explotación de vacún, que se situará en Ferreiros de Valboa, do municipio de Becerreá. Cumprindo o disposto no parágrafo 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

Becerreá, 17 de febreiro de 2010.

Manuel Martínez Núñez

Alcalde

Anuncio Publicado no DOGA, Núm. 57 - xoves, 25 de marzo de 2010

ANUNCIO

Con data 22 de marzo de 2010, dictouse Decreto da Alcaldía do seguinte teor literal:

"DECRETO.- En Becerreá 22 de marzo de 2010.

Visto o disposto nas bases para a selección de persoal laboral fixo para un posto de traballo de Traballador/a Social aprobadas por Resolución da Alcaldía de data 29/10/2008, publicadas no BOP de Lugo núm. 261 do 12/11/2008 e modificación das bases por Resolución da Alcaldía de data 24/07/2009 publicada no BOP de Lugo núm. 208 do 10/09/2009.

Visto o establecido nos artigos 134 do Real Decreto Legislativo 781/1986 de 18 de abril, os artigos 11 e 15 do Decreto 95/1991 de 10 de marzo e nos mesmos termos,  18 e 23 do Real Decreto 364/1995 de 10 de marzo.

Visto o establecido no epígrafe 5º da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por documentos que expiden ou de que entenden as Administracións ou Autoridades Locais a instancia de parte, aprobada polo Pleno do Concello en sesión de data 30/09/2003 e posteriormente modificada en sesión de data 17/01/2008 (publicada no BOP de Lugo núm. 77, do 04/04/2008).

No exercicio das competencias que me confire a vixente lexislación sobre réxime local: 

PRIMEIRO.- Prestar aprobación á lista definitiva de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a selección de persoal laboral fixo para un posto de traballo de Traballador/a Social.

Admitidos/as:

Apelidos e nome

D.N.I.

Barreira Goás María Xosé

33994205K

Busto Valle, Concepción

76579350E

Fernández Aira,  Elvira

33541977L

Fernández Ferreiro, María

33541019G

García López, Emma

76621838Y

García Villamil, María Carmen

33345189L

Lamazares Fernández, Iria

33346288Z

Marón López, Lucía

33330803P

Martínez Fernández, Begoña

36134121V

Pardo Otero, María Cristina

76579581T

Pérez Rey, Yolanda

33999672Z

Rego Caloto, María Dolores

76573840D

Villar Rodríguez, Tania

34271187Z

Esta resolución expoñerase no Tablón de Anuncios do Concello, na súa páxina web e publicarase no BOP.

Contra a resolución contida no presente resolvo, poderase potestativamente interpoñer recurso de reposición, no prazo de un mes, ante o órgano que dictou o acto, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses, contados a partires do día seguinte ó da publicación do edicto no BOP.

SEGUNDO.- A designación nominal do Tribunal cualificador, se determinará por Resolución desta Alcaldía e se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Lugo conxuntamente coa fixación da data do primeiro exercicio, agás que por esta Alcaldía se resolva esta derradeira circunstancia separadamente en cuio caso o Decreto polo que se fixe a data, lugar e hora de celebración do primeiro exercicio, se dictará e anunciará no Boletín Oficial da Provincia, na páxina web e no taboleiro de anuncios do Concello, como mínimo quince días antes da súa celebración, tal e como establece a base sétima das aprobadas para a selección de persoal laboral fixo para un posto de traballo de Traballador social do Concello de Becerreá.

Ordénao e asínao o Sr Alcalde. Ante mín. A Secretaria accidental."

Becerreá, 22 de marzo de 2010.

O Alcalde,

ANUNCIO Publicado no BOP de Lugo, Núm. 73 - Miércoles, 31 de Marzo de 2010 (PAG. 12, R. 01485)

 

ANUNCIO

Con data 22 de marzo de 2010, dictouse decreto da Alcaldía do seguinte teor literal:

"DECRETO.- En Becerreá 22 de marzo de 2010.

Visto o disposto nas bases para a selección de persoal laboral fixo para un posto de traballo de Director/a do Centro de Servizos Sociais do Concello de Becerreá, aprobadas por Resolución da Alcaldía de data 20/11/2008, publicadas no BOP de Lugo núm. 278 do 02/12/2008 e modificación das bases por Resolución da Alcaldía de data 28/08/2009 publicada no BOP de Lugo núm. 208 do 10/09/2009.

Visto o establecido nos artigos 134 do Real Decreto Legislativo 781/1986 de 18 de abril, os artigos 11 e 15 do Decreto 95/1991 de 10 de marzo e nos mesmos termos,  18 e 23 do Real Decreto 364/1995 de 10 de marzo.

Visto o establecido no epígrafe 5º da Ordenanza fiscal reguladora da taxa por documentos que expiden ou de que entenden as Administracións ou Autoridades Locais a instancia de parte, aprobada polo Pleno do Concello en sesión de data 30/09/2003 e posteriormente modificada en sesión de data 17/01/2008 (publicada no BOP de Lugo núm. 77, do 04/04/2008).

No exercicio das competencias que me confire a vixente lexislación sobre réxime local: 

Prestar aprobación á lista provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo para a selección de persoal laboral fixo para un posto de traballo de Director/a do Centro de Servizos Sociais.

Admitidos/as:

Apelidos e nome

D.N.I.

Calderón de Arriba, María Josefa

33860282G

Candal del Rio, Lucia

33320934Y

López Corredoira, María Noemí

33338937T

Pardo Otero, María Cristina

76579581T

Pérez Rey, Yolanda

33999672Z

Rodríguez Flórez María Patricia

76573793P

Rodríguez López, Oscar José

33541718J

Valcárce Neira, Rocío

33349701T

Excluídos/as:

Apelidos e nome

D.N.I.

Causa

Barreira Goás María Xosé

33994205K

-Non aporta justificante de ter aboados os dereitos de exame.

-No aporta titulo

Esta resolución expoñerase no Tablón de Anuncios do Concello, na súa páxina web e publicarase no BOP, relacionándose os aspirantes excluidos con indicación da causa de exclusión. Os excluidos disporán do prazo de dez días hábiles a efectos de reclamacións e corrección das deficiencias sinaladas.

Ordénao e asínao o Sr Alcalde. Ante mín. A Secretaria Accidental."

Becerreá, 22 de marzo de 2010.

O Alcalde,

ANUNCIO Publicado no BOP de Lugo, Núm. 73 - Miércoles, 31 de Marzo de 2010 (PAG. 14, R. 01486)

Información pública

Dacordo co disposto no art. 169 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais ó que se remite o artigo 177 do mesmo texto, e no artigo 20.1 en relación co 38.2 do Real Decreto 500/90, de 20 de abril, ponse en coñecemento que na Secretaría-Intervención deste Concello atópase exposto ó público o expediente número 03/10, de modifi cación de créditos; suplemento de crédito.

Os interesados lexítimos segundo o disposto polo art. 170 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e polos motivos fixados no número dous do mesmo, poderán presentar reclamacións conforme ós seguintes trámites:

a) Prazo de exposición e admisión de reclamacións: 15 días hábiles a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Ofi cial da Provincia de Lugo.

b) Oficina de presentación: Rexistro Xeral.

c) Órgano ante o que se reclama: Pleno do Concello de Becerreá.

Becerreá, 23 de marzo de 2010.- O Alcalde, Manuel Martínez Núñez.

ANUNCIO Publicado no BOP de Lugo, Núm. 75 - Miércoles, 05 de abril de 2010 (PAG. 25, R. 01582)

EDICTO DE EXPOSICIÓN AO PÚBLICO

Pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 14 de abril de 2010, prestouse aprobación inicial ao padrón correspondente ao mes de marzo de 2010 do prezo público pola prestación do servizo de axuda a domicilio.

Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pago do prezo público, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que poidan ser examinados e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos.

Así mesmo, e de conformidade co artigo 253.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.

ANUNCIO DE COBRANZA

De conformidade co disposto no artigo 87.2 do Regulamento Xeral de Recadación, aprobado polo Real Decreto 1.684/1990, de 20 de decembro, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, ata o catorce de xuño. Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas. O resto dos contribuíntes deberán acudir ás oficinas de Caixa Galicia do Concello de Becerreá  para efectuar o correspondente ingreso dos recibos que lles serán enviados por correo.

Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período ejecutivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de apremio; de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procedéndose a súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento Xeral de Recadación. O recargo será do 5 por 100 cando a débeda non ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ao debedor da providencia de apremio, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria. A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102 da indicada Lei Xeral Tributaria.

Becerreá, 15 de abril de 2010.

O Alcalde,

EDICTO DE EXPOSICIÓN AO PÚBLICO Publicado no BOP de Lugo, Núm. 92 - Sábado, 24 de Abril de 2010 (PAG. 20, R. 01941)

EDICTO DE EXPOSICIÓN AO PÚBLICO

Pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 14 de abril de 2010, prestouse aprobación inicial aos padróns correspondentes ao primeiro trimestre do ano 2010 das:

  • Taxa polo subministro de agua.
  • Taxa pola recollida de lixo.
  • Taxa pola prestación do servizo de rede de submidoiros e depuración.

Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pago das taxas, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que poidan ser examinados e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos.

Así mesmo, e de conformidade co artigo 253.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento.

Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdicción.

Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.

ANUNCIO DE COBRANZA

De conformidade co disposto no artigo 87.2 do Regulamento Xeral de Recadación, aprobado polo Real Decreto 1.684/1990, de 20 de decembro, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, dende o 15/04/2010 ata o 14/06/2010. Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas.

Para o resto dos contribuíntes, os recibos seránlles enviados ó enderezo declarado do suxeito pasivo por correo ordinario para que poidan efectua-lo pago en calquera oficina de Caixa Galicia. No caso de non recibilos, o obrigado ó pagamento deberá personarse nas oficinas municipais, para obter un duplicado xa que a súa non recepción no domicilio non exonera da obriga de pagamento nin impide a utilización da vía de constrinximento.

Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período ejecutivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de apremio; de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procederase a súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento Xeral de Recadación. O recargo será do 5 por 100 cando a débeda non ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ao debedor da providencia de apremio, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, para o que deberan acodir as oficinas municipais para o selado dos correspondentes recibos.

A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102 da indicada Lei Xeral Tributaria.

Becerreá, 15 de abril de 2010.

O Alcalde,

EDICTO DE EXPOSICIÓN AO PÚBLICO Publicado no BOP de Lugo, Núm. 92 - Sábado, 24 de Abril de 2010 (PAG. 20, R. 01942)

Edicto.

Vodafone España, S.A.U. solicitou desta Alcaldía licenza municipal para proxecto básico de estación base de telefonía móbil en torre de 40 metros, que se situará en Chao do Monte, Cruzul-Becerreá. Cumprindo o disposto no parágrafo 3º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de 20 días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da última publicación do presente edicto no BOP de no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que estimen oportunas.

Becerreá, 15 de marzo de 2010.

Manuel Martínez Núñez

Alcalde

Anuncio Publicado no DOGA, Núm. 77 - luns, 26 de abril de 2010

 

 

 

 

 

 

Servizos

Novas Destacadas
Volver    
[Xunta de Galicia]