Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Noticias

-Publicacións no BOP-DOGA maio-xuño 2010


INFORMACIÓN PÚBLICA

Dacordo co disposto no art. 169.3 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais ó que se remite o art. 177 do mesmo, e no art. 20.3 en relación co art. 38.2 do Real Decreto 500/90, de 20 de abril, faise público para xeral coñecemento, que esta Corporación Municipal en sesión plenaria celebrada o día 18 de marzo, adoptou o acordo de aprobación definitiva ó non presentarense reclamacións contra o expediente de modificación de créditos 3/2010, de suplemento de créditos.

Coas modificacións aprobadas o resumo por capítulos dos créditos do Orzamento de Gastos, é o seguiente:

Capítulos

Consignación antes deste expediente euros (partiendo de previsión inicial).

Aumento suplemento de crédito euros.

Total consignación resultante euros.

1.-Gtos. Personal

737.208

19.000

756.208

2.-Gtos. Bens

558.642

50.627,50

609.269,50

3.-Gtos. Financieiros

5.000

 

5.000

4.-Transf. Ctes.

76.266

 

76.266

6.-Inversións reais

191.030

 

191.030

7.-Transf. Capital

-

 

-

8.-Activos financieiros

-

 

-

9.-Pasivos financieiros

62.000

 

62.000

Suma Totais

1.630.146 €

69.627,50

1.699.773,50 €

Becerreá, 23 de abril de 2010.

O Alcalde,

 

Don Manuel Martínez Núñez.

INFORMACIÓN PÚBLICA  Publicada no BOP de Lugo, Núm. 98 - Lunes, 3 de Maio de 2010 (PAG. 16, R. 02211)

EDICTO

SELECCIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL

Por Resolución da Alcaldía de data 26 de abril de 2010, procedeuse á aprobación das bases que rexerán a convocatoria para a contratación de persoal laboral temporal ata 31/12/2010 e a xornada completa, para dous postos de traballo de auxiliar de axuda no fogar do Concello de Becerreá (Lugo).

Os/as interesados/as que desexen participar no proceso de selección deberán cubrir o modelo de solicitude que se facilitará nas oficinas municipais e na páxina web do Concello. Prazo de presentación de solicitudes: OITO días naturais contados a partir da publicación deste anuncio. Se o derradeiro día coincidise en sábado, domingo ou festivo, prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte.
Lugar de presentación: Rexistro de Entrada do Concello de Becerreá.

Becerreá, 26 de abril de 2010

O Alcalde,

EDICTO no BOP de Lugo, Núm. 99 - Martes, 4 de Mayo de 2010 (PAG. 5, R. 02210)

ANUNCIO DE INFORMACIÓN PÚBLICA

Faise público que por esta Alcaldía dictouse Resolución de data 5 de maio de 2010, que na súa parte dispositiva dí:

"Primero.- Avocar a competencia delegada na Xunta de Goberno Local contida no artigo 21.1 o) da LRBRL.

Segundo.- Aprobar o proxecto de obras denominado "Pavimentación y servicios en el Barrio de Valgamarín" elaborado polo Enxeñeiro de Camiños Don David Castro Valdívia, colexiado número 18.670, cun orzamento de execución por contrata de 61.125,44 €.

Segundo.- Someter o devandito proxecto ó trámite de información pública por un período mínimo de vinte días hábiles mediante a publicación de anuncios no BOP, para os efectos da presentación de alegacións. De non formularse reclamacións en tempo hábil, esta aprobación será elevada a definitiva sen máis trámite, segundo o disposto no artigo 75 da Lei 30/92, del 26 de noviembre, de Réxime xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo común.

Terceiro.- Déase conta a Xunta de Goberno Local na próxima sesión que se celebre para a súa ratificación.

Ordénao e asinao o Sr. Alcalde-Presidente. Ante mín, A Secretaria accidental."

Se fai público para xeral coñecemento e a fin de que calquera interesado poida presentar alegacións e reclamacións.

Becerreá, 5 de maio de 2010.

O Alcalde

Anuncio publicado no BOP de Lugo, Núm. 107 - Jueves, 13 de Mayo de 2010 (PAG. 11, R. 02353)

EDICTO DE EXPOSICIÓN AO PÚBLICO

Pola Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o 26 de maio de 2010, prestouse aprobación inicial ao padrón correspondente ao mes de abril de 2010 do prezo público pola prestación do servizo de axuda a domicilio.

Conforme ao disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pago do prezo público, que dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir da publicación do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de que poidan ser examinados e presenta-las reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra os mesmos.

Así mesmo, e de conformidade co artigo 253.1 da Lei Xeral Tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao da finalización do período voluntario de pagamento. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.

ANUNCIO DE COBRANZA

De conformidade co disposto no artigo 87.2 do Regulamento Xeral de Recadación, aprobado polo Real Decreto 1.684/1990, de 20 de decembro, fíxase como prazo de ingreso, en período voluntario, ata o 26/07/2010. Para o cobro dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles cargados nas contas bancarias respectivas. O resto dos contribuíntes deberán acudir ás oficinas de Caixa Galicia do Concello de Becerreá  para efectuar o correspondente ingreso dos recibos que lles serán enviados por correo.

Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo que determina a esixencia dos xuros de demora e dos recargos do período ejecutivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, e no seu caso das costas do procedemento de apremio; de acordo co establecido no artigo 161 de dita Lei, procedéndose a súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, segundo o preceptuado no Regulamento Xeral de Recadación. O recargo será do 5 por 100 cando a débeda non ingresada en período voluntario se satisfaga na súa totalidade antes da notificación ao debedor da providencia de apremio, de acordo co previsto no artigo 28.2 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria. A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público dos padróns e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao amparo do establecido no artigo 102 da indicada Lei Xeral Tributaria.

Becerreá, 27 de maio de 2010.

O Alcalde,

EDICTO DE EXPOSICIÓN AO PÚBLICO no BOP de Lugo, Núm. 124 - Xoves, 3 de Xuño de 2010 (PAG. 3, R. 02816)

INFORMACIÓN PÚBLICA.

Formulada, rendida e informada pola Comisión Especial de Contas deste Concello, a conta xeral, correspondente ó exercicio 2009, expónse ó público polo prazo de quince días hábiles, contados a partires do seguinte ó da publicación  deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Durante o mesmo os interesados lexitimados, poderán examinala e formula-las reclamacións, reparos e alegacións que estimen pertinentes, no prazo de exposición e nos oito días seguintes, de conformidade co disposto nos artigos 116, da Lei 7/85,  de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e o artigo 212 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

Becerrea, 28 de maio de 2010.

O Alcalde-Presidente,

INFORMACIÓN PÚBLICA Publicada non BOP de Lugo, Núm. 125 - Venres, 4 de Xuño de 2010 (PAG. 18, R. 02852)

En cumprimento do previsto no artigo 59.5 da Lei 30/92, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, faise público que con data 25 de maio de 2010, dictouse a Resolución do acordo do seguinte tenor literal:

"DECRETO.- Becerreá, 25 de maio de 2010

Iniciado o expediente de baixa de oficio no padrón de habitantes deste concello con data 27 de outubro de 2009, relativo as seguintes persoas:

Gheorghe Dumitru Tintea Staicu, Pasaporte: P11242582, Gabriel Hirsh con NIEX: X08354837-H, Alin Cristian Szakacs con NIEX: X07615464-A, Adrian Baciu con NIEX: X06966743-C, Ioan Aldea Guiman con NIEX: X06805431-F, Elena Simona Bucurenciu con Pasaporte: P07968586, Vasile Tapuc con NIEX: X07519002A, Mihai Tatar con Pasaporte: P11867901 e Marian Sorin Dincu con Pasaporte P12593715.

Realizado o trámite de notificación persoal, sen comparecencia do interesado excepto de don Mihai Tatar.

Intentada a notificación, mediante publicación do anuncio no taboleiro de anuncios deste Concello e no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, número 3, de data 5 de xaneiro de 2010, outorgando un prazo de dez días para presentar alegacións e non téndose estas efectuado no prazo sinalado.

Visto que o día 17 de febreiro de 2010 solicitouse informe do Consello de Empadronamento en relación co expediente de baixa no padrón de habitantes deste concello dos seguintes habitantes: Gheorghe Dumitru Tintea Staicu, Pasaporte: P11242582, Gabriel Hirsh con NIEX: X08354837-H, Alin Cristian Szakacs con NIEX: X07615464-A, Adrian Baciu con NIEX: X06966743-C, Ioan Aldea Guiman con NIEX: X06805431-F, Elena Simona Bucurenciu con Pasaporte: P07968586, Vasile Tapuc con NIEX: X07519002A e Marian Sorin Dincu con Pasaporte P12593715 e que con data 23 de marzo de 2010 recibiuse o informe favorable do Consello de Empadronamento á baixa no padrón de habitantes das persoas anteriormente mencionadas excepto de Vasile Tapuc por personarse no Concello para solicitar un cambio de domicilio.

Polo presente RESOLVO:

PRIMEIRO: Proceder a dar de baixa de oficio por inscripción indebida no padrón de habitantes deste concello as seguintes persoas que a continuación se indican por incumprimento da lexislación vixente en materia de Padrón de Habitantes, ao figurar empadroados incumprindo os requisitos establecidos no artigo 54 do Regulamento de poboación e demarcación territorial das entidades locais:

Gheorghe Dumitru Tintea Staicu, Pasaporte: P11242582, Gabriel Hirsh con NIEX: X08354837-H, Alin Cristian Szakacs con NIEX: X07615464-A, Adrian Baciu con NIEX: X06966743-C, Ioan Aldea Guiman con NIEX: X06805431-F, Elena Simona Bucurenciu con Pasaporte: P07968586 e Marian Sorin Dincu con Pasaporte P12593715

SEGUNDO: Realizar as operacións necesarias para manter actualizado o Padrón, de modo que os datos contidos neste concorden coa realidade.

Ordenao e asínao o Sr. Alcalde, D. Manuel Martínez Núñez. Ante mín, a Secretaria Accidental."

Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa, poden interpoñer os seguintes recursos:

a)     Recurso de reposición, potestativo, ante o Excmo. Sr. Alcalde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquél no que se reciba a presente notificación (art. 107, art. 116 e art. 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro)

b)     Recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación da presente resolución ou, de ser o caso, dous meses a partir da notificación da resolución expresa do recurso de reposición. En caso de que non se produza esta resolución expresa, o prazo será de seis meses, a contar dende o seguinte a aquél no que se produza o acto presunto (art. 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, Reguladora da Xurisdicción Contencioso-Administrativa, art. 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro).

c)      Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere procedente en defensa dos seus intereses.

Becerreá, 14 de xuño de 2010

O alcalde,

Manuel Martínez Núñez

ANUNCIO publicado no BOP de Lugo, Núm. 141 - mércores, 23 de xuño de 2010 (PAG. 3, R. 03229)

 

 

 

 

Servizos

Novas Destacadas
Volver    
[Xunta de Galicia]