Becerreá é o limiar de para percorrer unha das zonas máis agraciadas pola natureza: os Ancares.
É o punto de partida para acceder á Sierra de Ancares pero conta tambien cos seus propios espazos naturais entre os que destacan as beiras do río Navia con varios cotos de pesca; as pontes de Becerreá e Gatín e a ruta das aldeas de Cruzul, Morcelle e Agüeira.
A emigración empregouse a fondo en Becerreá durante os anos sesenta e setenta. Pero foron eses mesmos emigrantes os que tempo despois fixeron crecer o municipio ata o que é agora. Volveron xa xubilados e construíron as súas casas onde estaban os seus recordos.
Desde fai centos de anos, Becerreá é lugar de paso obrigado entre Galicia e a Meseta. A súa localización converteuna nun punto estratéxico, cobizado por diferentes pobos. Cóntase que foi a tribo galaica dos zoelas a que estreou estas terras. Tras eles chegarían os romanos e a vía que unía Braga con Astorga. Desde entón e ata agora, por Becerreá non deixou de pasar xente.
Fronte ás modernas obras de enxeñería, en Becerreá mantéñense en pé pasos centenarios. A ponte románico de Gatín é un dos máis emblemáticos. E tamén o que inspira maior cantidade de lendas.
O noso percorrido histórico continúa na ponte de Cruzul, construído en tempos de Carlos III.
A arquitectura relixiosa conta tamén con espléndidos exemplares. No século doce uns monxes do Bierzo fundaron o mosteiro de Santa María de Penamaior. Nas ladeiras da Serra do Pixo aínda podemos visitar a igrexa.
Románico é tamén o pequeno templo de San Cosme de Ouselle, construído en mampostería miúda de pedra calcaria.
Aínda hoxe, cada catorce de setembro, congrega un gran número de fieis. O mosteiro, tamén chamado O Santo, leva en pé desde o século trece.
Pero, sen dúbida, o que máis chama a atención de Becerreá é a súa localización. As súas vistas impresionantes duns Ancares tinguidos de branco resplandeciente. Que se suman a unha inmensa paleta chea de cores.