Concello
Poboación
O Concello de Becerreá ten unha superficie de 172,1 Km2, para unha poboación total de 3.334 habitantes distribuida territorialmente nas seguintes Entidades de poboación:
|
ENTIDADES DE POBLACIÓN
|
2005 |
| Entidades colectivas (Parroquia) |
26 |
| Entidades singulares |
115 |
| Núcleos de poboación |
26 |
| Diseminados |
89 |
Do que resulta a seguinte DENSIDADE DE POBOACIÓN:
|
1998
|
1999 |
2000 |
2001 |
2002 |
2003 |
2004 |
2005 |
2006 |
| 22,1 |
22,0 |
21,7 |
21,1 |
20,5 |
20,0 |
19,9 |
19,7 |
19,4 |
Nota: En 8 anos a densidade de poboación reduciuse en 2,7 puntos.
A densidade media de poboación en Galicia é de 93,6 habitantes / km2.

A poboación do Concello está básicamente concentrada na capitalidade municipal, Becerreá, que conta cuha superficie territorial de 3,1 km2 para un total de poboación de: 1.486 habitantes, dos que 733 son homes e 753 mulleres, resultando unha densidade demográfica moi elevada, 479,35 xa que concentra arredor do 44,57% da poboación total do concello. Nembargantes a densidade de poboamento por entidade é de 0,65 habitantes / Km2, moi por debaixo da mesma media provincial 1,013 habitantes / Km2.
ESTRUCTURA DEMOGRÁFICA. SOCIEDADE E POBOACIÓN:
|
POBOACIÓN (PADRÓN)
|
TOTAL |
HOMES |
MULLERES |
PERÍDODO |
| Poboación |
3.334 |
1.684 |
1.650 |
2006 |
| De o a 15 anos |
252 |
121 |
131 |
2006 |
| De 16 a 64 anos |
1.949 |
1.022 |
927 |
2006 |
| De 65 e máis anos |
1.133 |
541 |
592 |
2006 |
| Poboación estranxeira |
45 |
26 |
19 |
2006 |
| Edade media |
53,7 |
53 |
54,5 |
2006 |
As diferenzas nas cifras entre as franxas de poboación de 0-15 anos: 252, e de 65 e máis anos: 1.133 fai que non se produza relevo xeracional, e que a tendencia a que a poboación aumente no futuro sexa baixa xa que a taxa de reemprazo é de: 0,32. Ademáis a edade media incrementouse nos últimos 8 anos en 5.5 puntos, e no caso das mulleres en 6.2. (A edade media en Galicia é de 43,8 e en Lugo: 47,6).

SERIES HISTÓRICAS DE POBOACIÓN
Nos últimos 8 anos produciuse unha perda de poboación continua pero moderada reducíndose en 462 o número de habitantes.

INDICADORES DE POBOACIÓN
(Segundo sexo e grandes grupos de idade)
As Principais conclusións que se poden extraer da análise dos Indicadores de Poboación serían:
1. Indice de masculinidade (Indica a relación entre o número de homes e o número de mulleres). Para o Concello de Becerreá no 2006 ((1684 / 1650) x 100): 102,06. (A constante poboacional di que por cada 100 nacidas mulleres hai 105 nacidos homes)
2. A poboación menor de 20 anos reduciuse un 6.9% (esto é 240 habitantes menos nesa franxa de edade) nos últimos 8 anos.
3. A poboación entre 20 e 64 anos incrementouse en case un punto nos últimos anos, e representa máis da metade da poboación, o 54,3%, en edade de traballar.
4. A poboación de 65 e máis anos, nos últimos 8 anos reduciuse aínda que non moi significativamente (1.163 no ano 1998 e 1.133 no 2006), consecuencia da perda natural de poboación. Pero é preciso destacar o incremento en 6 puntos na súa porcentaxe de poboación sobre o total. Esto significa que hai unha perda gradual de poboación e que cada vez está máis envellecida. Corroborado cos seguintes índices:
a. Índice de envellecemento (Relación entre a Poboación maior de 64 e a menor de 20 anos): No Concello de Becerreá no 2006 é de 308,7. Incrementouse en 117,2 nos últimos 8 anos. Debido principalmente o descenso da poboación de menos de 20 anos. (En Galicia – 2006: 133,5).
b. Índice de sobrenvellecemento (Relación entre Poboación maior de 84 e a maior de 64 anos): Incrementouse en 4.8, dende o 1998 onde o valor era: 12,9 ata o 2006 onde é de 17,7.
c. Índice de dependencia global (Relación entre a poboación económicamente dependente (menor de 20 e maior de 64 anos) e a poboación potencialmente activa (entre 20 e 64 anos): É de 84,2 o valor máis baixo dende 1998 consecuencia do incremento na franxa de edade de poboación activa e a reducción na de menores de 20 anos.
d. Índice de dependencia xuvenil (Relación entre a poboación menor de 20 anos e a poboación potencialmente activa, entre 20 e 64 anos): Reduciuse nun 13.2 nos últimos 8 anos, consecuencia do descenso de poboación na franxa de edade menores de 20 anos.
e. Índice de dependencia senil (Relación entre a poboación maior de 64 anos e a poboación potencialmente activa entre 20 e 64 anos): Incrementouse en 10 puntos nos últimos 8 anos. Derivado do ascenso no número de habitantes maiores de 65 anos, sendo no 2006 de 1.133 sobre un total de poboación de 3.334.
MOVEMENTO NATURAL DA POBOACIÓN
|
Movemento natural da poboación
|
Total
|
Homes
|
Mulleres
|
Período
|
|
Nacementos
|
10
|
7
|
3
|
2006
|
|
Defuncións
|
52
|
29
|
23
|
2006
|
|
Matrimonios
|
6
|
|
|
2006
|
|
Saldo vexetativo
|
-42
|
|
|
2006
|
|
Nota: O saldo vexetativo negativo (-42) sinala a grande diferenza entre nacementos e defuncións.
|
INDICADORES DE FECUNDIDADE
(Os indicadores de fecundidade elabóranse a partir dos datos do Movemento natural da poboación do ano de referencia e o anterior).
INDICADORES DE MORTALIDADE
(A taxa bruta de mortalidade elabórase a partir dos datos do Movemento natural da poboación do ano de referencia e o anterior)
EVOLUCIÓN DO SALDO VEXETATIVO
As principias conclusións que se poden extraer do apartado Movemento Natural da Poboación, serían:
1. A baixa taxa bruta de natalidade: 3.5, en Galicia no 2006 estaría no: 7,6.
2. A taxa bruta de mortalidade en 14,2, superior á taxa bruta de mortalidade de Galicia – 2006: 10,5.
MOVEMENTOS MIGRATORIOS
SALDO MIGRATORIO

CENSO DE VIVENDAS
POBOACIÓN EN VIVENDAS FAMILIARES SEGÚN SEXO E ESTADO CIVIL
É importante destacar a maior proporción de persoas que viven soas (solteiro/, viuvo/a, separado/a ou divorciado/a), fronte aos casados. Dato que se complemente coa táboa seguinte onde se reflexa coma a pesares de que o tamaño medio do fogar é de 2,8, a maior parte dos fogares ten un residente: 325.
VIVENDAS FAMILIARES PRINCIPAIS SEGUNDO O NÚMERO DE RESIDENTES E TAMAÑO MEDIO DO FOGAR
VIVENDAS FAMILIARES PRINCIPAIS SEGUNDO OS PROBLEMAS DA VIVENDA E O ENTORNO
Do total de 1.229 vivendas 800 manifestan as malas comunicacións coma un problema, o que supón dificultade de desprazamento e de acceso aos servizos.
EDUCACIÓN:
POBOACIÓN DE 16 E MÁIS ANOS EN VIVENDAS FAMILIARES SEGUNDO O SEXO E O NIVEL DE ESTUDOS
TAXA DE ANALFABETISMO DA POBOACIÓN DE 16 E MÁIS ANOS
ENSINANZA NON UNIVERSITARIA. ALUMNADO SEGUNDO A ENSINANZA
TRABALLO E PROTECCIÓN SOCIAL
POBOACIÓN DE 16 E MÁIS ANOS EN VIVENDAS FAMILIARES SEGUNDO O SEXO E A RELACIÓN COA ACTIVIDADE (ACTIVO OU INACTIVO)

PARO REXISTRADO POR SEXO E GRUPOS DE IDADE
POBOACIÓN DE 16 E MÁIS ANOS EN VIVENDAS FAMILIARES SEGUNDO O SEXO E A RELACIÓN COA ACTIVIDADE ECONÓMICA
POBOACIÓN EN VIVENDAS FAMILIARES OCUPADA SEGUNDO SEXO E SITUACIÓN PROFESIONAL
POBOACIÓN EN VIVENDAS FAMILIARES OCUPADA SEGUNDO SEXO E RAMA DE ACTIVIDADE
POBOACIÓN EN VIVENDAS FAMILIARES OCUPADA SEGUNDO SEXO E OCUPACIÓN
CONTRATOS REXISTRADOS SEGUNDO TIPO DE CONTRATO, XÉNERO E LOCALIDADE DO CENTRO DE TRABALLO
(A clasificación dos contratos faise segundo a localidade do centro de traballo)
PROTECCIÓN SOCIAL
BENEFICIARIOS DA RENDA DE INTEGRACIÓN SOCIAL DE GALICIA E DAS AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL
(Informe sobre a aplicación da lei galega de medidas básicas para a inserción social. Non se dispón de datos a nivel municipal para os outros tipos de pensións non contributivas)
NÚMERO DE BENEFICIARIOS DE PENSIÓNS NON CONTRIBUTIVAS DA SEGURIDADE SOCIAL SEGUNDO XÉNERO
SOCIOECONOMÍA
A base productiva do Concello de Becerreá atópase no sector primario, ocupando ao 80 % da poboación activa. Agricultura e gandeiría están íntimamente integradas. A superficie cultivada representa o 7'76 % da superficie total, ocupando o resto o policultivo de montaña. Prados e pastos supoñen o 11 % fronte ao espazo forestal que ocupa o 77 %. Polo que se refire ás explotacións agrícolas, conviven o policultivo de autoconsumo e o cultivo do cereal. A cabana gandeira intensificouse, destacando a cabana bovina con 3.753 cabezas, destinándose o 50 % á producción da cuota láctea. O tamaño destas explotacións é reducido, de carácter familiar, cunha media inferior ás 10 cabezas por unidade de explotación. Os subsectores porcino, ovino e equino teñen menor presenza. A explotación forestal está magníficamente representada nos poblados bosques de carballos, castiñeiros, pinos, e bidueiros. En canto ao sector secundario, depende principalmente do sector agropecuario, como é a explotación da riqueza forestal. O sector servizos, en crecemento, tenta centrar a súa oferta no turismo rural. O comercio é ao por menor, de estructura familiar e ten a capital municipal como principal foco de actividades e de servizos.
Información estadística:
Ficha municipal 2008
Ficha municipal 2010
|