Teléfonos

Teléfono do Concello: 982 360 004

Fax do Concello: 982 360 518

Concello

Comunicacións

As distancias que hai dende Becerreá (núcleo) a outras cidades galegas son as seguintes.

Distancia á capital provincial: 44 km.

Distancia coas principais cidades por estrada:

    A Coruña: 134 km

    Ferrol: 158 km

    Ourense: 132 km

    Pontevedra: 226 km

    Compostela: 173 km

    Vigo: 251 km

O eixe de comunicación máis importante é a autovía A-6 Madrid-A Coruña, que atravesa o concello de Leste a Oeste, e dálle unha valiosa accesibilidade a Lugo capital, da que dista 44 quilómetros.

INFRAESTRUCTURAS DE TRANSPORTE E COMUNICACIÓNS:

O conxunto da rede viaria articúlase dun xeito xerárquico sendo o principal eixe de comunicación a Autovía do Noroeste ou A-6, A Coruña-Madrid e a estrada N-VI, que atravesa a Comarca polo seu extremo suroccidental unindo catro capitais municipais: Baralla, Becerreá, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro.

Nun segundo nivel aparece a estrada comarcal C-535 que une Sarria con Becerreá e que só toca á Comarca no extremo suroccidental do concello de Becerreá, e a LU -710 que une Baleira con Baralla na zona norte do concello de Baralla.

En terceira posición aparece a estrada local LU-722 que comunica Becerreá con Navia de Suarna e da que parte a desviación que logo levará a Cervantes. Esta via de comunicación ten bastantes deficiencias estructurais destacando sobre todo o seu gran número de curvas e a falta do largo suficiente para que a conducción sexa cómoda. Da mesma categoría son os viais que comunican Pedrafita do Cebreiro con Quiroga e Samos estando o primeiro coas mesmas deficiencias estructurais cá LU-722 e o de Samos en perfecto estado. Tamén a LU-521 que une Baralla con Pobra de San Xulián.

Nun cuarto nivel destaca a rede viaria local entre as que aparecen a LU-723, a LU-7222 e a LU-7224 partindo todas elas da LU-722 anteriormente nomeada e que comunican entre si todo o concello de Cervantes; caracterízanse por seren vías estreitas  e de continuadas curvas, propias das estradas de montaña. O pavimento mellorou moito, cos recentes amaños da maioría destes. Cabe destacar unha nova estrada que une Becerreá con Navia de Suarna dende O Cereixal, que acerca ámbalas dúas capítais municipais. Ademais, enlaza coa autovía. O único problema é que este vial transcorre por zonas altas, co cal pode ter problemas de neve nos meses máis crus do inverno.

É importante comentar que esta rede secundaria é a que permite as comunicacións intracomarcais, unindo as diversas aldeas esparcidas polo terrítorio: son estradas estreitas pero cumpren a súa función de dar accesibilidade ós núcleos, como é o caso da estrada LU-V7231, que une a ponte de Doiras con Piornedo, en dirección N-S, e conecta coa estrada S. Román-Degrada. Xa non queda ningunha casa illada á que non se pode chegar en coche.

Aínda que existen grandes diferencias en canto á dotación de comunicacións, só se pode falar nalgún caso de illamento, debido fundamentalmente ás condicións orográficas do terreo no que se localizan os núcleos de poboación, que nalgúns casos son de moi difícil acceso. De todas formas, en xeral, superáronse os clásicos problemas de illamento, salvo nalgún caso puntual.

As áreas máis ACCESIBLES da Comarca son as situadas ó  Sudoeste, coincidindo ca paso da A6 e N-VI polo seu territorio e comunicando ademais das catro capitais municipais, Baralla, Becerreá, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro, un elevado número de parroquias que se estenden  ó pé desta via. Tamén nesta mesma zona discorren a C-535 Sarría-Becerreá e, máis ó  sur, as dúas estradas locais que unen Pedrafita con Quiroga e Samos,  ademais da que une esta última coa C-535 nomeada anteriormente, conseguindo que sexa a zona mellor comunicada de toda a Comarca.

En segundo lugar destaca a franxa Oeste da Comarca por ande discorren as dúas estradas que unen Baralla con Baleira e con Pobra de San Xulián e, as que comunican Becerreá con Navia de Suarna e coas distintas parroquias que van aparecendo polo camiño.

Por último, a área de menor accesibilidade pola categoría das estradas é toda a parte oriental da Comarca, onde a orografía é máis montañosa mostrando as maíores altitudes, nos concellos de Cervantes e Navia de Suarna. Débese ter en conta que ainda que seguen a ser vías estreitas e con curvas, características das zonas de montaña, avanzouse notablemente no fírme, que se encontra en bo estado en xeral e que cumpren coa función de dar accesibilidade a tódalas pequenas aldeas dispersas polo territorio.

O transporte colectivo está organizado por medio de empresas de autobuses para viaxeiros, que intercomunican a Comarca. Aínda que, a poboación de moitas aldeas, ten que se desprazar andando ata un punto común de estacionamento, dado que os autobuses non percorren tódolos núcleos, ó  non existir unha demanda importante de viaxeiros, sendo estes puntuais e non habituais na maioría dos casos. Existe unha liña de autobuses que chega ata Piornedo os luns, mércores e venres.

As poboacións ás que se dirixen os autobuses habitualmente son Sarria, Fonsagrada, Lugo e Ponferrada. Así mesmo, os percorridos nacionais teñen unha parada na Comarca, permitindo á vez unha maior mobilidade dos seus habitantes. As empresas de autocares que traballan na Comarca son: A empresa González de la Riva, ademais das que teñen un carácter nacional ou internacional e que cruzan a Comarca como é ALSA.

Non hai na zona rede de ferrocarril e as estacións máis próximas localízanse en Sarria e en Lugo capital.

As comunicacións telefónicas por cable e liñas ADSL melloraron moito ainda que seguen sendo deficientes tendo en conta que a orografía xoga un papel negativo moi importante neste aspecto, supoñendo un investimento tremendo para o volume de poboación existente. Hoxe en día este problema foi paliado en grande parte gracias á política de Telefonía Rural,  que é o mellor sistema aplicable ás áreas de montaña (dado o seu carácter de expansión por ondas celulares).

Con respecto á recepción de emisións de televisión e radio, estas son moi deficientes en toda a Comarca existindo importantes dificultades debido á orografía, xa que ó se-la Comarca unha zona de montañas e vales, impiden unha boa recepción das ondas.

MAPAS DE ESTRADAS:

Mapa de estradas de Galicia.

Mapa de estradas de Lugo.

Mapa de estradas de Becerreá.

Rede de Estradas Autonómicas no Concello de Becerreá.

Rede de Estradas Provinciais no Concello de Becerreá.

INFORMACIÓN DAS ESTRADAS GALEGAS:

-D.G.T. Dirección General de Tráfico.

-Xunta de Galicia.

-Ministerio de Fomento.

-Repsol-YPF.

 

CONCELLO

Concello  
   
[Xunta de Galicia]