Casa do Concello
Servizo de Recollida de Lixo
O Servizo de Recollida de Lixo extendese a todo o municipio, existindo recollida selectiva nas parroquias de Becerreá e Guilfrei.
Consellos Redución na produción de RU en orixe
Contenedores do Concello, na totalidade dos núcleos do mesmo e periodicidade da súa recollida.

COLECTOR AMARELO: nel deberás depositar so envases de tres tipos: envases de plástico (por exemplo botellas de refrescos, de auga mineral, de deterxentes, de suavizantes, bolsas de comercios, bandexas de cortiza branca, tarrinas de iogur...), envases metálicos (latas e botes de refrescos, de cervexa, de conservas, bandexas de aluminio, ...) e envases tipo brik (de leite, zumes, sopas..., e doutros alimentos como azucar, legumes...).

IGLÚ VERDE: este colector está destinado só a envases de vidro (botellas de viño, de cava, licores, etc., frascos de perfumes e tarros de vidro para conservas, marmeladas, etc.).

COLECTOR AZUL: deposita aquí os envases de cartón ben encartados (todo tipo de caixas de cartón, por exemplo a dos cereais do almorzo, de galletas, de zapatos, de comidas precocinadas conxeladas, bolsas de papel, etc.) e o papel de envolver, follas, periódicos, revistas, cadernos, etc.
|
Lembrar Relación contenedor - producto
|
|
Contenedor amarelo
|
Contenedor azul
|
Iglú verde
|
Punto limpo
|
|
Envases plásticos e latas
|
Papel e cartón
|
Vidrio
|
Outros productos
|
Máis información:
-Sistema de Información de Residuos de Galicia.
-Ecoembes.
Puntos de recollida de plásticos de silos en:
- Cruce Estrada de Tucende- Bullán.
-Fontarón (Xunto depósito de sal).
-Estrada N-VI punto kilométrico 463,200 (en frente do Restaurante Fonte da Saúde).
-Neira de Rei (San Pedro, o lado da Autovía A6 entrando pola fonte).
|